Mostrando entradas con la etiqueta feira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feira. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de diciembre de 2018

Cacéi unha lavandeira

"Fue la única vez que lo oyeron blasfemar. (La injusta compensación no llegó hasta dos días después, con una pulpada sensacional, en la que Casinó, ya como si nada hubiese pasado, despachó para sus insaciables adentros un caldero íntegro de pulpo en la Feria del Veintiuno).

  (...) Durante una larga temporada frecuentaron una tasca de las afueras, en el Campo de Mende, a orillas del Loña. La patrona había traído de una aldea en la raya de Portugal a una sobrina quinceañera que les llevaba los ojos a todos. La chiquilla era de una gracia y belleza poco comunes.

   (...) Por esta su lavanderil inclinación, solían cantarle una copla popular que le venía como anillo al dedo:

Paséi a Ponte da Loña,
paseina dunha carreira,
tireille un tiro a unha levre,
cacéi unha lavandeira."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.88-90-92

viernes, 27 de febrero de 2015

Na feira do sete

"Os domingos nunca deixaban xantar soios na casa, que eran os días máis tristes. Os compañeiros levábannos a xantar con iles o que tivesen. Ás veces íamos de merenda ao pé do río, a comer empanada, e si as datas caían ben, en domingos ou día de festa, íamos a comer o pulpo na feira do sete ou na do vinteún, que somentes esisí podíamos levar aquela rexa mágoa do arredamento  dos meus pais. Si eran días de chuvia viña o Mosquera coa muller, a boa Armida, e os dous nenos, e facían a comida e quedábanse até a noite lavando a roupa e axudando a fregar a casa."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 288, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

viernes, 18 de julio de 2014

Un tenderete de estampas e rosarios

“cochero de avinza nalgunhas casas que non o tiñan de seu ou pra viaxes ventrureiros nos de aluguer da empresa do Mangana (...)

  O cuio Potras herdara do seu pai un tenderete de estampas e rosarios no paredón do patín da Catedral que dá pola Fonte Nova, e que daquela o tiña alugado porque non lle gorentaba o trato, e despois fíxose cárrego dil a señora Andrea, polas mañáns que era cando viñan maiormente os badocos, e mais os días da feira do 7 e do 21”
          
 Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 59, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

viernes, 16 de mayo de 2014

As botinas do comercio

"Eles levaban morceguís, como os dos paisanos, deses que se mercan na feira do 7, untados de grasa, ou zocos cando chovía, que, tal como decían, mantiñan os pés quentes como roxós. En troques a min as botinas do comercio, decote furadas no meio da sola, collíanme auga no tempo das chuvias, que era coasi todo o inverno, tendo que ire dende a miña casa, na rúa dos Fornos, até a escola de balde que era no Posío, tapado con pariaugas de muller, o da miña nai, xa moi vello, que se daba volta co vento, aínda que fose pouco, e facía rir a todos.

  (...) Tamén teño que decir que a señora Fermina non sabía ler nin escribir, pro levaba moi ben as contas, moi polo miúdo, nuns coadernillos, dos da letra inglesa, que me mandaba mercar na librería do Resvié."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O noxo", páx. 29

viernes, 29 de noviembre de 2013

Socorrito, a tola



“Pro cando tiñamos pasado a Ponte Maor...” páx.91

“Ó pasar de novo polo cumio da Ponte Maor, veume ós miolos un pronto de “pensamento”, tan súpeto e fero, que a pouco pego un brinco polo petril pra tirarme ó río.” Páx.92

“Ó chegar á outra banda da Ponte, o Milhomes trouxo da taberna do Sancristán, que xa estaba a porparar pra a feira do día sete, que é alí pertiño, que xa axiña escomenzarían de chegar os feirantes, dúas boas botellas de augardente, que boa falla nos facían pra non esmorecer.” páx.92

“Iamos por uns carreiros apartados que se entraban polo meio das viñas das aforas...” páx.95

“A teima que levara durante todo o día, e aínda máis forte desque viñera a noite, era de tere que estar con muller, de iso non o podiamos apartare” páx.96

“De sócato Xan...meteuse a caminar por unha verea que atravesaba a finca do Abade das Vellas... Foi diste modo como chegamos ó Campo das Bestas que vén sere, coma vosté me enseña, o logar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá.” páx.97 

“No meio do campo o terreo vén a formare un illó ou lagoíña, bastante fonda, que aló fan as augas chovedizas... Agora estaba xeada entre as moreas do esterco e brilaba coma un espello embazado, polo gallo da lúa, que xa cuase desaparecera tras o monte de Santa Ladaíña pro que aínda lle apañaba un retrinco.” páx.98 

“Nun alpendre que aló hai, un pouco alonxado da beira do campo do cisco, e meio tapado por uns bidueiros novos, vivía Socorrito, a tola...” páx.98

“O ceio estaba limpo e caía a rabiar a xiada. Do terreo erguíase unha fumaza ou brétema que quedaba a pouco altor i escomenzábanse a vere, polos cumios do Montalegre, as luzadas, aínda moi borrallentas, do mencer.” páx.101 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.