Mostrando entradas con la etiqueta ervedelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ervedelo. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de octubre de 2020

Fillos dunha cadela

 "Deixei o activista e seguín o meu camiño por Ervedelo adiante. Sentíame ben, pero cando cheguei á casa levei outra sorpresa bastante desagradable. Alguén forzara a pechadura. Non podía ser. Ciscaran os meus libros todos polo chan e escacharan o televisor, rachararan o tapizado dos sofás e o colchón da cama, derramaran caixas e andeis, esnaquizaran os discos. Fillos dunha cadela."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 133-134.

domingo, 4 de octubre de 2020

Montado o espectáculo

 "Tiña razóns para concentrarme noutros problemas. No cruzamento entre Ervedelo e a Avenida de Portugal xa estaba montado o espectáculo. Varios veciños concentráranse cortando o acceso dos vehículos ao barrio. "GIA asasinos, GIA asasinos." Fronte a eles, unha numerosa recua de rapazolos duns vinte anos portaban unha pancarta a favor da autoderteminación."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 132.

miércoles, 5 de agosto de 2020

Un día anubado e gris

 "A Porter gustáballe almorzar todos os días no Ferradas, pasando as casas baratas de Ervedelo, mentres lía devagar a folla parroquial e comentaba a actualidade informativa. Daba un tertuliano exquisito, pero prefería dedicarse a ser a estrela máis relucente de Información Directa, o semanario de sucesos que anos atrás rebentara as vendas dos quioscos de toda a provincia. Eu acompañábao cando conseguía madrugar, é dicir, con encomiables esforzos. Víñasenos enriba un día anubado e gris chumbo que anunciaba un tremendo bochorno. Cheiraba a queimado por toda a cidade. Ardía seguido en Bentraces, Alongos e pasando Gustei."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 39-40. 

sábado, 27 de abril de 2019

Refranes (7)

"Ervedelo, ir e ve-lo."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 345

jueves, 16 de noviembre de 2017

A media tarde

"Nin o frío intenso que se sente desde onte á noite, cando empezou a soprar o norte, nin as escasas nubes brancas que se albiscan desde hai un par de horas por riba do monte de Ervedelo puideron constituír para el ningunha sorpresa que non prevera ó vestirse. Levaba o abrigo azul, a bufanda gris de la que adoita poñer cando sae a pasear a media tarde, os zapatos castaños de piso de sola e o sombreiro negro. Atravesou a estreita rúa de vagar e torceu á dereita debaixo do balcón da casa dela, xusto no ángulo onde cada mañá o perde de vista. Logo seguiu en dirección ó Parque."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 9.

domingo, 21 de mayo de 2017

¿cál?

"Apóianse na baranda da ponte. Vese Ourense, un murmurio de luces e ruidos, e vese tamén a casa de Pila.

 -Alá.

 -Non vexo ben.

 -Sí, home, mira alá.

 Il insiste en que non ve ben i entón ela colócase detrás dil, ca mau esquerda faille xirar a cabeza en dirección ó barrio da Ponte, mira acolá, ¿non ves aquela casiña pequena cunha fiestra roxa no medio?; sí, pois aquela non, a outra, a que queda pra iste lado, ¿cál?,¿a que non ten balcós; sí, sí, esa misma. Il move a cabeza e roza a meixela dela. Bícaa, enlázaa pola cintura e continúan andando. O sol entérrase detrás do monte de Ervedelo, fíxate qué bonito, Cachorro, i a oscuridá faise densa."
 
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.81-82

miércoles, 10 de mayo de 2017

Iste monte de luces

"a crónica desta capital na que os mozos agora se dedican ás carreiras de coches, ó tenis, ó tiro con carabina, ós partys periodísticamente destacados, na casa dos señores de... 

