Mostrando entradas con la etiqueta camiño_vao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta camiño_vao. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de agosto de 2020

Restos

 "Para matar o tempo e enganar a fame acompañábanme os restos da botella e unhas empanadiñas de zorza que apañara no Trangallán. En canto dei por rematada a cea reclinei o asento e dispúxenme a fumar un cigarro detrás doutro ata que Xaquín dese sinais de vida. Puxen un disco de Nick Cave e fiquei medio trasposto varias horas, mais cando estaba a piques de vencerme definitivamente o sono distinguín unha figura que ascendía polo Camiño do Vao. Xaquín Santiso remataba a xornada."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 46. 

martes, 28 de julio de 2020

Tixolos encintados

"Nas inmediacións do Camiño do Vao había unha morea de tixolos encintados, ferralla esparexida ao chou, formigoneiras, estruturas metálicas chantadas no medio e medio do cemento e un camión atravesado entre dúas escavadoras que cargaba cuns tubos de grosor considerable. Seica aproveitaban a baixada do río para enterralos pola noite e verquer a porcallada en plena Praia da Antena."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 32/33.

sábado, 9 de enero de 2016

Tan quente que queimaba

"Arrepiados, os acantonados decidiron levantar o campamento buscando un lugar seguro onde cruzar o río.

  Tras media hora de camiñada, atoparon ao cabo o paso polo que a auga apenas cubría os nocellos. Chamaron a aquel lugar o Camiño do Vao, para logo iniciar unha ascensión polo empinado terreo e, sen deterse, continuaron despois de que a zona se tornase plana até chegar a un manancial do que xurdía auga e vapor..

  Un dos troianos achegou a súa man ao chorro para comprobar que a auga saía tan quente que queimaba. Aínda que a zona era despexada, permitía unha limpa vixilancia de todo o territorio que os circundaba. Tras decidir que a localización era segura, comezaron a edificar casas para asentarse."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.35