Mostrando entradas con la etiqueta esmorga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esmorga. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de diciembre de 2020

A Esmorga en xaponés


 Capa da ficticia edición xaponesa de "A Esmorga" de Blanco Amor, deseñada e publicada en Instagram por "Kalvinger".

viernes, 2 de diciembre de 2016

Unha indecorosa parafernalia

"O seu, despois de dúas noites de marxinación, foi un alarde de impostura, unha indecorosa parafernalia. Honras e fastos para quen deostaron en vida. Non todos, pero canta impostura! Dáme por pensar en que talvez cargaron co seu cadáver os que non ousarían pasear do seu brazo cando vivo. Talvez porque el tampouco ousou pasear do brazo dun amante.

  Pasaron, como pasa o tempo, trinta e cinco anos daquela perda. Hoxe somos máis as persoas que aceptamos e valoramos A esmorga como un vento chileno que se confundiu cos bafos das Burgas para darlle un magnífico pulo á literatura galega, e ao seu autor."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.146-147

(Neste 2016, xa pasaron trinta e sete anos daquela perda.)

lunes, 27 de junio de 2016

Una relectura: La Parranda

Escrito por  Juan Pizarro. en el FaroDigital.es 
7/9/2014 

Orensano  de 1897, Eduardo Blanco Amor es uno de los más conspicuos narradores de las literaturas gallega y castellana del pasado siglo; y, concretamente, La parranda, la obra que me dispongo a comentar, según Anxo Tarrío Varela, “uno de los textos narrativos  más interesantes de la literatura europea”.
Publicada originalmente en gallego, en Buenos Aires,  en 1959 (A esmorga), la novela fue traducida al castellano por su autor tres años después: Tarrío, en su Literatura gallega, afirma que esta autoversión fue llevada a cabo “en condiciones de premura económica”, lo que, según el crítico, hizo que en ella no se vertieran cabalmente las virtudes del original. Algo que nosotros –aunque el texto castellano nos parezca literariamente inmejorable-, desconocedores del texto primigenio, no podemos confirmar.

viernes, 3 de abril de 2015

Incluído o San Luns

"En A esmorga, obra escrita en Buenos Aires ao regreso de Chile, xerada en Chile, de onde saen uns esmorgantes que se emborrachan tres días, incluído o San Luns, e unha boneca de tamaño natural, Sara Braun, é nova no panorama literario e coincide coa Nova Narrativa Galega, integrada por xente moi nova. El xa rousa os sesenta anos cando a escribe, pero utiliza a técnia telefónica e outras moitas innovacións literarias propias do momento."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.143

miércoles, 1 de abril de 2015

Metía medo aquel home escuálido

"Aurelio Andrada saíu galopando pola porta do pazo como outrora. Puña a voar a crina de Lusco e a súa cola ondeante. Un aire de amencer dáballe no rostro, era quen de saltar valados e penedos con furia. Furia, frenesí que estrañamente diminuían o odio, ao chegar ao barrio vello, ás rúas percorridas polos esmorgantes.

 Ao velo, foron pechando todos os garitos, os prostíbulos e as tabernas. Metía medo aquel home escuálido, coas barbas enxameadas en sangue, e os ollos acesos de desesperación. Os cascos de Lusco resoaban nas vellas pedras ourensás como disparos, anuncios asasinos, presaxios de mortes. E a lúa escondíase, a xeada caía e a fera non durmía.

 Non era nos garitos da cidade onde os ía atopar."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.138

martes, 31 de marzo de 2015

A fermosa boneca

"E dándolle un tremendo couce á cadeira, guindou
coa dona no chau, que alí quedou do mesmo xeito que
estaba sentada, cos ollos estantíos brilando co luar.
Logo de dare dúas pasadas aínda voltou, cheio de carraxe,
 i afundiu o tacón dúas ou tres veces na cara da boneca
que quedou feita un buraco, mouro e témero,
coma unha calivera escachada."

"Así remata en A esmorga a fermosa boneca, reprodución de Sara Braun, feita en China, encargada por José Nogueira para agasallar a súa dona no seu trinta e sete anversario. A tise levou a José Nogueira antes de poderlle entregar o agasallo el mesmo. Sara conservaba, o que pretendía ser a súa reprodución, na súa mansión de Punta Arenas como un tesouro. Das súas mans pasou ás de Aurelio Andrada como mostra do grande amor que lle profesaba e lle negaba por imperativos familiares. Andrada tróuxoa para Ourense, e vivía só para contemplar a súa amada, Sara, nos momentos lúcidos que lle consentía o opio."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.135

lunes, 30 de marzo de 2015

Siútico

"Unha palabra chilena chama a atención do escritor: siútico, a persoa auto vixiante, pendente de si, ensimesmada. Unha tendencia do neno ourensán da Catedral, do Blancaflor asustado polo sexo ou do siútico Cibrán de A esmorga."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx. 126

lunes, 23 de marzo de 2015

A boneca de Blanco Amor


"Chega a Chile Aurelio de Andrada no ano 1892. Non vai escribir ningún libro, pero será fundamental na creación dunha importante novela galega: A esmorga."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx. 72

viernes, 21 de noviembre de 2014

A Esmorga: Transposicións

A.) Texto orixinal: A Esmorga, abril de 1959, novela en lingua galega de Eduardo Blanco-Amor. Publicada na editorial Citania, Bos Aires.

B.) Novela autotraducida ao castelán: La Parranda, setembro de 1960, de Eduardo Blanco-Amor. Publicada pola Compañía General Fabril Editora, Bos Aires.


A partir de A) e B) virán todas as transposicións seguintes:

1.) Parranda, película estreada o 17 de marzo de 1977 no cine Bulevar de Madrid, de Lotus Films, dirixida por Gonzalo Suárez, figurando como guionistas: Gonzalo Suárez e Eduardo Blanco-Amor.


   Esta transposición fílmica parte de dúas transposicións anteriores, en forma de guións cinematográficos:

  1.1.) La Parranda / La Esmorga, guión cinematográfico de Eduardo Blanco-Amor, no seu orixinal mecanográfado aparecen dúas datas: na primeira páxina, baixo o título pon: Ourense, 1971; e no final: 4 de agosto de 1967, 11:45h (Publicado no ano 1994 polo Centro Galego de Artes da Imaxe-Xunta de Galicia co título La Parranda e outros guións inéditos.


  1.2.) Parranda, guión cinematográfico de Gonzalo Suárez, no que se baseara a película, que parte do guión  de Blanco-Amor, ao que lle engade elementos inspirados nos relatos de Guy de Maupassant: "Une ruse" e "La question du latin".

(Parece ter existido outro guión do director de cine ourensán Eloy Lozano que antes de que se venderan os dereitos a Lotus Film estaba coa idea de rodar o filme)

2.) A Esmorga, representación teatral da compañía ourensana "Sarabela Teatro", dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda, estreada o 10 de febreiro de 1996; reposta novamente en 2009, co estreno no Auditorio de Ourense 0 18 de setembro; a partir da:
1996
2009

   2.1.) Adaptación teatral de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro.

3.) A Esmorga, película, en galego,  estreada o 15 de novembro de 2014 no Auditorio de Ourense, e nos cines de toda Galicia o venres 21 de novembro, de Vía Láctea Films, dirixida por Ignacio Vilar, a partir do:


  3.1) Guión cinematográfico de  Ignacio Vilar e Carlos Asorey.

sábado, 15 de noviembre de 2014

A Esmorga Filme

"A Esmorga", película de Ignacio Vilar, estreouse o 15 de novembro de 2014 na sala principal do Auditorio de Ourense na gala inaugural da decimonovena edición do Festival Internacional de Ourense ás 20:30 horas. O Cibrán, o Bocas e o Milhomes, xunto ao resto do universo literario da mítica novela, achegáronse de novo ás rúas de Auria, onde naceron. Esta vez en pantalla grande. E ben preto de onde descansa o seu creador, Blanco-Amor, que de seguro andivo un chisco entre as butacas.




                                                       
     Web oficial da película


domingo, 4 de mayo de 2014

Derrota na casa da Nonó


Cos húmidos zapatos fixen noite en Ourense
nun cuarto temperado, previsora hospedaxe,
onde os meus pés doridos descansaron da viaxe
inda máis fatigosa que unha marcha castrense.

Debilitado e triste no poboamento auriense
espelín de contado con fregas de boa praxe
que me fixo unha ninfa desapegando a friaxe
como xa se acredita na cultura ateniense.

Con esas habelencias descritas pola historia
fixo que me esquecese do teu corpo albo espido
transitando os perigos dun soño corrompido,

desarmado na perda, derrota provisoria.
Perder unha batalla non é perder a guerra,
mirarei con detalle cada anaco da terra.

Miro Villar, Ausencias pretéritas, Espiral Maior, A Coruña, 1992
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 102)

sábado, 1 de febrero de 2014

O Pazo de Tor

O Pazo de Tor (Monforte de Lemos-Lugo) convertirase na casa dos Andrada na película de A Esmorga, que comeza a rodarse neste mes de febreiro.



Información sobre o Pazo de Tor
Artigo no Progreso

Trío de actores

Os actores galegos Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris", e o vasco Karra Elejalde son os elexidos para dar vida, no cine, aos tres aurienses máis importante.

