Mostrando entradas con la etiqueta burga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta burga. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de julio de 2015

Virxen do Carmen da Burga

"Ó outro día cando os cortadores á mañán cedo se dirixían cara ó matadeiro, quedáronse asombrados ó ver aquela nena branca, fermosa, medio desnuda, sostendo nas súas mans unha Virxen do Carmen, que despedindo de si lúcido limbo, rodeaba á morta nena de coroa de célicos resprandores.

  A noticia estendeuse pola cibdá, e pronto o pobo enteiro contempraba de rodillas o prodixioso milagre.

  (...) Os cortadores fixéronlle un nicho prá milagrosa imaxen, e alí por moitos anos estivo hasta que sin saber cómo, desapareceu e foi reemplazada polo modesto retabro que hoxe ten...

  Todo desapareceu: o bárreo da xudería xa non esiste; pro os cortadores inda conservan as tradiciós dos seus avós, pois inda tódolos anos lle fan a festa á Virxen do Carmen da Burga."

Heraclio Pérez Placer,("A virxen do Carme da Burga") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.266-267)

miércoles, 8 de julio de 2015

O pilo das tripas

"Raquel medio atontada non soupo no promeiro momento darse conta do que lle pasaba, pro ponto o frío da noite a fixo volver en si, e ó verse medio desnuda, arroxada da casa dos seus pais, soila, abandonada, botou unha ollada ó ceo pidindo ausilio e dúas bágoas esvararon polas súas meixelas.

  Despois medio abobada, sin darse conta do que faguía, comenzou a andar dun lado pra outro, e pronto ó saír da estreita rúa atopouse no escampado da Burga.

  Sentíase morrer co frío, quíxose dirixir hacia o pilo das tripas pra se quentar no tafo, pro non poido dar un paso, fraqueáronlle as pernas e tivo que se sentar no chau."

Heraclio Pérez Placer,("A virxen do Carme da Burga") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.262-263)

martes, 7 de julio de 2015

As burgueiras arrecolléranse

"Ourense dorme, tocaron a queda e todo está en silenzo. O barrio da xudería correu xa as cadeas, pechouse a sinagoga e todo está adormentado, silenzoso, soilo o Barbaña ó pasar rozando coas súas míseras casas parés se queixa xordamente.

  As burgueiras arrecolléranse, os graxos da Burga agazapados nos seus buracos seica medo lle tiñan ó frío, que nin por xuncras botaban o fuciño fóra.

  Nunha rúa sucia, lóbrega, estreita como tódalas da xudería, inda debe de haber alguén que vele, pois inda nunha das súas casas hai luz."

Heraclio Pérez Placer,("A virxen do Carme da Burga") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.261)

"Os xudeos da cidade, non moi numerosos (...) residían espallados polas diversas rúas nunha convivencia xeralmente pacífica, por iso non podemos falar propiamente de xudería. Non sabemos cando viñeron morar

lunes, 22 de junio de 2015

Atuada algunha pedra

"Hoxe do seu castelo nin cimentos quedan; solo de vez en cando atópase atuada algunha pedra, pero o pobo sempre fel conservador das súas tradiciós, dalle o nome de "Castelo" onde este se erguía antes altivo e argulloso.

Contra soberba, humildá.

Agora onde antes se erguía a guarida da soberba, na faldra daquel monte, facendo contraste, levántase unha ermida humilde a un santiño católico, o San Benito milagroso, onde as rapazas da Burga van tódolos anos esparexer as pernas e darlle un verde ós ollos naquela carballeira, onde garridos mozos se encargan de lle quitar o tangaraño, alí entre os érbedos ás mociñas que o teñan. Pero sigamos a nosa historia.

