Mostrando entradas con la etiqueta rúa esperanza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rúa esperanza. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de noviembre de 2014

Unha nova praza

"A colocación da estatua significará a renovación urbana dunha das máis antigas entradas da cidade. Logo dos actos de colocación da primeira pedra do futuro monumento dedicado ao Padre Feijóo o Concello acordou a remodelación da denominada Praza de Isabel a Católica. Ademáis da razón primixenia existían outras de carácter simbólico que fundamentaban a actuación. Era un espazo situado entre o pazo do gobernador e Deputación Provincial, ó carón doutro edificio representativo da cidade como é o Seminario e Instituto no nacemento dunha nova rúa, a futura (ou actual) rúa do Paseo, na que o Concello está pondo os seus esforzos.

A corporación encoméndalle a formación dunha nova praza ao mestre de obras Emilio Meruéndano, quen en 7 de decembro dese ano presenta a memoria dos traballos cos seus obxectivos. Trátase de regularizar a praza, pechar cun muro a horta do Seminario e respectar as servidumes dos edificios que existían entón. O proxecto contemplaba a construcción dun xardín elíptico, circunvalado por un paseo -camiño de sete metros de ancho. Para conseguir un bo resultado debía buscarse un plano horizontal por medio do rebaixe do terreo na zona da rúa do Instituto e o terraplenado na zona de maior desnivel que era a de contacto coa denominada rúa de Esperanza.