Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de agosto de 2020

O cine é todo mentira

"Puxen a directa e xa estaba diante do cine Dúplex. Lembreime do pescantín e da súa cinefobia particular. "O cine é todo mentira". Tiña en mente atravesar a Praza da Concepción Arenal pola parte dos Salesianos e chegar á casa facendo o percorrido que vai do Pavillón dos Remedios á rúa do Greco, mais tiven que desistir da idea porque a Vangarda Popular tiña montada unha boa festa. Ardían colectores no medio e medio do remate de Sáenz Díaz, e os rapaces máis atravesados guindaban cócteles molotov contra o Pazo de Xustiza."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 38.

viernes, 24 de julio de 2020

É todo mentira...

"-Ou sexa, que a vostede tampouco lle gusta o Centro Comercial, ¿non si?

-Non me foda. A ver que carallo van meter aí dentro - rebelouse.

-Pois tendas de roupa, bares...

-Merda, merda e máis merda -interrompeu moi alporizado.

-Élle o progreso, compañeiro. O século XXI. Seica van facer unhas salas de cine caralludas. ¿A vostede non lle gusta o cine?

-Non. É todo mentira, unha montaxe. Xa me dirá vostede que graza lle atopa a meterse nunha sala escura e que lle conten mentiras que custan cartos.

-A min gústame. (...)

-Mire, déixeme tranquilo -dixo por fin-. A vostede gústalle o cine e a min non, así que cada can lamba a súa caralla, ¿de acordo?"

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 30/31.

lunes, 22 de junio de 2020

Equívoco e presencia tamén de Bogart no ano trinta e dous en Serenou

¡A querida!

qué rúas tan exactas...

Aquí os cadavres son

                                                      o que aparentan

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 87.

jueves, 2 de abril de 2020

"Luarada" (2020)


Proxecto inicial consitente nunha curtametraxe que se grabou neste mes de marzo de 2020 polas terras de Esgos e que, en principio, será estreada no vindeiro OUFF (Ourense Film Festival) alá polo mes de setembro.

Dirección: Óscar Doviso. Actores: Marcos Vázquez, Helen Bertels, Patxi Bisquert, Héctor Martínez, Candela López, José Manuel Mao y Lucía Rodríguez.


miércoles, 1 de abril de 2020

"Manuela Romasanta". (2019)



 
Dirección: Roberto Oliveira. Guión: Isabel Blanco. 2019. Protagonizada por: Irene Silva (Manuela Romasanta), Noa Vigo (Petra), Silvia Penas (voz de Romasanta). Duración: 17m. Estreada no Museo Marco de Vigo o 25 de xaneiro de 2019. 

Suxerinte e poética curta que se inspira no traballo fotográfico de Laia Abril, apoiado nun texto cun poder lírico inmenso e unhas imaxes, tinguidas de branco, negro e vermello, que adentran ao espectador no mundo sensorial das protagonistas: o que escoitan, o que ven -eses camiños solitarios, esas paisaxes case salvaxes, esa cociña-laboratorio-, o que senten... Combinación de espazos abertos e pechados que amosan ese dobre drama da muller que se transforma en loba e asasina, e da muller que sente unha poderosa atracción por unha feminidade perdida, castrada, e pola inocencia infantil, e pola graxa humana. A música e a respiración subliñan en cada momento a intensidade emocional e sensorial de cada plano.

martes, 31 de marzo de 2020

"Lenda negra" (2017)



Dirección: Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vicentelli. España, 2017. Duración: 38m.

 Fotografía: Sara Gallego. Montaxe: Chiayu Lin. Son: Angie He. Xénero: curtametraxe documental. 

Á procura da lenda de Manuel Blanco Romasanta, o home lobo, da man de catro novos cineastas que repiten a súa ruta vital nun recorrido nocturno polos pobos e os bosques galegos. Miran no invisible, aí onde perdura o paso do tempo, na noite actual, buscando un fantasma pasado e perdido. Foi estreada no festival Play-Doc de Tui.

Pode verse AQUÍ.

lunes, 30 de marzo de 2020

Xuízo a Romasanta. (2011)


Recreación dramática do xuízo celebrado contra Romasanta, grabada baixo a dirección de José Luis Quintana, e interpretada polos veciños de Allariz, sobre un texto de Antonio Roma e Mª Luz Carreiras, foi estreada o 31 de novembro de 2011 nas primeiras xornadas sobre Romasanta organizadas en Allariz pola Fundación Vicente Risco. Grabada pola Televisión de Galicia. Duración 60m.

Pódese ver completo neste enlace.