Mostrando entradas con la etiqueta graxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta graxo. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

Sereno, arruinado pola súa asma (XV)

...Heráclito Pérez Placer, Rufino o Tolo que loitaba cos "mambises", O Pepiño das Palomas, "O Pichagrís" e a Ramona, Saco y Arce, Antonio Araújo, Miguel Serrano e Víctor Andión, gromos do integrismo, Ramón Nocedal o virtuoso, Parcasio de Seguín, os sete sabios de Grecia: Morrón, Parchete, Portela, Redes, Carnixo, Oso e o Cacheiro, lexisladores desta tribu de graxos e arquitectos, Xan Brencellao, o zapateiro, Hernando Tricio, Benito Silveira, Guindo Cereiriña tilín tilín, Inés González de la Fondela, a señora das serenatas e o que casou con ela, Don Leonardo Fernández de la Peña, a quen lle cantaban os mozos de Serenou pola noite de bodas "son el hombre y el cabrito de la misma condición. El que no muere chiquito se cría para cabrón...", Don Tiburcio Losada, Don Críspulo del Rancaño, alias "Prosodia"...

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páxs. 34-35.

jueves, 28 de mayo de 2020

Sereno, arruinado pola súa asma (XIV)

...Enrique Doval no papel dun "Incerto Señor don Hamlet" antes de que nacera don Álvaro de Cunqueiro, Ramón, o vinculeiro dos Otero, Primitivo Rodríguez Sanjurjo tiñe do oro los verdes racimos, Dosinda das Cortiñas, , Favio Saturnino Flavo, Licamanda e Licseno, Camilo Amor, Lorenzo Gil, Primitivo Peón, Caledonio Osorio e a longa ringleira dos carlistas, Don Alberto Aventuras, Ambrosio de Morales de camiño, Paulo Osorio, Pedro de Seguino, Palacios Ramiro, Alonso Méndez Montoto e 270 paxaros, Alonso de San Vítores, O Xeneral Eguía que levou ós graxos pero deixou as cangas, Don Juan Manuel Bedoya, O Inxenieiro Trompeta, o poeta que escribiu "El Miño por su cielo azul de plata del amor con el arco su puente ensalza", métricos rasgos de las reales  fiestas con que la esclarecida novilísima y muy leal ciudad de Orense bordó los reales pañales del Príncip Don Luis Jacobo.1700....

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 34.

jueves, 22 de diciembre de 2016

-Cala, cala graxo

"Pasou o tempo. Dende aquela noite, D. Eladio cada vez que saía dirixía sin podelo remediar os pasos cara á serra de Madrosende, e pronto el e a Pepa non tardaron en estreitar aquela especie de amistá, que andando o tempo non tardou en convertirse en amor, e aínda menos tardaron seus ardorosos lábeos en buscarse ás furtadelas. Era unha tardiña; sentados riba dun penedo Pepa e D. Elaldio, miraban como o gando depinicaba os gromos das azaias e trincaba queiroas e cardos. D. Eladio xogaba coa negra crencha de Pepa, que rindo mordiscaba póutegas.

  -Pepa -dicíalle D. Eladio pasándolle as maus pola cintura- xa é tempo de que me des unha proba do teu amor... eu por ti non vivo nin asosego, nin...

  -Cala, cala graxo -contestoulle a Pepa rindo-. Eu son unha tola en che faguer caso..."

Heraclio Pérez Placer.“Pepa” (Un conto con moita historia). Publicado en dúas entregas en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 148, páxs. 5-6 (3/10/1886) e Parrafeo 149, páxs. 1-3 (10/10/1886). Recuperado, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 527-534

jueves, 24 de septiembre de 2015

Malicioso graxo que se ri n-os muelles

"A bahía, feita de cadradiños de coores ó cabrilleo d´as augas d´esfarrapadas siluetas de xeitosos buques, tranquio albergue de carrizos é gaviotas, haros é mascatos, malicioso graxo que se ri n-os muelles oubindo á sarten é comparse n-as puxas é caloteos ó chegar as minuetas encheitas de bulinte peixe.

  A Marola, Monte-Ventoso, ó Prioriño embozado sempre n-a grisácea brétema... é ó mar, ó mar libre, xigante, sin penedos que ó arañen nin prayas qu´o debiliten con garimosas caricias, sin cabrilleos de coores nin marrullerías de graxo."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.63-64

miércoles, 26 de agosto de 2015

Ós escuros pozos de abaixo

"Da outra orela, algunha mancha cor de rosa; e nos currunchos das valgadas vense ondulacións da auga, coma se as máis tímidas se escondesen alí para batuxar no río sen estorbo de lenzos...

