Mostrando entradas con la etiqueta trives. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta trives. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de noviembre de 2017

Agachos

"Agora mesmo, polo xesto crispado da boca e a atención con que está lendo o periódico, parece preocupado. A estas horas debe saber xa que os atracadores non pretendían tomar o cuartel, como se dixo e pensou nun principio (...) El non debe ignorar tampouco que os asaltantes eran máis de quince e que a maioría deles puideron fuxir nunha camioneta pola estrada de Trives, en dirección a Maceda, buscando seguramente a Serra de San Mamede, onde sen dúbida contan con agachos e con axudas dalgúns paisanos."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 15.

martes, 1 de marzo de 2016

Acendida como a do sangue

"Á saída norte da Serra de Queixa, a uns sete quilómetros de Pobra de Trives, Nemeto e Brais dobraron por unha vía que conducía á vila de Paradaseca, alcanzando a aldea de Coba.

  Ao pé do arroio que mana polo lugar coñecido como A Trave, déronse de bruzos cun pequeno bosque de árbores moi peculiares xa que, sendo bidueiros, no canto de presentar unha cortiza branca, a súa cor era acendida como a do sangue. (...)

  Xusto naquela paraxe acamparan as tropas inimigas que cercaban a aldea de Coba mais pola noite, no medio dunha intensa nevarada, os acampados non preparados para o frío semellaban aparvados."
 
Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.170-171

miércoles, 24 de febrero de 2016

Na procura dunha milagreira fonte

"Vendo a súa aflición e arrepentimento, o fidalgo de Ríos Santos ofreceu ao nobre e a súa esposa escoltas para acompañalos: a ela ao convento de Sobrado, onde profesou como monxa, e a el ao de Montederramo, onde pouco tardou o fenecer pola dor de tan horríbel perda. (...)

  -Cara a onde iredes?- preguntaba o marqués ás portas do castelo-. Aquí podedes gozar de canto vos poida ofrecer.
  -O meu amigo, o cabaleiro Brais, reséntese das súas vellas feridas-explicou o xigante-. Imos na procura dunha milagreira fonte que, segundo din, mana en santa María de Arcos, cuxas augas son capaces de compor calquera mal.

  E coa gratitude do de Ríos Santos, que os proveu de vituallas, iniciaron a viaxe en busca da fonte do Bañiño."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.151-152

martes, 23 de febrero de 2016

O baluarte triveño

"Coa encomenda de tomar o baluarte triveño, o nobre de Río Santos barallara con Brais todas as posibilidades que se lle pasaron pola cabeza para vencer aqueles escarpados muros.

  Cando a comitiva encargada de conquistar o castelo chegou á vila, preferiu pasar a noite discretamente nunha pousada para coñecer primeiro os costumes do seu adversario e poder así cumprir o seu real labor. (...)

  Derrotado, o conde regresou ao castelo de Trives cando se atopou co marqués e os seus acompañantes.
  -No nome do noso señor o rei, tomamos esta praza-promulgou cerimonioso o de Ríos Santos dirixíndose ao lánguido conde-. Considerádevos preso.

  Pero o de Trives permanecía ausente lamentando a perda do seu fillo tras tan tortuosa fin."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.148/151

lunes, 22 de febrero de 2016

Enriba dun promontorio de Terras Altas

"O rei dirixiuse entón ao seu toldo para interesarse polo estado dos seus nobres súbditos e, conmovido pola lealdade do de Río Santos e o arroxo e heroicidade de Brais, decidiu premiar ao primeiro coa posesión do castelo de Trives e ao raparigo outorgándolle dignidade. (...)

  E tras un festín que durou dous alegres días, o monarca despediu aos seus súbditos confiando ao marqués que reclamase para si o castelo de Trives e ordenando a Brais que servise ao nobre naquela aventura, que boa falta había de facerlle tendo en conta a iniquidade do Conde de Trives, que só era superada polo seu home de palla alcumado O Lobo.

  Enriba dun promontorio de Terras Altas marcaba no horizonte as súas liñas rectas o castelo de Trives."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.145-146

 

miércoles, 10 de febrero de 2016

Unha cadela grande en celo

"Malia a brutal conduta do conde de Trives, Nemeto e Brais aínda non actuaran contra el en todo aquel tempo. Intentaban convencer aos aldeáns da conveniencia dunha insurrección, mais o terror que infundía o seu só nome era tal que os seus vasalos rexeitaban calquera intento de sublevación. (...)

  Mais o antigo pastor non esquecera cobrarse vinganza e regresara ás Terras Altas con ese único propósito. (...)

