Mostrando entradas con la etiqueta rabaza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rabaza. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de mayo de 2017

Iste monte de luces

"a crónica desta capital na que os mozos agora se dedican ás carreiras de coches, ó tenis, ó tiro con carabina, ós partys periodísticamente destacados, na casa dos señores de... 

  (...) De todos xeitos, inxusto sería xeneralizar, cando o núcleo central, é decir, iste monte de luces que dende eiquí se divisa non é, de feito representativo de todo un pobo que hai anos vai buscando sitio pola Rabaza, por Quintela, polo Pino, por Guizamonde, por Ervedelo, vai subindo, subindo, pra baixar logo cada mañá  a vender cerillas, a cargar e descargar camiós, a ofrecer lotería (monopolio de cegos) pola rúa, a transportar ladrillos, a cavar zanxas, a facer recados, a vixilar portales, a despachar mercancias nos comercios, a amasar cemento, máis auga, Cachorro, pronto."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 70-71

viernes, 5 de septiembre de 2014

Quien-te-picó-la-berza-quien-te-picó-que-aparezca

"que me torcera a vida, que eu non podía saír e xuntarme cos outros rapaces, nin ir ás trastadas, nin xogar á pisca, nin ao marro, nin a quien-te-picó-la-berza-quien-te-picó-que-aparezca, nin a botarse sentados nunha lata pola Barrouca da Alameda abaixo, nin ir aos ríos pequenos, á Sila, ao Pozo do Inferno;
 e si era tempo, ás arrasadeiras da froita polo Saltodocán, pola Rabaza, por Mariñamansa."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 145, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).