Como dixen antes, no cima do outeiro había un garrido e altivo castelo."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo da Sila") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.203) Nota a pé de páxina que recolle este fragmento do conto, omitido na versión do libro, pero publicado inicialmente en O tío Marcos da Portela parrafeo 145, 12 de setembro de 1886,  páxs.1-4.

miércoles, 22 de abril de 2015

Impedido pró traballo

"Os graxos da Burga tiñan o corazón a proba de desgracias. Dunha vez armáronlle a un deles unha trampa nunha viña: puxéronlle unha gran ratoeira de ferro, feita de encarga pró caso. Caíu un nela e tronzóuselle unha perna. Os graxos da Burga, lonxe de ter mentres de se vengar do feito excramaron cuase churumicando: "Trátannos como ós zorros, pro non hai que facerlle. Xa teremos tino de manter a ese coitado compañeiro que quedou impedido pró traballo"."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.989-100

martes, 21 de abril de 2015

Acordaron morrer alí xuntos

"As panadeiras da Barreira queixáronse ó alcalde señor Lebrón de que os graxos lles roubaban as broas enteiras, e da noite prá mañá, co pensamento de que os sereos poidesen collelos millor, por orde da autoridade, un ferreiro púxolle unha reixa ó burato que daba saída á Burga de Arriba.

  -Pecháronnos unha porta e non hai chave que faga nela -dixeron os graxos-, mais non por eso deixaremos de facer as nosas escapatorias.

  Vendo o alcalde que non daba resultados a gazapeira, anoxouse e mandou que puxesen outra reixa no burato da Burga de Abaixo. Escomenzou a traballar o ferreiro, anuncióuselles que si non saían quedaban alí pechados pra sempre; mais como si tal cousa, os graxos, dinantes de se rendir ó enimigo, acordaron morrer alí xuntos, imitando ansí, sin conocer a Historia nin polo forro, o heroico exempro dos fillos de Numancia."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.989

lunes, 20 de abril de 2015

Luz ó Casino

"Os graxos da Burga tiveron as súas malas épocas, e non deixaron de pasar os seus traballos.

 Na Burga de Arriba, na cume da fonte había unha pedra longa dende que podía guiparse o que pasaba ó longo do Casino.  Os rapaces de Ourense descubriron aquela cras de pena-vixía, lembrada Santardós, e pra atentar ós graxos armábanse de pedras e dende alí acantazábanos, berrando a todo berrar: "Luz ó Casino".

Aquela pedrea chegou a facer a delicia dos rapaces que andaban na escola do Rebolo, os que dinantes que chegase a hora de entre lusco e fusco, xa andaban axuntando municiós e xente que lle fose dar luz ó Casino.
 
 Pra se librar dos cantazos, tiveron os graxos da Burga que facer unhas obras de reparación e defensa. Abriron unhos buratos na parede, e neles se metían engruñándose namentra que os pelouros estrondaban e rodaban pola cova embaixo."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.98 -99

viernes, 17 de abril de 2015

"Todo é de todos"

"A lei social dos graxos da Burga alcontrábase nesta frase espida de retóricas: "Todo é de todos". Naquela comandita non había ganancias nin perdas, nin capital nin traballo. Si un tiña a fertuna de arrapañar algunha cousa boa nunha taberna da vila, disfrutábana todos en amor e compaña, e probe do graxo que dinantes de chegar ó Casino se estrevese a pitiscar o que afanara; fose pan, fosen sardiñas, tal como se collera contra a voluntá do seu dono, prantábase no chau que facía de mesa e servíase por iguales anacos a tódolos socios. Non había hora fixa de xantar, porque moitos días non había de que. Os estómagos dos graxos da Burga, asemellándose ós corpos, estaban afeitos a non traballar a diario. Cando pasaba un día sin comer i ós máis deles se lle abría moito a boca, non levaban a ela as maus pola mor de que non as pagasen cunha dentada por ser as causonantes da fame que corría."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.97/98

jueves, 16 de abril de 2015

"Eiquí estou"

