Mostrando entradas con la etiqueta bolechas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bolechas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de diciembre de 2015

Regalos aurienses para cativas e cativos



Nadal de 2015: como en decembros anteriores rematamos un ano e comezamos o seguinte recomendando lecturas para cativos e cativas que os introduza no mundo literario e xeográfico de Auria. Se en anos anteriores viaxamos coa familia Bolechas e o capitán Aspanitas e o seu equipo, desta viaxamos, con Brais e Nemeto, a Lánsbrica.

Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense (2009) , banda deseñada de Pepe Carreiro, presume de ser a primeira guía turística de Ourense, guía para que os cativos entren en contacto, xa con poucos anos, cos lugares emblemáticos de Auria: a ponte romana, as Burgas e as pozas e a pasarela de Outariz. Outros lugares como a traseira da Ribeira de Canedo e o Tinteiro son  menos coñecidos. Facer un percorrido desde a praza Maior até Outariz no tren turístico que usan os mesmos protagonistas da historia é unha oportunidade marabillosa para descubrir a cidade por parte dos cativos, e tamén dos visitantes que se achegan por vez primeira a nosa cidade.  A idea de fotografar aos menores nos mesmos lugares que visitan os Bolechas pode ser o complemento ideal a nosa experiencia iniciática, tanto literaria como turística. Baixo un intenso calor estival os nosos protagonistas entrarán en contacto coas augas quentes da cidade,  ao tempo que se introduce o tema das separacións dos pais, tan frecuente hoxe en día, e como certos nenos/as cambian de casa algunhas fins de semana.De 0 a 5 anos.

O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas (2013) de Ramón Caride. Novela infantil, con debuxos de Jaime Asensi, que tendo de novo como protagonistas as augas da cidade, esta vez cun aire de intriga, é unha desculpa perfecta para realizar un recorrido literario-turístico pola cidade de Ourense. Acompaña a novela dous mapas que poden axudar aos rapaces e rapazas a aprender a orientarse, ao tempo que seguen as aventuras dos nosos protagonistas. Auditorio, Burgas, Canedo, Catedral, Chavasqueira, cemiterio, edificios (Bispado, Correos, Simeón), esculturas (Ánxo Caído, Leiteira, Santo Cristo) Muíño das Veigas, Oira, Outariz, parque S. Lázaro, Ponte Romana, prazas (Bispo Cesáreo, Correxidor, Ferro, Maior,  San Marcial),  Remedios, río Miño, rúas (Cardeal Quiroga, Concello, Desengano, Fornos, Lepanto, Parada Justel, Paz, Progreso, Ribeira Sacra, San Miguel, Santo Domingo) e  San Francisco. Múltiples lugares que descubrir da nosa cidade, recorrelos, familiarizarnos con eles. Unha boa opción é seguir en bicicleta, como os protagonistas, o recorrido desta aventura. O Capitán Aspanitas, o noso superheroe local tamén nos permite achegarnos ao mundo e a labor das persoas discapacitadas. De 6 a 12 anos.

Viaxe a Lánsbrica (2012) de Miguel Mosquera Paans, novela xuvenil que nos achega a historia das terras ourensáns, desde a prehistoria, e múltiples lendas que aínda se conservan polos recunchos da nosa provincia. Brais, un estudante de secundaria do Carballiño, visita xunto aos seus compañeiros/as o castro próximo de san Cibrao de Lás. Despois de caer nun  pozo fará unha viaxe no tempo até a prehistoria, e dende aí, xunto ao xigante Nemeto irá recorrendo distintos lugares de Ourense nunha viaxe pola nosa historia.  Ideal para empezar a coñecer a provincia, e tamén toda Galicia. De 12 a 16 anos.

lunes, 13 de enero de 2014

Pasarela de Outariz


E marchan todos para á casa. Cancún xa sabe o camiño e ponse á cabeza. Fixeron boas migas el e mais Chispa.
-Esta ponte non se parece nada á ponte ramona - di Carlos, trabucándose outra vez.
-Non é ramona, que é romana -contéstanlle todos.

Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009, páx.24

domingo, 12 de enero de 2014

Aquí xa viñan os romanos


-Eu veño moito ás pozas -dilles o pai de Silvia- Aquí xa viñan os romanos hai centos de anos, a se bañar nestas augas quentes. Mirade se son famosas! (...)

-Carlos, sae da poza, que marchamos! - berra Silvia.
-Xa vou, ho! Non me acaloredes máis!

 Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009,
 páx.20, 21, 22 e 23

sábado, 11 de enero de 2014

Esta auga tamén está quente


Por fin chegan ás pozas.



Carlos guíndase contra unha poza.  -Eiaaa! Apartade todos. Velaí vai un bacallau a remollo!


 -Silvia, non me avisaches! Esta auga tamén está quente!
-Íacho dicir, Carlos. As pozas teñen auga quente dos manciais. Pero dá gusto meterse nelas, é como se bañar na bañeira.



Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009, páx.16, 17, 18 e 19.

viernes, 10 de enero de 2014

O xardín das esencias



- Falta moito para chegar, Silvi? -pregunta Loli.

- Non, xa estamos preto das pozas de Outariz, que é onde nos agarda o meu pai. Olla, Loli. Ese é o xardín das esencias. Non ules o arrecendo? Son herbas medicinais.

Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009, páx.15

jueves, 9 de enero de 2014

Estas pedras arden




-Aaag! -berra outra vez o Carlos. Estas pedras arden!
-Non vaias por elas, ho! dille a Silvia. Ese é un camiño para fortalecer os pés e, coa calor, as pedras quecen.








-Oes, Silvia, -ponse Carlos, picado- en Ourense está todo quente ou que raios pasa? A auga das fontes sae fervendo, o tren parece unha sauna, as pedras escadan...
-Acouga, ho!-dille a ourensá-, cando cheguemos ás pozas, xa estarás fresco.




Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009, páx.12-13

miércoles, 8 de enero de 2014

O tren que vai ás pozas

                                                    Os Bolechas e mais Silvia soben ao tren que vai ás pozas.(...)

Carlos non soporta a calor, e aínda ten a boca escaldada da auga das Burgas.

-Agardade unha migalla - di Carlos, xa no camiño que leva ás pozas. Vou tirar os zapatos e os calcetíns, para levar os pés frescos.


Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009, páx.5,8,9 e 11

martes, 7 de enero de 2014

Esta auga queima




Vai moita calor esta fin de semana en Ourense, e, co peso das maletas de Silvia, aínda se nota máis.
-Teño unha sedaza, que me arde a boca. Vou beber un groliño de auga fresca nesta fonte- di Carlos.







 -Aaag! Esta auga queima! Que me coma o demo! Esta quente coma o caldo - berra Carlos.
-É que é a fonte das Burgas, Carliños, non sabes?
Esta auga sae fervendo. Non é para apagar a sede, é auga medicinal- explícalle Silvia.





Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009, páx.6-7

lunes, 6 de enero de 2014

A ponte ramona

"Os Bolechas están en Ourense. Van pasar a fin de semana na casa da súa amiga Silvia.
-É por aquí. Ela vive preto da ponte ramona -di Carlos.
-Non é ramona, que é romana -corríxeo Pili."


 -Ei! Por fin viñestes á miña casa! -ponse Silvia.
-Si, viñemos pola ponte ramona... ou, que diga, pola ponte romana -dinlle Pili e Loli.

Pepe Carreiro, Os Bolechas van de viaxe: As pozas de Ourense, A Nosa Terra, 2009, páx.2-3

domingo, 5 de enero de 2014

Os Bolechas: As pozas de Ourense

Ourense, cidade literaria, tamén tivo o seu oco na banda deseñada neste título: "As pozas de Ourense", 2009, da colección de Os Bolechas van de viaxe de Pepe Carreiro.