Mostrando entradas con la etiqueta galerías_centrales. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galerías_centrales. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de mayo de 2017

Os papeles pra marchar

"Entón, cando despóis de dous anos -antes os síntomas fixeran presa no Lisardo- un día despertóu sin se poder mover apenas na casela, esforzándose conseguíu librarse da presión continuada das paredes, chegóu a Galerías Centrales, recolléu a Pila e díxolle -il iñoraba que eran as defensas que actuaban- vóu arreglar os papeles pra marchar."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 95

jueves, 18 de mayo de 2017

O ritmo do tacón

"Atravesan de novo a rúa do Paseo, calados, convertido o seu silencio nunha incomodidá inesperada, porque hai un pouco aínda o ritmo do tacón de Pila golpeando o pavimento de Galerías Centrales indicaba, sin duda, claras promesas de ledicia. Pero agora presentóuse iste silencio i ela sabe que é peligroso cando o Cachorro se cabrea, porque se alonxa i abre entre os dous unha distancia difícil de cruzar, por eso ela vai decir simplemente que ten moita sede."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.80

martes, 16 de mayo de 2017

O ritmo da ledicia

"Saca o peine que leva no bolsillo traseiro dos vaqueros e pásao pola cabeza, de adiante pra atrás, duas ou tres veces. Despóis respira fondo, conscente do que fai, e diríxese á rúa pra subir por Curros Enríquez hasta o Parque de San Lázaro. Un grupo de xente espera na parada do autobús. Pero non lle merece a pena tomar ún, porque seguindo polo Paseo quedarán pouco máis de douscentos metros pra chegar a Galerías Centrales, onde ela estará agardando na porta, ás oito na porta de Galerías Centrales. Vea dende lonxe. Está mirando un escaparate, de espaldas á rúa, vestida ca bata blanca de luares, marcando o ritmo da ledicia co tacón do zapato dereito contra o chau."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 78-79