Mostrando entradas con la etiqueta hospital. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hospital. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de julio de 2021

Otras mil cosas

 "Llegamos al hospital en menos de media hora. Bendita autovía, esa de la que tan orgullosos están en Novariz, y de lo único que hablaba mi suegro en los últimos días de su vida. Lamentaba que no fuera a disfrutarla con todos los años que estuvieron sufriendo las obras. En eso pienso durante el viaje, en eso y en otras mil cosas, que no quiero contar a Marga."

Carlos Montero. El desorden que dejas. Ed. Espasa. 2016. Pág. 318.

viernes, 2 de julio de 2021

Urgencias

 "-¿En qué hospital está?

 -En el hospital universitario de Ourense.

 -Estoy sin coche. Mierda. ¿Quién me lleva hasta allí?

Marga se ofrece. Salimos del aula de profesores.

 -Raquel, hay algo que no he contado ahí dentro. Para que no se corra la voz o para no alarmarlos más de la cuenta.

 -¿Qué es?

 -Alguien lo llevó hasta la entrada de urgencias, lo abandonó allí en la puerta y se dio a la fuga. Yo creo que han intentado matarlo y luego se arrepintieron. No sé."

Carlos Montero. El desorden que dejas. Ed. Espasa. 2016. Pág. 317.

miércoles, 25 de abril de 2018

Púxose a escribir

"Mentres durou o movemento na Rúa do Hospital, cada vez que se escoitaba o motor dun automóbil, el erguíase a mirar desde a fiestra para ver o que pasaba, non coa ansiedade de outras veces, senón con calma e cun xesto no rostro que indicaba curiosidade, mesmo tranquilidade ou indiferencia. Á última hora da tarde púxose a escribir e deixouse de interesar polo que sucedía na rúa. (...) Con toda seguridade, a esa distancia, a miopía non lle permitiu observar que da camioneta baixaron uns quince ou vinte soldados e que se situaron en grupo, sen formación de ningún tipo, á porta do Hospital, exactamente da parte de aquí do muro."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 248.

lunes, 23 de abril de 2018

Durante máis de unha hora

"Durante todo o día, pola Rúa do Hospital houbo un tránsito constante de vehículos e de xente. O gobernador civil pasou dúas veces no coche e o coronel Enríquez, acompañado por un pequeno grupo de oficiais, estivo parado no cruce do Parque, mirando o reloxo seguido, ata que chegou un turismo e saíron en dirección ó barrio da Ponte. Volveron media hora despois para dirixirse ata o Hospital, onde permaneceron durante máis de unha hora."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 247.

miércoles, 18 de abril de 2018

Un grupo de mozos bébedos

"Na refrega houbo sete feridos, entre eles o fillo pequeno do capitán Lastra, que tivo que ser trasladado ó Hospital en ambulancia. Aínda que o periódico falou dun incidente sen importancia, provocado por un grupo de mozos bébedos, parece que o rapaz ferido ten un tiro no pulmón esquerdo e que os médicos dubidan que se poida salvar. Para mañá está anunciada unha procesión ó Santo Cristo co fin de implorarlle a curación."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 243.

lunes, 16 de abril de 2018

A punto de caer sen vida

"Apareceu por detrás e deulle un bico. Aí están os dous mirando cara á rúa, comentando talvez algún detalle relacionado coas persoas que pasan por diante da casa ou do aspecto miserable dun can parado ó lado dun bidón de chapapote, na esquina da rúa que vai ó Hospital. É un can fraco e tiñoso, co lombo arqueado e a cabeza gacha, que parece enfermo, a punto de caer sen vida. (...) Toma alento, dá un par de pequenos bufidos e logo vaise a modiño, arrimado ás paredes das casas, en dirección ó Parque."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 239.

miércoles, 14 de febrero de 2018

Nunha droguería do barrio

"Soamente os ruídos que chegan da rúa o poden sacar por uns instantes dese apretado círculo que o rodea. Hai uns minutos foi a voz cortante do administrador falando diante da casa; antes aínda, os berros que se produciron cando se escoitou a sirena dunha ambulancia no momento en que chegaba ó Hospital cos accidentados no suceso ocorrido nunha droguería do barrio da Ponte esta mañá. Cando se producen eses ruídos, abre os ollos con expresión de asombro e pon o corpo cunha tensión que de novo a sitúa no mundo."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 115.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Debruzado sobre o peitoril

"Debruzado sobre o peitoril, preguntoulle a unha señora que pasaba correndo cun neno nos brazos, pero a muller ía tan nerviosa e asustada que con toda seguridade non escoitou a pregunta e tampouco respondeu. Contestoulle en cambio, sen ser preguntado, o carboeiro, que baixaba co carro de deixar unha carga no Hospital. Dixo que algo tiña que estar sucedendo no cuartel ou nos arredores, pois ademais dos tiros, el oíra, cando atravesaba por debaixo da ponte do ferrocarril, berros e voces que pedían rendición, pero que non sabía nada máis, aínda que as explosións eran sen dúbida das bombas que na guerra chamaban de laffite, que el coñecía ben polas moitas que tirara na fronte de Teruel."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 14-15.

martes, 21 de noviembre de 2017

Totalmente carbonizado

"Un deles estaba totalmente carbonizado cando chegaron os bombeiros e outro aínda entrou con vida no Hospital, pero con queimaduras que afectaban á totalidade do corpo, tan graves que nada puideron facer os facultativos para salvalo. Deste último sospéitase ademais que puidera estar implicado en delictos cometidos contra a propiedade, quizais no roubo dun peto de ánimas sustraído aínda hai poucos días dun dos templos da cidade"

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 14.

martes, 22 de agosto de 2017

O landó para as primeiras horas

"Cos ollos perdidos na claridade da fiestra recén aberta preguntoulle ao fámulo polas demáis audiencias da mañá, quixo confirmar antes un par de informacións sobre asuntos económicos relacionados coa despensa do Seminario e deulle ordes de que prepararan o landó para as primeiras horas da tarde: iba visitar aos enfermos do hospital. Logo dixo:

  -Faga pasar a Sor Sabina."

