"-Si, a filla do conde de Valadouro que ten media ducia de fillos, de meios irmáns da súa noiva, con outros tantos "toutizos" das súas labranzas na Terrachá."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 220, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
O apelido Valadouro traenos á memoria o armazón narrativo da novela blancoamoriana "Los miedos", coa presenza do apelido Valdouro: vid. "O armazón narrativo de Los Miedos"
Mostrando entradas con la etiqueta valdouro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta valdouro. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de diciembre de 2014
sábado, 12 de abril de 2014
O armazón narrativo de Los Miedos
A terceira novela de Eduardo Blanco Amor, Los Miedos (1963, ed.
Destino) presenta varias das constantes da súa narrativa: primeira persoa,
punto de vista infantil, mundo/preocupacións infantís, presenza de Auria,
ausencia da figura paterna... pero como novidade narrativa destaca unha
orixinal armazón na que se inscribe a
historia. Xa o discurso da súa obra anterior, tanto no inicio como no final,
fixaba unha arquitectura determinada que acollía o diálogo dos protagonistas. Na
súa novela Los Miedos repite esquema pero con grandes diferenzas.
No caso de A Esmorga ese manto narrativo que arroupaba o peregrinar
dos personaxes pretendía contribuír á veracidade da historia e a explicar o desenlace.
Nembargante no caso que nos ocupa trátase máis ben dun xogo literario,
buscando mergullarse nunha determinada tradición literaria, o que aproveita
para dar certas pinceladas de teoría narrativa.
O texto ábrese cunha “Advertencia” de seis páxinas, separada en catro
bloques, e asinada en Buenos Aires, 1961, na que o autor-corrector, profesor
particular de literatura, escribe un prólogo no que conta como recibe un
encargo dalgúns pais dos seus alumnos: que revise e corrixa unha novela inédita
atopada entre distintos papeis da autoría dun amigo deles, Pedro Pablo de
Valdouro, que vén de suicidarse aos trinta e dous anos.
sábado, 15 de marzo de 2014
Sus posesiones... ¡je!
"Venían a "despedirse". La despedida duraba una semana o más, y daba ocasión para que "El Eco de A..." insertase en sus Sociales: "De paso a su habitual veraneo en las playas del Norte, han salido para sus posesiones de Valdouro..." Sus posesiones... ¡je!"
Todos los años hacían igual. Primero mandaban los chicos por delante, para dejar a la abuela cargada con ellos (aunque para mí no era ninguna carga) el resto del verano. Luego venían unos días, por suerte muy pocos, a "despedirse"; yo creo que era únicamente para dar lugar a que saliese en el periódico de los curas aquello de "sus posesiones", aunque todo el mundo sabía que era mentira, pues en A... se sabía todo y algo más."

Eduardo Blanco Amor, Los miedos, ed. Destino, Barcelona, 1963, 1ª edición, páxs. 60-61
Suscribirse a:
Entradas (Atom)