Mostrando entradas con la etiqueta rodicio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rodicio. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de junio de 2016

Unha aldea de catro casas

"O airiño de fins de setembro, despois dun verán bochornoso, dicía frío e obrigaba a defender o peito. No alto do Rodicio botei en falta un pasamontañas, pois o biruxe pelaba as orellas. Con todo, o que máis amola, a quen coma min está afeito ó coche, é engulir quilómetros co sillín rozando as nádegas. Mentres subía as revoltas interminables das serras, non me saía do acordo a imaxe dun mono que viñera co circo, e que lle ensinaba ó público as pousadeiras calvas de tanta nugalla como pillaba na xaula, esperando sentado polas bananas.

  O Castro da Pavana era o que se di unha aldea de catro casas. O pé da igrexa, fronte por fronte coa rectoral, había unha casa grande de ampla solaina, e un chisco apartadas, casopas máis pobres  unidas por parede medianeira."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.79

sábado, 12 de julio de 2014

Escintilantes tesouros

"acaloñada de ciprianista, arrodeada daquiles escintilantes tesouros, nos poucos leceres do día e nos sonos da noite; agachados nos montes da Mezquita, pola Fraga do Sol en terras vianesas, nos cumios da Martiñá, nas vereas encostadas do Rodicio ou nos montes frente a Ribadavia, que aínda se tiña dito que os frades de San Francisco apañaran alí un bo toco de moedas de ouro coas que arranxaran a torre vella, e repartirán grau os tres anos da fame grande"

 Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 45, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

domingo, 8 de diciembre de 2013

A lo lejos,...

"... las cimas de Montealegre con su dolmen crucificado, y en la otra banda del valle el lomazo de Santa Ladaíña, pelado, ascético, con su solitaria ermita ventosa y su media docena de pinos cimeros, como la peina de un pavo real. Y más allá la sierra del Rodicio, sombría, violenta, como una rueda suplicial surgiendo entre una boira color cardenillo."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx. 36