Mostrando entradas con la etiqueta xardíns_padre_feixoo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xardíns_padre_feixoo. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de agosto de 2020

Bebedeira

 "Non había maneira de que refrescara. A temperatura era dificilmente soportable, sobre todo se un tiña o costume de conciliar o sono polas noites. Vímonos metidos na voráxine de borrachos que campaban ás súas anchas pola Rúa Pizarro adiante, dispostos a engordar a bebedeira. Cheiraba a mexo, a sobaco mal ventilado e a perfume accesible. Descendemos ata a Praza dos Fornos e chegamos aos Xardíns do Padre Feixóo, onde sentamos no único banco en que non había restos desa cousa á que a rapazallada lle chama botellón."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 72.

sábado, 30 de diciembre de 2017

A maniquí do escaparate

"Sorprendida polo que acababa de oír, ela ergueuse, dixo que marchaba e botouse a andar cara os xardíns do Padre Feixoo. Ó torcer pola rúa do Paseo, antes de chegar ós locais do Clube de Tenis, pasaron por diante da tenda El Esprit de París. El agarrouna polo brazo para que detivese a marcha e púxose a mirar con descaro a maniquí do escaparate. Representaba a unha moza alta e delgada, de pelo castaño e pestanas longas, coa boca grande e os labios pálidos, dunha cor de rosa non máis intensa que a da pel da cara."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 54.