Mostrando entradas con la etiqueta parada justel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta parada justel. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

En como que Justel deixou pintura e meteu entomólogo

"Impotente a suttarmi, roco e lasso
Io cedo al mio destino, e non piu tento,
Di far vani ripari a la mia morte."

Giordano Bruno


(Homenaxe a Ramón Parada Justel.
Morto en 1902. Pintor.)

Parada
(aquela teima do meu pai polos canarios)
pousou pincel amante ese buraco
Somentes o reloxio
ou no seu sitio Roma ás bailarinas...
Cecais o último cadro tiña moscas.


Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 63.

martes, 5 de diciembre de 2017

Escorado cara á lámpada de ferro

"A pouca vista é tamén a razón de que aínda non advertira que o cadro de Parada Justel que teñen colgado na parede do fondo, á dereita da porta segundo se sae do salón, leva máis de quince días torto, escorado cara á lámpada de ferro da esquina, sen que á súa muller se lle ocorrera endereitalo; nin que tampouco vira aínda as flores murchas, podres de varios días, que afean o fermoso tarro de porcelana inglesa que adorna o alto da biblioteca da parte do fondo, de costas ó lugar que el ocupa neste momento."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 24.

viernes, 9 de enero de 2015

Vén tras de nós!

"-Onde foi, Raia? Xa non está!
 -Non te fíes, agachouse na entrada da rúa de Parada Justel, a que sobe onda Correos, coma un foguete. Case non me deu tempo nin a velo! Estou segura de que vén tras de nós!
 -Pero, quereredes explicarnos que traedes entre mans? Condenadas de rapazas!-Martiño e Lois, sobre todo Lois, non entendían cousa.
  Nun instante puxémolos en antecedentes.
 -Se cadra ten algo que ver co das Burgas- aventurou Martiño."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.24