Mostrando entradas con la etiqueta praza constitución. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta praza constitución. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de noviembre de 2014

Segundo centenario do nacemento

"Como representante de La Ilustración española y americana, Federico Guisasola asistiu aos actos en conmemoración do segundo centenario do nacemento do Padre Feijóo, tomando apuntes ao natural que posteriormente trasladaría ao gravado. Destes debuxos publicouse na revista o 30 de outubro (de 1876) este mosaico de imaxes que sintetizaba as funcións organizadas durante eses días. Anteriormente apareceran tamén o retrato do Padre Feijóo e o gravado no que se reproducía a casa de Casdemiro.

miércoles, 30 de julio de 2014

Esvaíndo as voces

"Íanse esvaíndo as voces. Ao lonxe ouvíase algunha gargallada. Ao chegar á Praza da Constitución, uns subiron pra a Fonte Nova, os máis baixaron pra a Barreira, outros seguiron pra a Ferreiría ou pra a Porta da Aira, ou pra os arrabaldos de casas de pallabarros onde vivían os máis dos traballadores."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 71, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).