  (...) De todos xeitos, inxusto sería xeneralizar, cando o núcleo central, é decir, iste monte de luces que dende eiquí se divisa non é, de feito representativo de todo un pobo que hai anos vai buscando sitio pola Rabaza, por Quintela, polo Pino, por Guizamonde, por Ervedelo, vai subindo, subindo, pra baixar logo cada mañá  a vender cerillas, a cargar e descargar camiós, a ofrecer lotería (monopolio de cegos) pola rúa, a transportar ladrillos, a cavar zanxas, a facer recados, a vixilar portales, a despachar mercancias nos comercios, a amasar cemento, máis auga, Cachorro, pronto."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 70-71

viernes, 1 de abril de 2016

A talanqueira foi gorda

"¡Portugueses enrebelados! Ben sabe que todo é máis olla, máis olla, e nada se saca en limpo. Xa os empaquetamos cara Entrimo.

  -Ben. Falarei entón co chofer.

  O caso era fácil, un informe por triplicado e a outra cousa. Fun andando cara ó cárcere. Nos xardíns do Padre Feijoo atopei ó Noguerol curando a pavesa da víspora.

  -Teño a cabeza coma un bombo, chacho. Botei a noite na timba de Ervedelo. A talanqueria foi gorda, pero desplumei a uns incautos. Tes que vir facer un pé ó julepe un día destes.

  -Esa dor de cabeza éche do tricornio. A ver cando vos cobren con gorra de perilla. Oes, vaia rebumbio que armastes cos portugueses. Vós estades para mallar nos borrachos e desfacer as festas, cona, ¿que é iso de interromper ó tráfico?"

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 14-15

domingo, 20 de diciembre de 2015

Zigzagueando

"Non me quedaba outra opción. O seguinte destino conducíame á casa de Silvia Puga, se é que non me recibían a balazos.  Acelerei a fondo por Ervedelo e a piques estiven de levar por diante un operario do servizo de limpeza, que traballaba no acondicionamento da zona, aínda coas secuelas da festa independentista.  O fulano dedicoume xenerosas faltadas, todas moi comprensibles agás á que se referiu á miña potencia sexual, pouco decorosa. Derrapei e fun dar de cu cunha sucursal bancaria da Avenida de Portugal. Avancei en dirección prohibida ata o Progreso, zigzagueando entre os coches, e pisei a fondo ata o Posío."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.153

sábado, 12 de diciembre de 2015

Uliscaban pola zona

"Todo Ervedelo eran restos de batalla campal. As leiteiras da Garda Militar e os camións dos bombeiros esforzábanse porque todo volvera á normalidade, mentres algúns curiosos uliscaban pola zona buscando ser entrevistados por xornalistas de base. Horas máis tarde, os especiais informativos de todas as cadeas destacaban a ausencia de detencións e a eficaz intervención policial."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.138

viernes, 11 de diciembre de 2015

A mascada

"Ao caer a medianoite estaba totalmente empipado. As consignas e os berros enlatados dos corifeos da Vangarda Popular, que montaban barricadas en Ervedelo, confundíanse cos diálogos dunha película malísima. O sono empezaba a atacarme e só puiden liberarme dos sopores etilícos cando Helena veu con noiticias frescas que me fixeron botar a mascada. A Vangarda Popular prendéralle lume ao meu Dyane 6."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.136

lunes, 30 de noviembre de 2015

Concentración silenciosa

"-Hai unha concentración silenciosa de apoio aos presos na Praza das Flores. Se queres que vaiamos, estamos a tempo.

  -Non. Irei eu só. Ti quedas na casa. (...)

  Separámonos na intersección entre Ervedelo e Xoán XXIII. Subín por Capitán Eloy -¡presente!- e alí estaba o vello, á altura do Xesteira, rodeado dun batallón de xornalistas. Os rapaces que ían camiño da Praza das Flores, mochila ao lombo, mirábano con fame atrasada."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.113-114

sábado, 28 de noviembre de 2015

Tempo sen entrar

"Era día canda saín á rúa. Preferín non coller o coche e airear por Ervedelo adiante. Merquei o xornal nunha pequena librería e fun directamente aos deportes. Boas noticias: Pepe Pallozas aceptaba o envite do Depredador Penide. Tamén fixen acopio de tabaco para varios día. Anos atrás sempre que saía do RockClub con día grande, paraba naquel quiosco para mercar os xornais frescos. Levaba tempo sen entrar..."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.100

miércoles, 25 de noviembre de 2015

In corpore adfecto

"Conducindo xa por Ervedelo adiante, venceuna o sono. Por veces non era quen de manter o equilibrio e recostaba a cacheira no meu colo, axudándose coas mans. Os maromos do Tosca, sempre facendo garda, contemplaban o espectáculo dende a beirarrúa mentres saudaban a dúas negras espléndidas que entraban a fichar. Acelerei a fondo e pasei todos os semáforos en vermello para chegar canto antes e deitar a Helena, que seguía lapixando nas miñas pernas á procura de acomodo.