  O antigo pegureiro encomendoulles que buscasen unha cadela grande en celo. Con iso sería dabondo. Cando sen demora lla entregaron, agordou á seguinte noite para tomar o camiño cara ao castelo de Trives. (...)

  Nesa confusión, aproveitou o vingador para prenderlle lume á torre."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.116-119

martes, 9 de febrero de 2016

Prender ao desgraciado

"Mentres tanto, o gobernador de Trives ordenaba aos seus secuaces derrubar a porta dunha das chozas onde se acubillara unha familia da veciñanza. (...)

  Avisado do frustrado intento do aflixido mozo, o prócer de Trives ordenou prender ao desgraciado. Pero Brais non podía consentir que aquela terríbel historia se cobrase nin unha vítima máis e, resolto a facer xustiza, ocultou tras dunha pena ao pastor, practicando un oco cuberto de matogueira. Algo aprendera da terríbel batalla do Medulio."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.113-114

lunes, 8 de febrero de 2016

Co malvado conde

"-Non lle deas máis voltas, raparigo- respondeu o fabuloso guerreiro cun fío de voz entre risas mentres intentaba manter a compostura-. Se debemos baternos co malvado conde de Trives, non todo han de ser queixumes. (...)

  Sostiñan que non había en toda a comarca personaxe máis cruel que o conde de Trives, quen posuía un can adestrado para a guerra que encirraba contra os seus vasalos. Tan feroz era a besta que o seu propio amo o bautizou co nome de Demo. (...)

  Con tan fero gardián, axiña o señor de Trives descubrira as súas posibilidades para atemorizar e gañarse a submisión dos seus servos. (...)

  Pero o patricio tivera a prudencia de apostar aos seus homes ao redor da vila para evitar calquera fuga, e estes decontado reuniran a todos os aldeáns na praza da picota, cominándoos a aumentar os tributos."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.111-112

sábado, 6 de febrero de 2016

Fronte ao seu malvado gobernante

"Certa tarde en que compartían un queixo entre os tres, o santo home preveu a Nemeto contra o abuso de moitos nobres facéndolle prometer que faría o posíbel por remediar a situación dos habitantes de Trives se nalgunha ocasión podía aproximarse a aquelas terras. (...)

  Brais aínda non terminaba de crer que un home tan beatífico puidese conter tanta ira no fondo da súa alma. Polo que a el concernía, fora un home bondadoso que até lles implorara que fixesen xustiza ás xentes de Trives fronte ao seu malvado gobernante."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.107/109

jueves, 26 de febrero de 2015

Bo ollo pra descubrilas

"Entre os dous, que só gastábamos o perciso, mandábamoslle o que podíamos á mamai que estaba co meu pai e co Alberte cumprindo os seis meses do novo desterro en Manzaneda de Trives, onde, como non había impresas, non podía traballar.
(...)
 O parvo do gobernador de turno negoulle o permiso, pra que fose a Santiago (mexaba sangue moi seguido), como aconsellaba o médico de Viana do Bolo, un correlixionario velliño que non sabía moito por onde andaba na cura das doenzas, pro que tiña bo ollo pra descubrilas e decilas polo seu verdadeiro, e ás veces témero, nome.

 E os dous médicos de Trives, que eran consevadores do conde de Trives, non querían ir ver ao meu pai, nin meu pai podía saír de Manzaneda pra ningures."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 288-289, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

miércoles, 15 de octubre de 2014

Nacido y criado en corta aldea

""Nacido y criado en corta aldea", escribe el P. Feijóo. Casdemiro, Vilanova, Allariz, San Esteban, son nombres unidos en desigual grado, con diferente intensidad a su niñez y primera juventud. "Orense, mi patria", dice más de una vez. He aquí confirmada por el sentimiento reflexivo la íntima unidad de las comarcas integradas en la provincia orensana. Por lo menos Miño central o cuyos caminos, desde los contornos de las Medas, la centenera, boscosa y pratense Limia, las altas tierras de Trives y Caldelas, y las del Bollo y Viana, con los valles del Támega gallego y sus articulaciones, buscan para pasar el Miño por la puerta de viejos fundamentos, el descanso y apacible dulzura del recoleto solar orensano. No es circunstancial la permanencia de la provincia de Orense con su capital a través de las variaciones administrativas. Sólo el valle de Valdeorras pudiera ser discutido en alguna estricta determinación geográfica".

Ramón Otero Pedrayo, El Padre Feijóo: Su vida, doctrina e influencias, Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo", Orense, 1972, pág. 42