"Pra ser graxo da Burga, a ninguén se lle pedía patente, nin cuota, nin certificación de boa conduta, nin xiquera o nome de pía, nin os apellidos de pai e nai. Con dicir: "Eiquí estou", tíñase feita a presentación en forma. O bautismo facíanllo dempois sin cirimonias, cunha nomeada da que ninguén se esquecía, como si a gravasen en letras de ouro no medio e medio da praza. O regramento por que se rexían, sin ser escrito nin pubricado, cumpríase ó pe da letra, pola contra dos que se poñen en letra de molde e se pubrican, que nunca se compren."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.97

miércoles, 15 de abril de 2015

Aquela congregación de nugallás

"Non pasaron catro meses e xa tiñan lembradía en sete légoas á redonda: o cavouco chámabase Casino, os seus habitadores eran coñecidos co nome de graxos da Burga. Os sete primeiros socios, os máis ilustres graxos, os lexisladores daquela sociedade aventureira e nómada, os que botaron as bases daquela congregación de nugallás, os inxenieiros, arquiteutos e traballadores a un mesmo tempo, que trazaron, dirixiron e fixeron as obras do Casino da Burga, foron o Mourón, o Pachete, o Portela, o Redes, o Carruxo, o Oso i o Cancheiro. Eran sete como os sábeos de Grecia."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.97

martes, 14 de abril de 2015

Tódolos vagos...

"Non contan as crónicas o que falaron; mais sábese de certo que oito días dempois daquel parrafeo estabreceran os dous galafates o seu lar nun cavouco feito polos homes, e que servía de rexistro, como punto medio da Burga de Arriba e da Burga de Abaixo.

 A fundación, como tódalas cousas novas, foi adiante e chegou a ter moitos adiutos. Tódolos vagos e moitos fillos de familia, que sin selo, andaban chalados da casa, tiñan alí o seu agarimo, os seus compañeiros, o seu modo de vivir.

  No inverno polas noites durmían ó quente; no vrau polas tardes, cando a raxeira do sol contiña ós veciños nas casas, eles saían ás arrasadeiras, e polas noites cando se deprocataban de que os sereos prenderan no sono, nin máis nin menos que si fosen grilos, saían do burato pra cantar e toma-lo fresco."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.97

domingo, 12 de abril de 2015

Ansí é prós ourensaus inda hoxe

"¿Que pai, por deixado da mau de Dios que andivese, foi de boas a primeiras gustante en que a súa filla falase cun de Ourense, sendo como son graxos da Burga, e polo mesmo considerados polos labregos, sin que se den conta da razón que teñen pra xuzgalos ansí, como os mozos de menos lacha e máis sabidos en picardías que andan polo mundo?

 Como nos tempos da Inquisición era prós relaxados o sambenito, ansí é prós ourensaus inda hoxe, a nomeada de graxos da Burga.

  Outros a fixeron, e como si se tratase dun foro ou dunha renda perpetua, vímola pagando nosoutros, sin que nos valla axuntar cartos pra redimir esa gabela que nos botaron ó lombo dinantes de que nacésemos."

Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.96

sábado, 11 de abril de 2015

Non me fío que eres dos graxos

"¿Que estudiante non escoitou aló en Santiago dos vermellos lábeos da costureira a quen cortexaba, as frases de "non me fío que eres dos graxos da Burga"? ¿Que fillo de Ourense non se lembra dos receos con que foi mirado polas mozas nas romaxes da nosa terra, e dos contratempos con que tivo que loitar dinantes de se facer dono do seu corazón, soilo por ser dos da Burga, como nos chaman?

  Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.95

viernes, 10 de abril de 2015

Pasaron moitos anos

"Pasaron moitos anos; esquecéronse moitos recordos; desapareceron as máis das vellas costumes de Ourense; pro non se varreu da memoria das xentes o recordo nin as costumes dos graxos da Burga. Inda hoxe a sona que deixaron exténdese polas vilas i aldeas de toda Galicia, pois o mesmo que a sombra ó corpo, vai esta nomeada seguindo ós fillos de Ourense por onde camiñan."