  E por todas partes o espacio énchese de alegres barulladas, de ruído de chapoteos que leva o río do ouro en caladas ondas ós escuros pozos de abaixo, onde a auga negra, escura, garda silencios de morte, insondables fondos que reflexan as ríxidas siluetas dos penedos coma aterradoras pantasmas, e non se oe barullada de rapaces, nin chega o sol, nin o río reflexa carís de graxos, encantos de muller, nin cores de follatería."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "No Miño", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.86

domingo, 23 de agosto de 2015

Un feixe de rapazallada miúda

"Máis alá, o sol ilumina un feixe de rapazallada miúda, que tendida na area, co lombo ó sol, ri e xoga mentres o calor fai neles o mester da saba. Entre o branco mate da pel aseñoritada cuberta de lenzos onde debe, salientan os tonos escuros da graxería, e contrastan os enganidos membros coas poderosas nádegas, os delicados contornos coas precoces sombras.

  Érguense todos de pronto, corren e caen no río coma unha manada de píllaras: vense as loitas por chegar antes, orladas de escuma; os risos, os berros atroan, as augas tórcense neles, e naquel algueirante chapoteo desbórdase a xuventude, e a vida envolta nunha onda de lume."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "No Miño", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.85

sábado, 22 de agosto de 2015

De pé no máis saído rochedo

"De pé no máis saído rochedo, érguese un rapazote espido, de carne morena, da aldea, ben feito e debuxado, que tapa coas mans o que pode, e outea receoso para os rapaces máis pequenos: chímpase do penedo abaixo, estralan as augas, escúmanse rabiosas, burbullean, e algunhas brazas alá, resurxe unha agraxada cabeza que sacode as negras crechas e vólvese meter de sulago coma un parrulo da Limia."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "No Miño", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.85

viernes, 14 de agosto de 2015

Tal ou cal riso

"Fóra, nas xa transitadas rúas, sentíase o barulleiro ruído dos pobos que despertan, ventás que se despechan,  renxer de chaves nas portas, patexo de zocas, berros de vendedoras, conversas de criadas, tal ou cal riso de graxos sen chabola, e ás veces, nun curto silencio, o monótono ruído da fonte que, co seu arxentino siseo, parecía cobizosa de facer calar ó barullante amañecer."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "Unha agonía", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.48

domingo, 19 de julio de 2015

A praza tomaba nova vida

"A tarde acábase... (...)   Os comercios empezaron a ilumearse unhos tras doutros.

  Primeiro a botica lucindo os seus tarros de porcelana branca, con membretes dourados, as botellas de pousada barriga enxeitas de xarabes e mexurxes de distintos cores onde a luz tomaba tintes fantástecos, lúgubres, agoreiros.

  Dúas portas máis embaixo, cal si lle quixese faguer competencia á botica, estaba a armería de niquelados revólveres, de brilantes puñales, de incrustadas carabías e no médeo das dúas, faguendo contraste, a librería relixiosa, na cal se destacaban os crucifixos de metal dourados e os devocionarios de niquelados broches no medio daquela baraúnda de ouxetos de escritorio.

  Despois outra vez a fila de comercios, interrumpida de vez en cando xa por un estanco, unha administración de loterías, e aló na cima a zapatería do Ucha, na cal se formaban tódalas noites tertulia de antidiluvianos que sabcaban a relocir, sempre co mesmo monótono tono, as valentías e as grexadas da súa mocedá, ou ben escoitaban, movendo a cabeza e erguendo as maus en siñal de aprobación, o seu fillo que lía deletreando os parrafeos de O Tío Marcos, e persiñándose asombrados da perversión dos rapaces de agora que viñan sin consideración algunha baterlle nos cristaes ou botarlle pola porta algunha rata. A praza tomaba nova vida, e chea de xente parés que despertaba do anterior letargo."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.279-280)

martes, 7 de julio de 2015

As burgueiras arrecolléranse

"Ourense dorme, tocaron a queda e todo está en silenzo. O barrio da xudería correu xa as cadeas, pechouse a sinagoga e todo está adormentado, silenzoso, soilo o Barbaña ó pasar rozando coas súas míseras casas parés se queixa xordamente.

  As burgueiras arrecolléranse, os graxos da Burga agazapados nos seus buracos seica medo lle tiñan ó frío, que nin por xuncras botaban o fuciño fóra.

  Nunha rúa sucia, lóbrega, estreita como tódalas da xudería, inda debe de haber alguén que vele, pois inda nunha das súas casas hai luz."

Heraclio Pérez Placer,("A virxen do Carme da Burga") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.261)

"Os xudeos da cidade, non moi numerosos (...) residían espallados polas diversas rúas nunha convivencia xeralmente pacífica, por iso non podemos falar propiamente de xudería. Non sabemos cando viñeron morar

martes, 9 de junio de 2015

Os graxos como froita do país


Heraclio Pérez Placer, Contos da terriña, Editor Andrés Martínez, A Coruña, 1895,
páx.174 ("O demo con uniforme")