Mostrando entradas con la etiqueta voz de galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voz de galicia. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de octubre de 2014

O ronsel dun sabio


Nun tempo escuro para a cultura académica e formal galega apareceu Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro Puga, coñecido como o Padre Feijoo, para defender a condición da lingua galega e escribir propostas renovadoras sobre a vida económica, social, educativa e cultural. O intelectual ourensán foi un dos precursores da Ilustración e chegou a ser todo un best seller no século XVIII, cunha enorme repercusión noutros países europeos. O seu legado intelectual e científico tivo tantos críticos coma adeptos e transcendeu ata os nosos días, cando se cumpren 250 anos do seu pasamento. Con motivo desta efeméride, son moitos os actos artellados no mapa galego para conmemorar a vida e obra do pensador e ensaísta. Mostras, seminarios, proxeccións audiovisuais e aplicacións web lembran en Galicia ao seu ilustrado máis universal.