Mostrando entradas con la etiqueta estación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta estación. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de noviembre de 2021

Gama de colores siniestros

 "Certificaría su defunción con ojo clínico de experto en la materia; sería fácil, tan fácil como en los tres intentos anteriores. Sonriendo, acabó por quedarse dormido con el vaivén del vagón; un sol desgandado levantó una gama de colores siniestros en su barba de dos días. Ya no despertó hasta llegar a la estación, media hora más tarde."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.140.

jueves, 25 de noviembre de 2021

Lugares inhóspitos

 "Se duchó, cerró la casa y decidió ir hasta el Queso, pan y vino; allí tomaría un café y llamaría a un taxi. A las 13,00 horas entraba en la estación; esperó la llegada del tren en el bar, bebiendo un vermú con ginebra: nunca le habían gustado las estaciones, lugares inhóspitos con rostros sorpendidos como si el viaje fuera algo que siempre nos cogía de improviso, aunque llevásemos meses planeándolo, territorios por donde no resultaría extraño ver discurrir un entierro."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.136.

viernes, 7 de diciembre de 2018

"Ya empieza a quedarse"

"El día de la marcha fueron todos a la estación. De regreso, al paso por el Puente Nuevo, entre los atropellados comentarios con que trataban de enmascarar la emoción, alguien repitió una de las frases "sacramentales" del ausente: "¡Que no seas cabezota, hombre, que no seas bestia...!", y otro comentó: "Ya se fue. Se acabó". El poeta de "Finisterre", cual si el comentario se espejara en el remanso de la metáfora, sentenció: "Ya empieza a quedarse"."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.67-68

domingo, 7 de mayo de 2017

Bos días, rapaz

"O pensamento detúvose súpetamente alí, no intre en que aquiles tres minutos lonxanos que de pronto se agrandaron pouco despóis de saír da estación de Ourense, recobraban a dimensión inicial no subconscente do alias Cachorro, que agora levaba a mau dereita ó ollo esquerdo, restregábao sin despertar de todo, ó tempo que se atopaba didiante cunha boca que se abría, despóis de sorrir, pra saudalo: "Bos días, rapaz"."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs.54

sábado, 6 de mayo de 2017

mui pouco a pouco

"Un pitido estreito i afiado avisóunos. Saían agora mismo, xusto dentro de tres minutos atención señores viaxeiros o tren estacionado na vía terceira andén segundo efectuará a súa saída transcurridos tres minutos, tres puntiños negros que lle cubren cada ollo enchendo o espacio da conciencia, pinchando a memoria, que se desinfla pouco a pouco
mui               pouco                a                         pouco,
ó compás do tren, perde o equilibrio e cai ó longo do asento derrotado polo sono.

 (...) Tamén il pensóu en dormir, pero preferíu abrir un exemplar de "La Región". Pasóu as páxinas de presa, unha a unha, ollóu pra súa dereita, onde dormía ó relaxado ó brazo secular e sobresaltóuse pra sí: ¡Aí o saco das patacas! Entón pechóu o xornal..."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs.52-53

viernes, 5 de mayo de 2017

(Por favor non crucen as vías)

"Ó día seguine levárono ó tren. Dixéronlle: "Séntate ahí". Sentóuse e púxose a mirar pola ventanilla. Cando advertíu aquil traxinar de xente polos andés, subindo e baixando (Por favor non crucen as vías) subindo e baixando as escaleiras dos pasos subterráneos, coidóu que podía escapar, pero ollóu prá esquerda i alí estaba o celoso protector da sociedá cumplindo a delicada función de impedir unha posible contaminación do ambente (...) "Imposible", pensóu i acomodóuse sin máis, proiectando a curiosidá sobre o formiguear da xente na estación."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs.51-52

lunes, 17 de abril de 2017

Vellos detalles

"O baile sigue.

 Ela, sentada nun banco de pedra na Alameda, soila, non ve a ninguén.

  Chegóu esta mañá ben cedo. Agardábana os tíos na estación. Pasóu o día espiando vellos detalles: a tecla do piano que daba un són a pau que lle limaba os dentes. Aquil periódico do ano 1912 que gardara alguén ¡quén sabe cándo! na páxina 12 do diccionario latino de Raimundo de Miguel. O polbo sobre a súa mesa de traballo."

Carlos Casares, "O outro vrau", en Vento ferido. Ed. Galaxia, colección Illa Nova, 1967, páx. 89
                                        Debuxo extraído do blog: Ventos cruzados

martes, 24 de mayo de 2016

Un diccionario

"Merquei un diccionario de alemán na librería Tanco, pequeniño porque tiña pensado tasar as falas, e despois guiei o coche cara a outra banda do río. Razóns tiña para temer o rebumbio da viaxe. (...)

