Mostrando entradas con la etiqueta alongos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alongos. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de octubre de 2020

Un chisco

 "Tiña que durmir un chisco. Ao mediodía o sol queimaba como nunca -no Parque do Barbaña cruceime con varios paisanos que armaran un sombreiro para a cabeza coa reportaxe de Porter- e seguía cheirando ao chamusco. Seica estaba ardendo outra carballeira preto de Alongos, mais non me deu tempo a diagnosticar quen era o causante de prenderlle lume a media provincia.."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 132.

miércoles, 5 de agosto de 2020

Un día anubado e gris

 "A Porter gustáballe almorzar todos os días no Ferradas, pasando as casas baratas de Ervedelo, mentres lía devagar a folla parroquial e comentaba a actualidade informativa. Daba un tertuliano exquisito, pero prefería dedicarse a ser a estrela máis relucente de Información Directa, o semanario de sucesos que anos atrás rebentara as vendas dos quioscos de toda a provincia. Eu acompañábao cando conseguía madrugar, é dicir, con encomiables esforzos. Víñasenos enriba un día anubado e gris chumbo que anunciaba un tremendo bochorno. Cheiraba a queimado por toda a cidade. Ardía seguido en Bentraces, Alongos e pasando Gustei."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 39-40. 

lunes, 31 de diciembre de 2018

Juan Antonio Saco e Arce I


Juan Saco Maureso. "Don Juan Antonio Saco y Arce. Vida y Obras". En Gramática Gallega por D. Juan A. Saco y Arce. (Presbítero. Catedrático en el Instituto de 2ª Enseñanza de Orense). 2ª edición. Gráficas Tanco. Orense (José Antonio-20), 1967.


Casa do Saco. Outeiro-Alongos (Toén). Lugar de nacemento de Juan A. Saco e Arce

viernes, 5 de enero de 2018

Aquela risa de axóuxere

"En vez de rir, buscou a continuidade da conversa, centrándose agora en aspectos concretos e en detalles prácticos, fáciles de contestar, e soubo que Mariana e el se vían todas as semanas, a non ser que por algunha razón el non puidese viaxar ata a casa familiar dela, alá no Miño. Chegaban os venres pola noitiña ata as proximidades de Alongos, onde o agardaba un criado cun cabalo para percorrer a legua e media de costa que había que subir desde a vila. (...)
 
  Despois de vestirse, asomábase ó balcón que daba á horta e permanecía alí, contemplando o Pico do Mediodía, con aquela pedra redonda en forma de sombreiro situada no cumio, e non se movía do sitio ata que escoitaba o saúdo alegre de Mariana na cociña, aquela risa de axóuxere que se estendía como o repique dunha campaíña de prata pola casa adiante."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 62-63.

viernes, 15 de abril de 2016

Que me avolveran o estómago

"Era un farol, pero cando as cartas non dan hai que meterlle a falta envido. Cheguei mareado a Alongos, con pouca ansia de anguías, despois das revoltas de Reza que me avolveran o estómago. Apoiado na moza, subín á terraza do merendeiro e alí, petiscando uns pementos de Seixalvo, atopei a un Tostao con olleiras e pinta de non ter pegado ollo en varios días."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.27

jueves, 14 de abril de 2016

O morrión

"En fin, busca na guía o teléfono de Rivas Caridad R. e chama de parte dun amigo que quere falar dos negocios de Luanda. A colleita de café angolano comeuna toda o morrión, dille así, e que está convidado a unhas anguías no merendeiro de Alongos. Vas ter que conducir de novo, miña prenda, e ben que cho sinto polo meu Dauphine."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.27

miércoles, 4 de marzo de 2015

Calisquera charanga dos arredores

"Os que máis lle gostaban á xente eran o feixiño de espigas arrodeado da fouce e da eixada, e o ramallo de pampos e follas de vide da "Asociación de Labradores de la Arnoya";  e tamén a escuadra, a plomada e a llana, garnidas en prata, do gremio de albañiles (...)

 Cando estaban os liberais no goberno desfilaban tamén o grorioso Orfeón de A. co seu estandarte coberto de fitas, bandas e coroas de loureiros de ricos metais, gañados nos concursos da rexión e da Nación;

 mais estando os conservadores non se atrevían por medo de que lle chimpasen as subvecións da Diputación e do Aiutamento, que xa se tiña dado o caso na remuda dos partidos no poder.

 Moi cedo aledábanse as rúas coa afinada banda "La, Lira", de Ribadavia, botando pasacalles, marsellesas, "internacionales"; (...)

 Algunhas veces a banda de Alongos, que era a millor no estrondo dos "pasacalles", non se estrevía a vir nin cando estaban no poder os liberais (...) e habíase que conformar con calisquera charanga dos arredores, coasi sempre a de Punxín, que eran sete facendo nove, que o bombo e os platillos tocábaos un só."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 295-296, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

jueves, 7 de agosto de 2014

Facía máis de mil anos

"Con todo e ser moito cen adibales, e ire a auga por alí tan escura, dispaciosa e mesta, atal o aceite, non era tan fonda i escura como, augas abaixo, no Pozo Maimón, pola banda de Alongos; contáramo o primo Quintín, bo ebanista, moi agarimoso e falangueiro, que o contaba moi ledamente, e sabía moitos, que guindaran no pozo a un señor bispo de A., facía máis de mil anos;"

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 79, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

sábado, 4 de enero de 2014

La espada de Alongos

"En tales ocasiones, los diálogos eran edificantes y elevadísimos, aunque, de vez en cuando, se colasen otros motivos que los conducían hacia la pasión y el moderado enojo, como eran ciertos puntos de la política nacional o la tesis de si la espada que tenía, en su pazo de Alongos, el señor de las Cabadiñas, representaba un gótico harto primario o un románico muy tardío, pues todos desechaban la teoría visigótica de Vicente Alcor..."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.225