Mostrando entradas con la etiqueta calexón_do_perigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calexón_do_perigo. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de septiembre de 2017

Ás atoutiñas

"Entón decatouse de que a conxestión desaparecía do seu rostro e que un frescor como chegado de fóra lle aliviaba a door que sentía nas tempas. Deixara de chover e ouvíanse algunhas voces na rúa. Os borrachos, pechadas as últimas tabernas do veciño Caleixón dos Peligros, protestaban sin convicción contra a autoridade mentres marchaban ás atoutiñas camiño da casa."

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 106-107.

martes, 15 de agosto de 2017

Xa as portas do Cine Barbagelatta

"Camiñando pola rúa ríase de si mesmo, preguntábase que qué lle parecería ás persoas que se cruzaban con el. Quizáis tiña aspecto dun insignificante home do comercio ou de vilego en visita nouturna á capital. Ao chegar á Praza da Leña torceu por debaixo dos soportales en dirección á Alameda, procurando alonxarse o mais posible do Caleixón dos Peligros, anque para eso tivera que dar unha volta bastante grande. (...)

  Xa as portas do Cine Barbagelatta estivo a punto de renunciar. (...) Ilustrísima buscou no peto, sacou un real e depositouno na man sarmentosa do italiano. Coa cabeza gacha entrou no barracón. Deseguida se decatou de que tanta preocupación non estaba xustificada. (...)

  O barracón, de piso terreo, víase que fora un antigo forno. Contra o fondo, enganchada cunhas cordas a unha trabe, caía unha sábana vella de liño, casi amarela."

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 52-53.