  Marchei só á estación e alí, na sala de espera, puiden reflexionar un chisco na encomenda que tiña por diante. Contaba coa descrión que me fixera o Barros para identificar ó correo.  Estaba impaciente por botarlle un vistazo antes de subir ó tren, evitando así un recoñecemento xeral dos vagóns que puidese alarmalo. En lugar de pasear todo o longo da plataforma, situieme ó pé dos retretes cun exemplar do Caso..."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.61

jueves, 12 de mayo de 2016

En volandas

"E, coa mesma, acordei disfrutar algo do Santiago. Empecei por pasear entre a multitude da esplanada da Estación, que danzaba ó son da "Bellas Farto". Despois, cando os músicos pousaron os instrumentos, baixei en volandas co xentío pola Avenida das Caldas. Á altura da igrexa parroquial, había outro palco no que, cubertos de sombreiros mariachi, os profesores da "Orquestra La Florida" atacaban rancheiras. A corrente humana represouse mentres durou a actuación, e rebordou de novo Avenida abaixo, ata encorar fronte ós "Chicos del Jazz", que amenizaban o baile xunto ó Parque Infantil."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.47-48

viernes, 29 de abril de 2016

Aquí mesmo

" -Veño de parte do xefe. Que se presente a el de contado. Parece que se armou unha de tres pares de ovos.

  -Pois con iso e unha galiña choca faste cunha larada de pitos. Estou de festa, dentro dun pedazo hai carreira de minicars na explanada da Estación, e á tardiña canta aquí mesmo, no palco de enfronte Manolito El Pescador. ¿Queres máis detalles do programa? ¿Vou traballar o día do Santiago? ¿Seica me fodes ou queres?

  -Págolle co mandado. Alá vostede e o comisario."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.38

sábado, 14 de marzo de 2015

O gosto moruno

"Conque iamos a casa da Xurela, e os dous rapaces do xofre entraron adiantándose sin nos agardar. Xa viñeran falando as porcalladas de sempre: (...)
-A min un non me chega a un dente. Aínda non lle me arrimo e zas... Nin lles podo coller a sustancia. O primeiro non o debían cobrar que non leva traballo ningún.
-Pra min é como si se mexase.
-Eu voume quedar algunha vez de dormida i estar toda a noite...
-Non te deixa.
-¿Que? Un paga toda a noite pra facer o que queira da muller. O Marcial, da Estación, díxome que até fixera cunha o gosto moruno."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 310-311, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

jueves, 4 de septiembre de 2014

"Isto non é máis que un corral de vacas"

"El Vértigo durou dous anos, que todos o líamos i escachabamos a rir, i eso que custaba un can e os outros boletíns a cadela, até que voltou a ser ministro Nugallá, e fodeulle o periódico, e fodeulle o traballo na fundición de Malingre, onde era modelista; e o novo gobernador desterrouno por un ano, pra a Gudiña, e il mandoulle decir que se desterraba por catro, e voltou coa muller -que era daquelas partes- pra Baracaldo, qué lástima;

 e ao coller o tren na estación, cheia de correlixionarios e veciños, botou un discurso dende o estribo, e dixo que se ía de A. porque "toda a súa mocedade nacera pra a escravitude", "que as mulleres dábanlle a beber aos seus homes auga bendita, que xa saía bendita da Fonte do Bispo", e que, a fin de contas, A. "non era máis que un corral de vacas". E quedoulle. Aínda hoxe, cando a un lle amola algo que pasa na cidade, tanto que toque no propio de un ou nos negocios do pobo, todos decimos "isto non é máis que un corral de vacas".

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 143-144, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

martes, 19 de agosto de 2014

Acantazando

"Xa ao empardecer dixérame o Eladio do Sancristán das Caldas, que a vira facía pouco, cunha ducia de cans de arredor, algúns diles xa queréndoselle botar cos dentes, que si a pillaban non se ía atopar nin un anaco do coiro, e outros que non os deixaban achegar, como si a defenderan;
e que armaran unha grande liorta uns cos outros no meio da carreteira da Estación, que non deixaban pasar;
  e que os cocheros, que viñan do tren rápido, baixaron a esparexelos a trallazos, e os rapaces do Ribeiriño fóranos acantazando até a beira do río, que se matasen dunha vez, e que na derradeira que os viu, a Tula aínda andaba con iles"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 108, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

jueves, 22 de mayo de 2014

A falar sin acougo

"E seguiume a falar, a falar sin acougo, cando nos paramos na ponte da Burga a coller de cheio a raxeira, vendo as hortas de embaixo, coa xiada campando nas partes sombrizas, e nas outras a meio derreter, que o sol non podía co ela e quedaba dun día pra outro. E seguiume falando, falando, cando collimos ó revés da escola, carretera adiante, camiño da estación."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O encalatro", páx.40

viernes, 15 de noviembre de 2013

A casa dos Andradas

“Conque saímos de embaixo da ponte e dempois de cruzar á carreira un descampado que alí hai, metímonos polo calexón que forma por un dos costados o muro do xardín dos Andradas. Fitei pra o alto e vin que por alí non podería agatuñar nin un mico....

Arrodeamos o paredón, que dá alí unha volta, e a pouco andar vimos, coasi tapado por unha morea de terra de obra, un grande furado, arrente ó chao, que se metía polos alicerces do muro, coma si estivesen facendo unha mina.”  páx.33


“Conque, foi eí onde o Bocas voltouse a acirrar naquela vertola de que tiñamos que ire de novo a vere á belida dona misteriosa do señor de Andrada...” páx.75

“E coa mesma, chegamos ó romate da galeiría onde nos atopamos cunha escadeira que daba ó hortal, pola que baixamos coasimentes dun brinco. Atravesamos o xardín cando xa se vía senté con luces que entraba na galeiría. Baixamos coma poidemos polo cabouco e puxémonos a alandillar sen coller folgos até chegar perto da Estación...” páx.90
 
Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo