Mostrando entradas con la etiqueta esgos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esgos. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de septiembre de 2019

Nada máis se soubo da súa vida


Nada máis se soubo da súa vida nin da súa morte ata fai ben pouco. Moitas foron as especulacións durante anos: José Domínguez fala da posibilidade de que morrera en Celanova, seguindo ao historiador Alfredo Cid Rumbao; versións populares falaban de que fora asasinado por un garda nas montañas, tratando de comprobar se era verdade a transformación en lobo, e probando de paso a ver se as balas non lles facían dano, Risco recolle esta opción; outras versións orais, como a transmitida por Bernardino Coello falan de que escapou ou foi liberado vivindo nunha aldea cerca de Allariz durante moitos anos, deixando incluso descendencia; Nicanor Romasanta Villar di que o seu avó Julio Villar, de Esgos, contaba que morrera aforcado nun gran carballo que hai en Santa Baia de Esgos, onde naceu unha mandrágora, a herba dos aforcados en múltiples crenzas europeas, xa que nacía aos pés dos patíbulos onde caían os ouriños e o seme das últimas convulsións; outras versións máis recentes, froito de simples especulacións televisivas, eran que podía ter marchado a América, ou rematar os seus días nun manicomio francés baixo as investigacións de Mr. Philips; o mesmo premio Nobel Camilo José Cela fala na súa novela “Mazurca para dos muertos” que morreu ao pouco tempo nun cárcere, sen especificar, e que todos os 29 de febreiro, ata a guerra civil,  ofrecíanlle unha misa na capela de San Verísimo de Espiñeiros en Allariz; non faltan as versións máis románticas do caso, que sosteñen que o Tendeiro aínda segue libre polos montes da serra de San Mamede convertido nun canis lupus.

Pero as recentes investigacións veñen demostrar que todas eran erróneas.

viernes, 12 de julio de 2019

Antonio Gómez, un ninguén

“Foi así, permanecendo de criado durante medio ano, como obtiven un pasaporte baixo ese nome falso, baixo o nome de Antonio Gómez, un ninguén. Conseguino doadamente, facéndome pasar por natural dese lugar, unha aldea veciña á miña de Esgos, o que me permitía falar dela con coñecemento e propiedade, tamén con soltura, referirme a xentes e a leiras, a montes e a camiños, a fontes e regueiros con coñecemento certo e nada dubitativo, mesmo simular un ano máis de idade da que tiña daquela, é dicir, corenta e tres, ser viúvo sen fillos, o que me daba certa respectabilidade, e ocuparme no oficio de cravador de tacholas para os zocos, para o que me desprazaba por Castela, e de aí a causa da miña ausencia. O pasaporte déramo o alcalde de Viana do Bolo.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 42

sábado, 18 de mayo de 2019

Regueiro I


Manuel Blanco Romasanta nace o 18 de novembro de 1809 no pobo de Regueiro (ou Rigueiro), na parroquia de Santa Eulalia, a quilómetro e medio de Esgos, concello ao que pertence. Fillo de Miguel Blanco e María Romasanta, veciños de Regueiro, neto por liña paterna de Baltasar Blanco e Manuela Blanco, veciños de Soutelo, e pola materna de Pedro Romasanta e Josefa Blanco, de Regueiro. Cando Manuel é xulgado en Allariz, no 1852, o seu pai xa morrera; e a nai vivía cun dos seus fillos.

Foi bautizado o mesmo día do nacemento na igrexa parroquial de Santa Eulalia, no veciño pobo de Soutelo. No Libro de Bautizados desta parroquia aparece bautizado baixo o nome de “Manuela”. Máis adiante veremos se simplemente se trata dunha confusión ou existen outros motivos para este feito. Nesta parroquia aparece recollido o seu bautismo en dous Libros de Bautizados, e nos dous casos baixo o nome de “Manuela”. Aparecen repetidos os datos no inicio dun Libro novo e nas últimas follas do Libro anterior, isto era habitual cando se chegaba ás follas finais do libro. O matrimonio terá máis fillos, Manuel máis irmáns: Bernarda (24/8/1801), Xosé (18/1/1811), Antón (11/9/1819).

Partida de Bautismo. Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.

viernes, 3 de enero de 2014

La quinta episcopal de Esgos

"Y como el navarro se mantuviese irreductible, obtuvo un certificado del médico forense y mandó, sorpresivamente, a Eucodeia a que fuese a serenar su ánimo en la quinta episcopal de Esgos, con dos ensotanados  guardias de vista, instruidos con órdenes muy severas, haciéndole representar en el sumario por letrados de la Curia, "a causa de su momentánea inutilidad física y de su evidente turbación moral"."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.219