Mostrando entradas con la etiqueta san_mamede. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta san_mamede. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de agosto de 2019

Poblada de fieras carnívoras

“Tambien, Sr. Exmo, se ha hecho gran caudal de unos huesos humanos hallados en la sierra de San Mamed: imposible parece que un hecho tan trivial haya venido á figurar en la causa y como cargo contra el acusado: hallar huesos humanos en la sierra de San Mamed, la mas fragosa de Galicia, poblada de fieras carnívoras, es poco menos que hallarlos en un osario.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 185 da Reseña.

domingo, 25 de agosto de 2019

Allariz (IV)


O 27 de setembro nun recoñecemento da Serra de San Mamede por parte dos titulares do xulgado de Trives atopan restos dun cranio no lugar de Malladavella da Redondela, onde o acusado dixera ter asasinado a Manuela, Petra e María Rúa. Nunha primeira impresión aos médicos parécelles poida ser de muller adulta.

martes, 18 de junio de 2019

A serra tamén é un animal

“El tenme dito que a serra tamén é un animal, que ten os seus caprichos e as súas necesidades. Unha vez díxome que el lle sabía do corazón, que llo atopara un día de xolda. Eu non sei o que me quixo dicir con iso, señor. Eu sonlle unha rapaza algo brutá e Manuel coñece tan ben os escondedoiros deste mundo!”

Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. Páx. 29.

lunes, 17 de junio de 2019

O humano quincalleiro

“Así a serra de San Mamede está chea de camiños e rutas que foi trazando o humano quincalleiro e que van perpendiculares coas sendas que trazaron os lobos para enganar e atacar. De aí o medo e as batidas, pero xa hai tempo que non se achegan a carne e a gadoupa.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 39

martes, 4 de junio de 2019

Alleas a min e ós meus pesares

“Cando baixaba a Portugal, saíndo de Regueiro, adoitaba facelo descendo polo alto do Couso até Maceda e dirixíndome dende alí a Vilar de Barrio, logo de canea-los somontes de San Mamede, para seguir andando, pola chaira que linda coa Lagoa de Antela. Facíao baixo o alto voo das inacadables gueivotas. Ás veces asexábaas, pousadas na auga, alleas ó vento e á xeada que baixaban dos montes, xusto por riba de por onde din que aboian as campás, os tellados das casas, nunca os laios dos seres que se debera supor que as habitan. Vía as gueivotas tan cercanas como agora as vexo, pousadas na tona do mar, enriba da arpada oleaxe, alleas a min e ós meus pesares.

 Dende ela, dende a lagoa de Antela, adoitaba encamiñarme a Verín e de Verín a Chaves, xa en terras portuguesas.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 36-37