Mostrando entradas con la etiqueta laza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta laza. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de abril de 2021

Chocallón

 "Manoliño non está certo si o cigarrón que viña a Vilardebós era de Laza, de Verín ou de Riós. En Vilardebós, ao cigarrón tamén se lle chama chocallón.

 Os rapaces facían maula do cigarrón, pero non se achegaban a el porque lle tiñan medo.

 O cigarrón ía dun lado pra outro correndo ao trote pra que lle ruxira ben a chocalleira."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 151-152.

sábado, 27 de julio de 2019

O proceso xudicial


O proceso xudicial contra Manuel Blanco Romasanta podemos dividilo en dúas fases:

a)  unha primeira na provincia de Ourense, entre o 8 de agosto de 1852 cando comezan oficialmente as indagacións en Verín e o 6 de abril de 1853 coa sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Allariz.

b)  a segunda fase será na cidade da Coruña entre o 7 de maio de 1853 cando entra a sentenza de Allariz na Audiencia da Coruña e o 13 de maio de 1854 cando a raíña conmute a pena capital pola cadea perpetua.

viernes, 19 de julio de 2019

O pano

“Tan axiña como vin a Martín Prado recoñecino e souben que fora a el a quen eu lle vendera un pano de cores, esvaídos e estraños, que fora dunha de Castro de Laza á que eu lle dera pasaporte ó pé dunha silveira que lucía as súas amoras aínda coloradas baixo o sol de xullo. Pero non me resultou difícil aparentar que non a vira na miña vida. Foi o único que me foi dado facer, disimular, cando xa era imposible darme á fuga.

 Tiña razón Martín Prado. Cando a súa muller, á que tamén recordo, Valentina Rodríguez chámase ou chamábase, puxo o maldito pano conseguiu que alguén o recoñecese. Foi unha imprudencia pola miña parte venderllo a alguén de tan cerca, pero como ía eu sabelo, estando onde estabamos.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 44