Carlos Casares. Ilustrísima.Ed. Galaxia, 1980. 3ª edición, novembro 1986, páx. 69.

sábado, 20 de mayo de 2017

Cunha pala

"-Mira, Pila, nesta esquiña tiña o taller Barreiros.

 -¿Quén?

 -Barreiros, o dos coches. Un tío que empezóu de ferreiro i agora ten moito diñeiro i é amigo de Franco e todo.

  Siguen por Cardeal Quevedo e tiran cara á Lonia. Antes de chegar ó Hospital torcen á mau dereita e suben ó Viaducto.

 -Pila, nesta ponte vín a un home que se tiróu cando pasaba un mercancías. Recollérono cunha pala."
 
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 75

jueves, 5 de mayo de 2016

Camiño á morgue

"Ingresaran o cadáver no hospital e alí mesmo lle fixeran a autopsia. Por seguir remoendo no asunto e tamén por mollar a palabra -acababa de acordarme de que non tomara a copa de Soberano co café, para festexar o Patrón-, foi polo que deixei o coche aparcado e me dirixín a pé ás Lagunas. Bebín e non  perdoei a faria nun bar de Cardenal Quevedo, de camiño á morgue. Preguntei polo galeno e introducíronme nunha sala que alcatreaba a desinfectante. Alí choquei a man dun señor de canas e olleiras cor bagazao. Retireina cun chisco de apuro, e el notouno."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.41-42

sábado, 23 de abril de 2016

E a quen as inventou

"-Verá, a ferida non me permite moitos trotes, ando cunha cura provisional. De feito, vou camiño do Hospital, hai un automóbil fóra agardando por min.

  -Claro, claro, ten que repoñerse. ¡Cóidemo, comisario! Déalle unhas vacacións, que as ten ben merecidas. Agora, se me desculpa debo seguir atendendo ós picariños. (...)

  -Non presuma tanto, baixe eses fumes. O seu sitio está máis luxado cós paus dun galiñeiro. Deus me libre de enzoufarme nese zudre. Chégame co fedor do meu despacho.

  -Ó nabo as medras. Algún que eu sei traballou toda a vida para facerse cunha casa na praia. Suspira por retirarse e bater os dentes na auga fria da Lanzada. En cambio o Tostão tórrase en Ipanema, leve o demo se non desfila cunha escola de samba no Carnaval. A vostede, amigo meu, mirar se o chaman para a procesión de Semana Santa. En canto a min, como aforre catro cadelas, marcho. Deixo o Santo Cristo, a Ponte, as Burgas e a quen as inventou."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.32

lunes, 7 de marzo de 2016

Un home tirado na cuneta

"Despreocupados pululaban polos camiños cando, cruzando os Chaos de Amoeiro, deron co cadáver dun home tirado na cuneta. Un veciño do lugar que, pasando antes xa fora testemuña do fatal acontecemento, apresurouse a notificar o achado.

  Ambos os dous amigos se achegaban aos restos á vez cando chegou unha parella da garda civil que acudía a Trasalba para facer as primeiras pescudas. (...)

  -Sería un axuste de contas- especulaba o outro axente mentres ordenaban o traslado ao hospital provincial para practicar a autopsia-. Esta xente de mal vivir, xa se sabe...

  (...) Cargado de grillóns, conduciron ao cómplice confeso ao cuartel da Garda Civil para terminar as dilixencias, á vez que un vehículo se facía cargo do cadáver para o seu traslado á capital."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.180-181

martes, 2 de diciembre de 2014

O ataúde agardaba

"Blanco Amor tamén fora para alí. Morrera en Vigo na madrugada do día 1 de decembro e o seu cadáver foi trasladado doce horas despois ao Hospital Provincial de Ourense. Pasou o día e a noite seguintes  nun corredor do depósito. Ás oito da mañá do día 2 foi trasladado a un dos negociados (do Concello) e, durante dúas horas, velouno unha improvisada garda de honra.

 Aquel negociado non era un bo sitio a pesar de prumaxes e galas. Houbo presións para levar o cadáver ao Salón de Honra (do Concello) e corrixir o desaire da noite pasada. "Nin siquera Risco ou Otero estiveron alí"- berraron algúns-. "Tampouco estiveron debaixo dun calendario agrario ou dun anuncio de Nitrato de Chile, nin tiveron a bendición  do capuchino dos pronósticos", ironizaron os máis cínicos.(...)

 "...ollábamos os movemento cada vez máis nerviosos na porta do Concello. A xente apiñábase e o ataúde ía saír dentro de moi pouco. (...) A caixa, ao lombo de voluntarios, viña envolta na bandeira galega e nas radicacións de rezos. O crego, o hisopo nunha man e os libros dos rezos na outra, tiraba do cortexo.

domingo, 24 de agosto de 2014

Lambetadas finas

"E cosían pañales pra o Hospital, de retrincos de lenzo que lles daban nos comercios. E a Sofía Valeiras, que andaba nas Carmelitas da praza do Correxidor, sabía facer lambetadas finas; e traguían filloas no tempo delas, tamén traguían, si era o tempo, figos, uvas, pexegos, ananos, urracas, e, ás vegadas, tamén xamón e chourizos, non fallaba de nada, naquelas ledas merendolas da longa invernía, até o comezo do bo tempo."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 118, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).