Mostrando entradas con la etiqueta corpus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corpus. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de agosto de 2018

Furtivos

   "Acendín un cigarro e púxenme a mirar para o río. Había algunhas luces que se deslizaban parsimoniosamente sobre a auga, sen dúbida as barcas dalgúns pescadores que ían e viñan, furtivos, a ver se aínda pillaban algunha troita, pero naquela situación convertéronse para min nunha especie de carrusel de verbena, como a montaña rusa que se instalaba todos os anos, polas festas do Corpus, na Alameda da cidade."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 179-180.

miércoles, 24 de enero de 2018

Naqueles instantes finais

"Sempre que se acordaba do seu compañeiro de bacharelato, só conseguía recordalo naqueles instantes finais, cando ela abandonou o paraninfo do Instituto e o seu amigo seguía de pé diante do tribunal militar, agardando algún trámite burocrático, quizais botar unha firma ou darse por informado do que lle acababan de comunicar. Aquel día, sen embargo, despois de ler o artigo no que se aludía a Dostoievski, Antonio Salgado París recuperou dentro dela o rostro alegre dos anos anteriores, cando paseaban en pandilla polas rúas da parte vella da cidade ou cando ían todos xuntos, os compañeiros de curso, a bañarse no río nos veráns, ou cando no mes de xuño, durante as festas de Corpus, acudían polas noites ás verbenas do Posío."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 98-99.

lunes, 2 de mayo de 2016

O lengoreta

"Nos últimos tempos saíra nos ecos de sociedade cando a súa xovencísima filla fora elixida Miss Ourense, polas festas do Corpus.

  O paseo en coche non deu máis de si. Pasada a Ponte Vella e rebasada a estatua de Concepción Arenal, furguei nos oídos para comprobar as existencias de cera. Lamentei a falta duns tapóns de algodón.

  O lengoreta ladraba polo tubo telefónico e convidoume a sentar."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.40

sábado, 27 de diciembre de 2014

A boa xentiña

"Daquela o gobernador de A. era un conde vellouqueiro e bandullón, arrumbado na Corte (na corte, como decía o Mosquera), sin cartos, sin profesión, coa cabeleira e as longas barbas brancas de "comendador que me pierdes" que lle daba un aquel de importancia teatral. A pouco de chegar, xa a boa xentiña de A., que tería de todo menos de parva, o marcara por tolainas solene e mómaro de procesión do Corpus, con ise fondo perigoso de medo encoberto e de inagardada agresividade a que son tan afeitos os idiotas cando acadan poder."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 245, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

domingo, 7 de septiembre de 2014

Ninguén

"e puden erguer a tranca, tan entalada, e saír á rúa do Tecelán, decote cheia de xente a tales horas e non se vía ninguén,
  ninguén; pro nos balcóns e nas fiestras e nas xaneliñas dos faiados, asomaban, calados e mestas, os restos da xente como pra a procesión do Corpus."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 154, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

sábado, 30 de agosto de 2014

Tralalalalá

"a millor era Doloriñas, que non se deixaba monear Lola porque lle somellaba nome de cómica forasteira, anque cantaba, bailaba a imitanza das que viñan ao café da Unión polo Corpus:
Tengo aquí dos panderetas -que me traje de Londón,
si dejo que usted las toque -se le rompe el corazón...
Si quiere tocarlas -yo le dejaré
pero con cuidado -no se muera usted
pues mis panderetas -son de modo tal
que sólo tocarlas -tralalalalá."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 122, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

jueves, 19 de junio de 2014

O sol encirrante

"I o sol encirrante, avisando, chamando, acenando que o Corpus brincou do ostentoiro, fuxiu do sagrario i anda polas rúas reloucante, no brilo dos ollos, no súpeto vivir da xente, nas azas das anduriñas, que pasan a rentes como ramos fuxidíos, guirlandas coalladas un ponto no susto das bombas de palenque.

  Cando non puiden aturar máis e me botei á rúa, as campás da catedral, enriba do meu tellado, despenánbase a cachón, derrubábanse polos ancos da torre, todas xuntas, mestas, arreguizando o ar, tremándome nos dentes, enchéndome o peito (nunca se ouvía eisí) coa burbulla crecente do anceio, do gozo.

  Bote a andar, coa ledicia de non ire a ningures, porque somentes saír á doce aperta das rúas, faiscantes, ateigadas, anovadas, era xa chegar."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O estreno", páx.80

miércoles, 18 de junio de 2014

No celeste vagantío

"Tivo que ser no día do Corpus; unha mañá do día de Corpus, nas que se campa coa roupa nova i as almas da xente moza se estrenan tamén por algún canto aínda non encetado.

