Mostrando entradas con la etiqueta serra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta serra. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de abril de 2017

E non teño sono

"Soilo un pouco de vento que viñera meteríalle a ún dentro do corpo as ganas de deitarse que non ten, pensa. E saca a chaqueta e despóis a camisa. Así estase máis fresco. Volve asomarse á fiestra i alá lonxe, por detrás da Serra aparece unha nube negra, debe ser negra, de tronada. (...) 

  Encende outro cigarro i escoita o reló da catedral que dá a unha. E non teño sono, pensa. Logo vai recordando os últimos días, tan estranos, tan raros que non parecen de verdá."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 19-20

sábado, 4 de junio de 2016

Unha aldea de catro casas

"O airiño de fins de setembro, despois dun verán bochornoso, dicía frío e obrigaba a defender o peito. No alto do Rodicio botei en falta un pasamontañas, pois o biruxe pelaba as orellas. Con todo, o que máis amola, a quen coma min está afeito ó coche, é engulir quilómetros co sillín rozando as nádegas. Mentres subía as revoltas interminables das serras, non me saía do acordo a imaxe dun mono que viñera co circo, e que lle ensinaba ó público as pousadeiras calvas de tanta nugalla como pillaba na xaula, esperando sentado polas bananas.

  O Castro da Pavana era o que se di unha aldea de catro casas. O pé da igrexa, fronte por fronte coa rectoral, había unha casa grande de ampla solaina, e un chisco apartadas, casopas máis pobres  unidas por parede medianeira."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.79

viernes, 3 de junio de 2016

Nesas partes da serra

"Ó parecer as dúas señoras de Acción Católica que visitaban o barrio presignábanse ó pasar pola nosa porta. Vinme negro para desfacerme das pavesas. (...)

  Cheguei á comisaria coa lingua fóra, xa non estaba afeito a camiñar, e someteume o xefe a unha das súas sesións de doutrina. (...)

  -Non lle aconsello que se meta niso. Os carteis de "Franqueira, el hombre del campo" empapelan as rúas do centro, ¡qué non pasará nos transformadores e cabaceiros do rural! Con este rival non hai nada que facer, ten vara alta entre os gordos.

  -Xa sabemos que é moi ocorrente, Nespereira. Chameino para pedirlle un favor. Houbo unha morte e roubaron unha igrexa nesas partes da serra, e preguntoume o bispo se lle podiamos botar unha man á Garda Civil. Non lle podo faltar, comprenda, teño un cuñado de cantor da catedral e a Súa Ilustrísima trátase moito coa miña familia."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.78