  (...) Penseino mellor. A esas horas, o RockClub sempre estaba aberto e a vida nunca me sorría. Fixen café e preparei dúas lonchas que metín in corpore adfecto."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.94-95

lunes, 26 de octubre de 2015

Media cidade

"Noriega sacou un sobre do peto do pantalón e deumo antes de provocar un formidable atasco. A esas horas da mañá, media cidade cruzaba Ervedelo en coche.

 -Está ben, respondeu. Aquí tes.
 -Grazas. Serei boa persoa -dixen apalpando o billetame-. E a ver se deixas de conducir coma un animal, que isto non é a Subida á Saleta."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.60-61

jueves, 1 de octubre de 2015

Cun diluvio local

"Coa perica azoutándome as ansias todas, sentinme en disposición de saír á rúa. O mediodía recibiume cun diluvio local e eu retruqueille apurando o paso por Ervedelo adiante. A esas horas, a muller do avogado xa debía estar levantada."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 17

jueves, 20 de agosto de 2015

Da beira de acó

"O casarío de Canedo, ben alumiado polo sol, loce as vivas cores das casas novas, trónzase pola vía que corre río abaixo saltando as valgadas, e beira do río téndense os soutos de amieiros e sanguiños en verdes alamedas.

  Da beira de acó, antes de chegar á aldeíña de Reza, o convento de Ervedelo, deitado no monte entre pradeiras e piñeirais, parece unha paisaxe de Nacemento, e o pelado monte das Neves limita o ceo coa súa ermida solitaria e vella."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "No Miño", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.84

sábado, 8 de febrero de 2014

Ese nabal florido

"-Tu revelación instintiva puede desviarte de tu auténtico camino. ¡Cuidado! Espero que sólo se trate de un rodeo del que volverás luego de algunos años, lamentando el tiempo perdido.

  Esta conversación tenía lugar bajo los cipreses del convento de Ervedelo. Frente a nosotros se extendían, en húmedo y verde declive, los huertos y los prados.

  -¡Fíjate qué belleza ese nabal florido! De una imagen así nació el mito de Danae.

(...) Acababa de recuperar mi risa, pero de jugarme y quizás de perder su amistad, pues se levantó airadísimo y se fue a grandes pasos, desarmonizando el señorío de su andar, por el sendero central del huerto de los frailes."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.375-376

miércoles, 18 de diciembre de 2013

El mejor guiso de lamprea

"-Toma para un trago, venerable Joaquina; cierto es que el zorro pierde el pelo y no las mañas. Sigues poniendo el mejor guiso de lamprea de todo este obispado y provincia. ¡El mejor, Quina, el mejor!-exclamaba sin dejar de masticar ruidosamente-. El mejor incluyendo el convento de Ervedelo donde hay un lego cocinero, ¡Dios lo bendiga!, que tendría que ser cardenal si las cosas de la jerarquía anduviesen como debieran andar. Y mejor que el cocinero de Su Ilustrísima, a cuyo episcopal pesebre va a parar lo mejor que da el río Miño. ¡Perdón, señoras y caballeros, pero para mí la lamprea es la verdadera misa mayor de este día!

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.125-126

sábado, 7 de diciembre de 2013

A veces se le encontraba paseando al sol...

"... por la carretera de Los Gozos o de Ervedelo, acompañado del presbítero familiar; pero allí, fuera del casco pétreo del burgo, transfudido en un blando paisaje de álamos y praderías, Su Ilustrísima perdía mucha de su significación y casi toda su imponencia..."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, Capítulo III, páx. 22