Mostrando entradas con la etiqueta praza de abastos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta praza de abastos. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de septiembre de 2020

Un caixeiro automático

 "O vehículo perdeuse con resolución polo Progreso adiante. Sentei nun banco da Alameda, permanecín uns minutos coa cabeza somerxida entre os brazos e logo dei uns pasos para divisar unha panorámica do Parque do Barbaña, que a esas horas semellaba un océano maino e silencioso en comparación co estrondo da zona vella. Tiña o lombo humedecido. As cinco da madrugada. Descendín ata a Praza de Abastos, dei un par de voltas cara a ningures e nunha esquina de Doutor Fleming atopei unha fulana á que chamei Verónica. O máis elocuente que me dixo foi que vendera o corazón de estraperlo e que no seu lugar colocara un caixeiro automático."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 75. 


martes, 31 de mayo de 2016

Asegundeille

"Ó que lle botei en cara o atraco e falei de testemuñas que os viran fuxir na moto, confesou de plano. Asegundeille co atentado contra min no camiño do río e, nese punto, cargoulle a culpa ó seu socio. Este soubera pola prensa que eu andaba cheirando no asunto do Aquilino, e quixera matar o can e a rabia. Chorou ó explicar o aforcamento do licoreiro. (...)

  Nese momento escoitei abrir a porta da rúa e unha voz feminina falando coa señora Amparo. (...)

  -Eses galopíns queren comprometerme. A culpa é miña por acollelos nesta casa. Cando foi o do atraco eu ía na praza, e a noite en que morreu o Aquilino estiven aquí soa, vendo unha película."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.72-73

martes, 19 de abril de 2016

Para unhas fregas

"Tireille un belisco ó brazo moreno, cando se achegou coa cunca fumegante, e non conseguín máis que unha reprimenda. Convencinme entón de que non micaría a carne nalgún tempo. Foi á praza por viandas e por dous litros de augardente que lle encarguei para unhas fregas. Volveu ó daren as doce vellas e traía novidades.

  -Merqueiche o periódico. Toma, vaite informando das noticias en canto termino de facer o xantar.

  -Catro mentiras. É preferible ler o Gaiteiro de Lugo, que fala só do semblante do tempo e das lúas, e non pon nada de sucesos dende a esgaravana que caeu pol San Bieito no ano da pera... ¡Oes!"

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.29

miércoles, 14 de octubre de 2015

Café negro dobre e tres cigarros

"Almorcei un café negro dobre e tres cigarros nun bar da Praza de Abastos. Doíanme os ósos. Pensei que lle debía outra visita a Silvia Puga se non quería resultar descortés e traizoarme a min mesmo. (...) Os dous activistas pertencían ao Comando Peares, un dos máis sanguinarios da banda, cunha chea de acusacións pendentes por asasinatos, secuestros e extorsións a empresarios. Os membros do comando, poucos pero moi malvados, posuían unha extraordinaria capacidade para perderse nos lindeiros das provincias do interior, onde mantiñan os seus tobos salferidos polas ribeiras do Sil."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 39-40

sábado, 16 de noviembre de 2013

Praza de Abastos



“E foi nestas cando o Milhomes dixo que il sabía onde poderiamos pasar unha tarde baril, ó quente e con boa bebedela, somentes que non había que ir de baleiro e que si lle dabamos cartos il iría á praza a percurar algúns adubíos pra xantar.” 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo. páx.43