Mostrando entradas con la etiqueta correxidor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta correxidor. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de noviembre de 2020

Comediantes noitébregos

 "A finais de agosto, brillaba o sol da mañá sen que as luzadas puidesen manter a transparencia dos primeiros días do verán. Alcancei a Praza do Correxedor enfiando antes a rúa Pizarro, triste e demasiado diúrna sen o rexoubar dos comediantes noitébregos, amigos do ritmo merengado, cegados polo garrafón e o escintilar de altares cheos de pesetas dispostas a tropezar dúas veces co mesmo isco. Cheguei ao Auriense e atopeime co que me agardaba. Porter cunha botella."

Diego Ameixeiras, O cidadán do mes.  Ed. Xerais, 2006. Páx. 187.

miércoles, 22 de julio de 2020

Comendo teito

"Na Praza do Correxedor volveu tentarme.

-Teño unha gramada no coche. Imos alegrar o nariz.

-Non. Estoume quitando, xa o sabes -dixen con displicencia afastándome polas escaleiras que desembocan na Praza das Flores-. Non quero pasar toda a noite na casa comendo teito."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 25.

lunes, 20 de julio de 2020

Unha miñoca furiosa

"Abrín as fiestras e pareceume notar o cheiro á terra mollada que deixan as treboadas de verán, mais só foi un espellismo. Era unha desas noites en que a calor parece unha miñoca furiosa que se che enreda entre as pernas.

A Praza do Correxedor sufría un relativo rebumbio de xente que laretaba a media voz nas terrazas, Porter era o único nativo da cidade que paraba na barra do Auriense de luns a domingo sen soltar o vaso, sempre regalando conversa de alta voltaxe conceptual. Porter era un apóstolo do exceso, un home pegado a un tabique, un tipo de almax tomar. En  definitiva: Porter era o fígado máis traballado de todo o barrio do Couto."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 21-22.

lunes, 10 de octubre de 2016

As freiras do Carmelo

"A seguinte visita foi para as hermanas, na Praza do Correxidor. As Carmelitas tiñan fama entre os colexios de pago femininos. A oferta era ampla, Josefinas, Franciscanas... pero as palmas nas facturas levábana as freiras do Carmelo. Despois de fumar varios pitos na porta da entrada, veume buscar unha monxa nova. (...)

  -Acabo de falar con dúas compañeiras dela. Quedei pampa escoitando as diversións a que se entregan os fins de semana. Pasan horas nos parques con cuadrillas de golfos e permanecen ata deshora nas discotecas tentando o demo.

  -To, to, to. Iso é grave. De aí a montar en bicicleta hai un paso."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.123-124

jueves, 19 de noviembre de 2015

O silencio

"Deixeille propina ao camareiro, que esta vez non era o fulano que non se parecía ao poeta Roi Maceira, e nin mo agradeceu. Ao saír incomodoume moito o silencio da Praza do Correxidor, pero resultoume idóneo para coller aire, acender un cigarro e marcar o número de Marina. Necesitaba vela dunha vez por todas e aclarar o acontecido a noite antes de que Noriega me amargara o descanso dominical."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.91-92

martes, 17 de noviembre de 2015

Na mesma mesa, ou en calquera

"Subín da Praza das Flores á do Correxidor. O Tytadine era un discreto fervedoiro de xente. Sentei na única mesa baleira e pedín un whisky. Dúas rapazas botaban moedas nunha urna colocada enriba da barra, ao carón dunha fotografía do Nékora. O xesto servía para subvencionar parte das pompas fúnebres. (...) Decateime de que anos atrás estivera sentado nesa mesma mesa con Marina, ou en calquera, mantendo conversas que remataban sempe co penúltimo licor-café e o antepenúltimo canuto."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.91

martes, 3 de noviembre de 2015

Chincharrazos: química e certezas

"Supuxen que o Tytadine debía ser un rebumbio de xente. Había moitos anos que non entraba, concretamente dende que Marina lanzara a hipótese de que non eramos dous, senón tres, mais logrei sacar forzas para deixarme ver nun ambiente que agora sería demasiado hostil. Se todo ía como pensaba, antes de pedir cita no Delirios íanme sentar ben un par de chincharrazos de licor. (...) Na Praza do Correxedor, a estatua de Otero Pedrayo falaba para un auditorio fantasmal. As xélidas temperaturas impedían permanecer máis de cinco minutos á intemperie sen desexar  licores vigorosos. Non ocorría o mesmo as fins de semana, cando o patriarca amosaba os seus dotes de orador ante un público atordado polo garrafón, á procura de química e certezas."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.63-64

domingo, 26 de abril de 2015

Ôs lexítimos graxos






 Heraclio Pérez Placer, "O Xeneral", en Contos da terriña,  Biblioteca Gallega, Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1895, páx. 129.