Mostrando entradas con la etiqueta calpurnia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calpurnia. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de noviembre de 2020

Máis doce que a suor e as bágoas

 "O Auriense acollía de tarde algún bebedor triste e desconsolado, ex militante dalgún grupúsculo desaparecido, pero seguro de agradar a descoñecidas con chispa actualizada.(...)

 Por Miss Chispatown había que asaltar os ceos e logo tirar da cadea. Seguía sendo esa loura atigrada que me cravaba os ollos na bocana do estómago. Comprendín que con ela ao meu carón o sangue saberíame máis doce que a suor e as bágoas, mais tamén que nesta vida hai sabores que matan. (...)

 Pedín outra cervexa. O sobre contiña bastante máis diñeiro do que acordaramos. Sentinme moito mellor.

 -Agora non podo aceptalo, Calpurnia."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 198-199.

domingo, 18 de octubre de 2020

Cicatrices apendicíticas

 "Espímonos. Miss Chispatown tatuara unha magnífica reprodución policromada da Burga de Abaixo na superficie que adoitan ocupar as cicatrices apendicíticas. Biquei o conxunto histórico-artístico e dirixinme directamente ao manancial que brotaba das súas pernas, onde achiquei o fluxo termal a lambedelas.

-O tempo é veleno -sentenciei lembrando a miña ex de toda a vida.

-Vaia trompa levas.

-Iso é circunstancial, querida Calpurnia.

(...)

-Quérote, pero só esta noite -Miss Punto G parecía unha serea preguiceira."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 156.

jueves, 4 de junio de 2020

CON / VICTO

"Ningún lugar sen numen"
"É o primeiro nome propio, singular e inconfundible
dunha persoa que atopamos na historia da nosa cidade."
Ramón Otero Pedrayo

Seite negada sete agora dada

Calpurnia Abana Aeboso

Hasme dicir se un home en Serenou
non matara por isto.

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 41.

martes, 26 de mayo de 2020

Sereno, arruinado pola asma (XII)

 ...Bernardo González del Valle, alias Cachamuíña, Juan de Juni que sigue angustiado, José de Castro, Gil Soutelo, Lamas Carbajal, Pedro Fernández Boan, Manuel de Ochogavía, Luís Pérez de Acevedo, Camilo Placer Bouzo, Juan III, García de Manrique, tamén suposto Arfe, Pedro I o Cruel, Jerónimo Feijoo Montenegro e Puga, o Arquiduque de Austria delegado en funcións, O Misal de Monterrei, o Rei dos Incensarios, o Capitán Bombillas, o Cepo L´Amici, a Marina que conta o mundo por "ocupacións" e cando era puta nova facía as millores felacións do continente, o Toñito Patata de buena familia, Juan Bautista Celma, Rodrigo de Badajoz, Francisco Méndez, Calpurnia Abana Aeboso, Don Suero de Oca noble Caballero, Gonzalo Pérez de Requeixo, Don Juan Fernández de Boan e Landecho alá pola metade do seiscentos, Don Ochoa de Espinosa, a criada do cura María Andrea, O Pichín, Felipe I fundindo os seus zapatiños de charol na rúa do Progreso, Don Marcelo Macías e tódalas pantasmas do museo, os franceses que chegaron pola estrada das Mercedes no ano 1933 dicindo Magnifique!, Tutor o Lambecús, un escuro Diego de Villamarín batíndose a florete pola prima dona no Corral das Comedias, Don Antonio Rodríguez de Puga, os rexidores Álvarez de Argiz e Arrojo Balcarce, O Mestre que non durmiu a noite na que a súa primoxénita perdía sen sentila a frol do pitiminí...
 
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 33.

lunes, 18 de enero de 2016

Calpurnia Abana

"Polo menos As Burgas continuaban onde as deixaron, aínda que neste momento presentaban un aspecto máis urbanizado. Xa non era aquel manancial natural fumarento, senón unha fonte perfectamente entallada de granito.

  Os amigos chegaron no intre xusto no que unha muller chamada Calpurnia Abana Aeboso, descendente dos abbisocios que eles coñeceran, daba instruccións precisas aos seus criados para que depositasen aos pés do nacente unha ara votiva.

 A muller invocou ás ninfas das Burgas ofrecéndolles aquela ofrenda en gratitude por unha visión que tivera durante un soño.

  Rematada a cerimonia, os participantes dispersáronse até despexar completamente o lugar.
-Debe estar deliciosamente quente esa auga -coincidiron os fatigados viaxeiros-, un bo baño non nos faría mal.

  E sen dubidalo, espíronse mergullándose nunha poza anexa onde a temperatura da auga era pracenteira.

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.66-67

domingo, 1 de junio de 2014

CON / VICTO

"Ningún lugar sen numen"
"É o primeiro nome propio, singular e inconfundible
dunha persoa que atopamos na historia da nosa cidade."
Ramón Otero Pedrayo

Seite negada sete agora dada

Calpurnia Abana Aeboso

Hasme dicir se un home en Serenou
non matara por isto.

Manuel Guede, Contra Serenou, ed. Sotelo Blanco, 1985
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 91)