Durán, Fernández, Vilar, Elejalde, De Lira y Castro, en la Plaza Mayor. (Foto: MARCOS ATRIO) La Región

Miguel de Lira, como Cibrán

Karra Elejalde, como O Bocas

Morris, como Milhomes


Presentación dos actores-La Región

viernes, 29 de noviembre de 2013

Socorrito, a tola



“Pro cando tiñamos pasado a Ponte Maor...” páx.91

“Ó pasar de novo polo cumio da Ponte Maor, veume ós miolos un pronto de “pensamento”, tan súpeto e fero, que a pouco pego un brinco polo petril pra tirarme ó río.” Páx.92

“Ó chegar á outra banda da Ponte, o Milhomes trouxo da taberna do Sancristán, que xa estaba a porparar pra a feira do día sete, que é alí pertiño, que xa axiña escomenzarían de chegar os feirantes, dúas boas botellas de augardente, que boa falla nos facían pra non esmorecer.” páx.92

“Iamos por uns carreiros apartados que se entraban polo meio das viñas das aforas...” páx.95

“A teima que levara durante todo o día, e aínda máis forte desque viñera a noite, era de tere que estar con muller, de iso non o podiamos apartare” páx.96

“De sócato Xan...meteuse a caminar por unha verea que atravesaba a finca do Abade das Vellas... Foi diste modo como chegamos ó Campo das Bestas que vén sere, coma vosté me enseña, o logar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá.” páx.97 

“No meio do campo o terreo vén a formare un illó ou lagoíña, bastante fonda, que aló fan as augas chovedizas... Agora estaba xeada entre as moreas do esterco e brilaba coma un espello embazado, polo gallo da lúa, que xa cuase desaparecera tras o monte de Santa Ladaíña pro que aínda lle apañaba un retrinco.” páx.98 

“Nun alpendre que aló hai, un pouco alonxado da beira do campo do cisco, e meio tapado por uns bidueiros novos, vivía Socorrito, a tola...” páx.98

“O ceio estaba limpo e caía a rabiar a xiada. Do terreo erguíase unha fumaza ou brétema que quedaba a pouco altor i escomenzábanse a vere, polos cumios do Montalegre, as luzadas, aínda moi borrallentas, do mencer.” páx.101 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Fuxindo de novo



“...pois voltamos pra a cibdade. Subimos pola carreteira de Trives e metímonos pola Travesía sen atopar a ninguén...” páx.78
 Rúa do Paseo, antiga Travesía.

“Conque ó chegar perto da Praza Maor, oíronse as tres da mañá, no reló da Catredal.  Cando pasamos pola Lameda aínda se vía o relustro do lume do pazo, que me desacougou moito velo, pois xa se me tivera esquecido.” páx.78

“E diste modo metímonos no calexón da Burga” páx.80

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

lunes, 25 de noviembre de 2013

O mesón do Roxo



“-Non señor, non; cando se armou a zarrazina no mesón do Roxo, nós xa sairamos” páx.77

“Se queredes imos ó mesón do Roxo, que coma todos os que van alí son xente de avería i o que máis i o que menos... A máis diso son coasi todos forasteiros, coma sabedes. Hoxe ten que habere moito xentío pois é víspora da feira do sete i ármase alí decote unha chirlata de arrieiros e tratantes que dura toda a noite... Se gañamos ímonos no tren das cinco pra Monforte uns días até que pase isa encalsamada, que noutras piores me teño visto e total sempre é máis o bruído que as noces” páx.70

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

domingo, 24 de noviembre de 2013

Fuxindo da casa da Nonó



“Saímos alandillando porque xa o Fermín e o Sardina se nos viñan enriba. Ó chegar o calexón da Pena Vixía, o Bocas ordeou: -Temos que nos asoparar. Dentro dun istantiño, xuntámonos na casa da Nonó. Entrade sen petar, pola porta da Santísima Trinidade, pola parte de atrás, que vai dare á cociña...” páx.62 

“Nós botamos pra forra pola porta de atrás e saímos todos tres a eito, coma chuspidos... Detrás de nós, oíanse os brados da xiganta enchendo toda a praza da Santisma Trinidade: -¡Ladrós, criminales, golfos.. ¡Botádelle a mau a ises...!.!” páx.69
 
“Cando paramos de correr, aló pola praza do Correxidor, ouvíronse no reló da catedral as badaladas de meia noite.” páx. 69

“Tiramos pra arriba con intención de meternos na casa do Milhomes, que vivía na rúa de Crebacús.” páx.69
 
“Botamos a andar baixando pola rúa dos Fornos” páx.71

“Dende o gonzo dunha porta, onde nos meteramos pra deixar paso a uns que cruzaban  pola rúa da Estrela” páx.71

“Cando voltaron a entrar, apretamos o paso e metímonos pola rúa do Tecelán” páx.71
  Rúa de San Francisco (antiga Tecelán).

“E sen sabere como, atopámonos na rúa do Istituto...i ó chegar frente ó adral da eirexa de Santa Eufemia, vimos que estaba aberta e metímonos nela como ratos...” páx.73
Atopamos a Igrexa de Santa Eufemia na rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal).

“E logo fumos a dare á Fonte do Rei onde mexamos na pía, con licencia de vostede” páx.75

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.