Mostrando entradas con la etiqueta san marcial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta san marcial. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de septiembre de 2020

Media cidade

 "E supoño que era certo. Anos atrás, Basuco presentárase na cidade disposto a mudar de vida. Contaban que traballara un tempo nun taller mecánico da Estrada da Granxa, mais ao pouco convertérase nun dos habituais mercadeando perico pola Praza de San Marcial. Todo o mundo sabía que tempo despois alugara un piso na Rúa dos Fornos, dende onde abastecía a media cidade."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 106.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Zonas quentes

"De camiño á casa, evitei atravesar as zonas quentes. Na Praza de San Marcial os rapaces da Vangarda Popular enfrontábanse con cantullos e cócteles molotov á Garda Militar. A Praza Maior estaba tomada pola Policía Estatutaria e nas portas das sucursais bancarias da Rúa do Paseo foran colocados taboleiros de madeira para evitar estragos."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.87

lunes, 5 de enero de 2015

Comezou a aventura

"Resumindo, que Martiño e Lois xa levaban tempo na praza. Raia chegou postísima, tan arranxada que mesmo semellaba que ía a unha voda, e non a facer deporte. Eu, coma sempre, cun pelo para cada esquina.

  Cando nos saudamos, acordamos ir cara ao río sen tardanza, pola rúa do Progreso, así que nos metemos polas Burgas. E foi daquela cando comezou a aventura."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx. 18

sábado, 3 de enero de 2015

Os catro da panda

 "Aquel día, non hai moito tempo, porque foi neste último verán, quedaramos os catro da panda na praza de San Marcial, que nos cadra ben céntrica a todos, para nos xuntar. O plan era irmos andando aos Remedios, ás pistas do pavillón, facer algo de deporte e logo bañarnos no río pola parte da avenida da Ribeira Sacra, que aínda hai unha praíña xeitosa, segundo como vai o río. E neses días andaba acaído para o baño."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx. 16