Mostrando entradas con la etiqueta couto_mixto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta couto_mixto. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de septiembre de 2020

Pola Virxe dos Remedios

 -"Deixa iso, pola Virxe dos Remedios. ¿Somos amigos,  non si? Se podo botareiche unha man, pero que saibas que non podo asegurarche nada. Algunha xente do ambiente di que Basuco morreu hai anos no Couto Mixto, mais tentarei sacarlle algo en limpo a algún naipelo do GIA. Teño moita calor, imos aí fóra."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 99.

sábado, 5 de marzo de 2016

A fin daquela marabillosa república independente

"Amoucado, Brandón e Elices meditaba sobre a fin daquela marabillosa república independente do Couto Mixto, que con tanta paixón defendera. (...)

  Por iso conducíano á capital para axustizalo.  Desposuído na cidade daquel vestixioso derradeiro do antigo privilexio, executaríano como espía ao servizo do país veciño, acusado de alta traizón.

  A tristeza que o embargaba residía, máis que na súa propia sorte, en que coa súa captura adiviñaba a fin daquel postremeiro reduto de liberdade que ao longo de séculos constituíra o Couto Mixto. (...)

  Presentado ao oficial superior as súas credenciais do servizo de intelixencia, fixéronse cargo da custodia do monxe-soldado ao que trasladaron en segredo á Capital. Aquela sería a derradeira vez que Brais e Nemeto verían con vida ao exclaustrado. (...)

  Cando chegou a ouvidos do cura da Pousa a nova do falecemento dun tal Brandón e Elices, comezou a tremer como un xunco."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.176-177

jueves, 3 de marzo de 2016

Un enorme monólito

"Tras o anuncio de que a Xunta Nacional se disolvera para restituír ao monarca no trono, Brais e o seu fiel compañeiro demoráronse de tal xeito en chegar ao destino fixado que, cando á fin alcanzaron o Couto Mixto, xa reinaba Isabel II. (...)

  A Serra de Leboreiro estaba literalmente tomada polos soldados da raíña Isabel. (...) Nin o xélido frío da Fonte do Saltón disuadía aos soldados. No seu agocho da Mota, tamén coñecida como Cabeza de Meda, resgardábase protexido por un enorme monólito que a natureza e os séculos labraran con liñas suaves."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.173-174

miércoles, 2 de marzo de 2016

En albas

"O xeneral Bernardo González del Valle, alcumado Cachamuíña, acaudillaba as tropas resistentes da Guerra de Independencia contra Napoleón en distintas zonas do territorio.

  Mentres a Xunta Nacional se repregaba covertendo por uns días en capital do país ao Couto Mixto, en plena Serra de Leboreiro, Cachamuíña acababa de instalar o seu cuartel xeral en Boborás.

 (...) O destronado rei Pepe Botella abandonaba o país pola porta traseira cando os nosos amigos cavilaban en pór rumbo ao Couto Mixto para levar a boa nova á Xunta Nacional, mais ante as novas de que o Comité había xa tempo que regresara á capital, decidiron demorar o camiño.

  O cura da Pousa vivía en albas."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.171-172

jueves, 4 de febrero de 2016

A rexión onde dera a luz ao seu fillo

"Co corazón con aquela xenerosa e humilde xente que lle brindou acubillo, a rexente partiu co seu séquito cara á corte, e unha vez que chegou a tomar posesión do cetro, regresou á Serra da Pena onde tan hospitalariamente a acolleran. (...)

  Deste xeito, a raíña, en gratitude, fixo renacer a rexión onde dera a luz ao seu fillo para que no futuro, rei ou plebeo, a coñecesen como Couto Mixto. (...)

  E unha vez cumprido o foro, a soberana abandonou o Couto Mixto para gobernar o resto do seu señorío desde a corte."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.104-105

miércoles, 3 de febrero de 2016

Aquel territorio...

"Repostos, alimentados e descansados, ao día seguinte ambos os dous amigos despedíronse dos veciños do lugar tomando a dirección de Baltar pola ruta de Meaus.

  Aquel territorio comprendido entre Baltar e Calvos de Randín, composto por Rubiás, Meaus e Santiago, parecía un lugar aparte no mundo. As súas xentes eran sinxelas, amábeis e hsopitalarias. (...)

  Coa única facenda dun cabalo, a muller baixara soa a Serra da Pena cando, baixo unha copiosa nevada, entrara en dores de parto."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.102-103

domingo, 15 de noviembre de 2015

Como xa sabes

"Os clientes do Montecarlo daban conta de tapas de xamón asado e tortilla, case todos chimpando cañas. Os únicos que só bebiamos eramos Noriega e mais eu. Ao terceiro viño, o camareiro deixounos a botella enriba da mesa.

   -¿Que me contas do Nékora?-preguntei.

   -Tres anos na Vangarda Popular e dez anos de militancia no GIA. A finais dos oitenta estivo en Bonxe, acusado de queimar un autobús urbano. Cando o da tregua saíu do cárcere porque non tiña delitos de sangue, e de alí a nada ingresou no Comando Arenteiro. Adicábase á captación de novos membros, como xa sabes. Mais quizas descoñezas que ultimamente non gozaba do favor da nova cúpula. O fulano ía moito por libre, e seica xa lles creara algún problema no Couto Mixto."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.89