Mostrando entradas con la etiqueta corona. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corona. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de febrero de 2015

Ordeadamente e a de apouco

"A xente botouse a aplausar.  A Evanxelina da Severa ripou, con anoxo, unha bágoa da meixela. 
  -¡Cala xa,  Espranza Taborena!, déixame seguir.
Ouviuse a gallopada dos cascos nas lousas da rúa da Corona.
  -¡Que ninguén se mova, compañeiros, que ninguén conteste á  provocación!
As dúas parexas escomenzaron a meter o morro dos cabalos no xentío. No faiado da casa dos Romeral viuse un escopetazo. A munición esparexeuse na follax dos negrillos da praza dos Coiros.
O s do Centro baixaron axiña istruíndo á xente e formando cordón de mulleres e nenos frente aos xendarmes.
 A xente íase, ordeadamente e a de apouco, pola rúa da Libertade, subindo á Pena Vixía, dando a volta polo calexón do Turco. O Elixio e mais a Evanxelina ían por entre a xente, abrindo paso ás mulleres cos nenos."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 251-252, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

domingo, 13 de julio de 2014

O novo

"E nestas aparesceu o señor bispo de A., o novo, no meio do sol, que xa escachaba, nun marco da galeiría outa con todos os seus brilos e coores atal un cuadro pintado;
   e abriuse a grande porta da rúa de Corona e fíxose presente o Atanasio con dous municipais, que viñan ser o cabo Sergio e máis o Sardiña"  

  Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 44, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

 

miércoles, 9 de julio de 2014

Coasi noite no inverno



“...que xa agardaban de cedo, coasi noite no inverno, pola porta da rúa da Corona e despois axuntábanos todos, como a gando fóra a alma, no patio grande do señor bispo, e cerraban a entrada ás oito.

  As galloufas que alí se armaban eran de moito sandiós, xa se sabía, e púñanos en ringuileira, ou sexa en filas de a un, e os coarteróns de libra xa cortados, amoreados nos grandes canastros culeiros.”

  Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 39, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).