jueves, 27 de febrero de 2014

"Los miedos"(1963) de Eduardo Blanco Amor

"Los miedos inscríbese dentro do universo de Auria e recrea de novo o mundo da infancia nun pazo veciño á cidade. O protagonista, un neno, e os seus curmáns, no longo aburrimento estival, entretéñense buscano "o medo", pasándoo e vivíndoo en aventuras polos arredores da casa ou en incursións exploratorias pola noite. Este fío argumental serve para descubrir tamén as relacións secretas dos maiores. Aproveitando o escritor unha trama de intriga, relátanos as tensións dos personaxes no seu acontecer cotián.  O pazo é un rico microcosmos que o neno vai descubrindo de maneira casual. Por debaixo dunha vida aparentemente tranquila e normal, correo outra escondida, chea de paixóns, odios e sexo, polo cal o protagonista, que é un bo observador, chega a ter moitas das claves que alí ocorre. Nese entramado, destaca a construcción soberbia, difícil de esquecer de "la abuela Zoe", un modelo de muller rexa e tenra, que leva persoalmente con man firme a explotación de terras e facendas."

   Xavier Carro, A obra literaria de Eduardo Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 1993, páx. 98

No hay comentarios:

Publicar un comentario