  Valentín Lamas Carvajal: “Os graxos da Burga”,  Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I, Imprenta d´O Eco de Ourense, 1887, páx.95

miércoles, 8 de abril de 2015

Un foso lleno de malezas

"En los días nebulosos del invierno, los vapores de las fuentes ahuyentan la helada. Anima el lugar la proximidad de hornos y lavaderos. En otro tiempo las fuentes surgían en un foso lleno de malezas en que se cobijaba el hampa orensana, los castizos graxos da Burga inmortalizados por Lamas Carvajal."

Ramón Otero Pedrayo, Guía de Galicia, ed. Galaxia, Madrid, 1926 (de la 5ª edición, Vigo, 1980), pág. 342

martes, 6 de enero de 2015

Deixou de saír a auga en todas as burgas

"Que pasou logo, diredes? Mirade, sei que non mo ides crer. Nós mesmos quedamos pampos, pero foi tal como volo conto: cando iamos á altura da Burga de baixo -na que a aquela hora, aínda sendo tan cedo, non se vía ninguén, cousa sorprendente- todos os seus canos, os tres á xunta, pararon de botar auga.

  Non o creredes, pero nun instante deixou de saír a auga en todas as burgas. O chorro da auga cortouse de todo, tanto o da Burga de riba como a de baixo. Mesmo se deixou de escoitar o motor da piscina que está no medio das dúas. Foi só un instante, visto e non visto. Tan rápido que non nos deu tempo a reaccionar. Deseguida, todo volveu á normalidade."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx. 18-19

sábado, 23 de agosto de 2014

Tal ollar de persoa

"e botoulle máis auga,
 e a Tula púxose a ollar pra min, que nunca lle tiña visto tal ollar de persoa;
 e viña outra mulleiriña máis nova, cunha ola grande de barro posta, a xuício, no curuto da testa, que víase ser auga da Burga en que fumegaba, e díxolle á vella sin se deter:
 -Vaia, Pura, que tes boa entretención de mañá cedo..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 110, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

lunes, 28 de julio de 2014

Ir ao gruñeiro

"-A Rocío, cal vai ser...
 -¡Quen a pillara!
 -Coas medias postas como nas tarxetas... aqueles peitiños tan no seu sitio, aquelas nádegas,
 -Aquiles remeneos cando vén da Burga coa ola de barro, a xuício, na testa... ¡Carano ollade como me puxe...!
- Vas te que ir ao gruñeiro...

  O gruñeiro, acaracochado, ruxidor, estaba alí perto, co seu fonchoso teito de ramas, seu tronco barbado, seus centos de anos, ledo xigante, cabo do río.

  Todos os rapaces de A. sabían o que era "ir ao gruñeiro", gavear polas ramas grosas, entrar nos seus laberintos, perderse na mesta follax:"Soméllame que ti xa vas ao gruñeiro", "si o gruñeiro falase"... eran as coñas que os rapaces xa feitos lle decían aos máis novos."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 69-70, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

viernes, 11 de julio de 2014

Con carqueixa e clorú



“ou os sábados a fregar, con carqueixa e clorú, a dous reás e as sobras, ou a lavadura, as grandes saas do señorío e a lavárenlle a roupa na Burga de embaixo (algunhas máis baratas, de noite, por seren probes vergoñantes, que lle din, por teren vido a probes e non seren probes de nación).”

 Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 44, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

domingo, 6 de abril de 2014

Leopoldo María Panero nunca estivo en Auria

Leopoldo maría panero
nunca viviu
no psiquiátrico de toén
nunca
A súa cordura non compartiu
pensamentos
cos tolos máis tolos de auria
Leopoldo
nunca fornicou na burga
nunca
María nunca foi sodomizado
polo milhomes
Nunca panero
exaculou no cemiterio
de san francisco
porque el prefire ser cinza
que penetra os mundos irracionais
os mundos subterráneos dos soñadores
auga quente na mente
Nunca
Sempre
auria segue a esperar por ti
Acto poético

Plubia, inédito

Leopoldo María Panero (Madrid, 16 de xuño de 1948 - As Palmas de Gran Canaria, 5 de marzo de 2014)