 Son -eran- mañás en que o ceio chega a Auria difrente de todos os ceios do ano; nas que o ceio i a vila, na boca do vrau, casan nun confiado intre que non se voltará a repetir en todos os ceios do ano por ledos que veñan.

 Non se sabe ben si é o ceio o que peneira encol da vila o escintileo lizgairo que anova o corazón, ou si a terra i a xente trocan a condición do ceio nun relanzo breve de espranza misteriosa, de agardada solpresa.

 Foi aquela mañá do ceio dourado, ceibe, arrecendente a frores, a pólvora, a viño; navegando por vagaxeiras nubes que se fan e desfán: gasas, fumos, lenes, ronseles preguiceiros, adornos ociosos da festa, brinquedos no celeste vagantío."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O estreno", páx.79

viernes, 30 de mayo de 2014

Por si me viña a tentación

"Na víspora chegaran nosos parentes de Castrelo, os primos Resende, coa súa filla. Decote viñan a pasar o Corpus con nós e traguíannos viño tostado, licor café e boas lambetadas que facía a prima Dosinda. Ó me espertar, xa comenzara o rebumbio que se forma nas casas cando hai forasteiros.
  
  Eu estaba quedo e non me quería erguer por si me viña a tentación."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Primeira Comunión", páx.52

jueves, 29 de mayo de 2014

Ás primeiras badaladas

"Conque chegou a mañá de Corpus. Espertei coa prima da Catedral, que tocaba de seis a sete, sin parar, enriba do noso tellado. Coasi nunca a sentía pro aquela vece espertoume ás primeiras badaladas."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Primeira Comunión", páx.51

martes, 6 de mayo de 2014

Un obrigado de cornetín


“Un día, nas festas do Corpus, atináronlle cun cantazo ó Collombao no istrumento, cando estaba a botar un obrigado de cornetín no concerto da banda (con todo o quiosco arrodeado de pasmós) que din que os botaba moi ben.”

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "A arrasadeira", páx. 19

miércoles, 12 de febrero de 2014

Grandes fuegos artificiales

"Paseábamos por la Alameda del Concejo. En los jardinillos y en los paseos centrales bullía y bailaba el populacho esperando los grandes fuegos artificiales de las vísperas del Corpus. Los árboles estaban moteados de farolillos multicolores y la brisa llevaba a lo lejos los globos de papel de seda. Por entre las copas de los grandes plátanos vestidos de junio veíamos estallar los ramilletes de la cohetería.

- (...) Claro está, tú metido en este recinto de piedra, o en este paisaje disolvente, no te queda otra evasión que caerte hacia algo, vivir en otro, ser en otro...

  (...) Nuestro paseo se había ido prolongando hasta el monte del Couto. Veíamos, de arriba a abajo, el folión, como en una perspectiva impresionista, revelado por las pinceladas de las luces y de los fuegos artificiales, al otro lado del río. Amadeo se quedó callado y triste.

-(...) Me ahogo aquí, contigo. Quiero meterme en el folión; bailar la polka con las criadas, sentir su olor y beber vino en las tabernas con los aldeanos.

(...) Al llegar de nuevo a la Alameda, no quiso entrar al paseo y me despidió con un adiós seco, sin darme la mano. Yo me fui a ver los fuegos artificiales y no bailé la polka con las criadas porque me acordé de mi luto reciente, no porque me faltasen las ganas. Pero, en cambio, bebí vino en las tabernas, confundido con los paisanos romeros. Bebí tanto, que, por vez primera en muchos meses, sentí que la vida era grata y el mundo no tan difícil."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.397-402

jueves, 19 de diciembre de 2013

La procesión del Corpus

"Nos asomamos a todas las bocacalles que nos fue posible, durante un par de horas, para poder ver pasar íntegra la grandiosa procesión media docena de veces. Las rúas hallábanse alfombradas de hinojo en todo el trayecto. Todos los balcones y ventanas lucían hermosos reposteros, colchas de ricos géneros o colgaduras con la bandera nacional. Tanto esplendor justificaba nuestras carreras, en las que terminé por perder la cadencia de mi paso. El principal altar de los varios que había en el trayecto, en que se entronizaba momentáneamente al Santísimo, para cantarle los motetes, estaba en la plaza de los Cueros, frente a la casa de las Fuchicas y allá nos encaramamos, a su alto alero, para poder abarcarlo todo en una visión de conjunto."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.135