Mostrando entradas con la etiqueta calvos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calvos. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de abril de 2019

1157

"Arrieiros de Calvos,
que paseades a estrada,
tende conta co´as cargas
n-o lugar de Fontecarda."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 159

martes, 13 de marzo de 2018

Cos cans nerviosos

"Conseguiron fuxir pola noite, cando detectaron a chegada das primeiras camionetas con gardas civís. Estes seguíronos durante máis de cinco horas, cos cans nerviosos detrás do rastro, ata que o perderon ó chegar cerca de Calvos de Randín. Hai quen pensa que deberon atravesar a fronteira e que se internaron na serra do Gerés, en terras de Portugal."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 175.

lunes, 15 de enero de 2018

De cor branca

"Aínda que non conseguiu o permiso, sábese que hai unhas semanas estivo na Forxa, falando coa muller de Celestino Cabezas e cun sobriño.  Desde entón corren rumores de que este último desapareceu, sen que se coñeza que sucedeu con el, opinando algúns que debeu ir ó monte en busca do tío para transmitirlle algún recado e asegurando outros que o rapaz saíu da casa co citado capitán e tres persoas máis, subiu canda eles nunha camioneta de cor branca e marcharon todos xuntos cara ós montes de Randín. (...) Respecto da muller de Celestino Cabezas, está claro que segue na Forxa, dedicada a coidar da terra e das casas, un extremo que resulta fácil de comprobar e que os mesmos veciños lle confirmaron ó gobernador civil en persoa."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 78.

sábado, 15 de julio de 2017

Terán de dar a alma esta tarde



“e o predicador bermello anunciou onte que o Ferreiro Novo e a súa muller e a súa filla terán de dar a alma esta tarde na praza da Leña, ao se botar os pechos da noite; e entón saíron veciños a cabalo, que din que El Rei de España anda facéndolle a guerra aos portugueses na raia seca das terras de Calvos de Randín, para lle implorar o perdón; (…) e o xastre de Grou é da idea de que o mellor que se pode facer polo Ferreiro é irlle cosendo o manto para que poda entrar na groria vestido de festa.”

Carlos Casares, “San Pedro Novo”, de  Os escuros soños de Clío, edicións do Cerne, Santiago, 1979, páx. 117-118.

martes, 1 de noviembre de 2016

Dous vagalumes

"Deixamos a Félix Rodríguez de la Fuente buscando aniñadas de aguia, e baixamos á rua en busca do catro latas de Noguerol. A parte de atrás cheiraba a adega, era onde carretaba os moios de viño de Zamora. Mal que ben, fungando e tusindo, a furgoneta subiunos ata Calvos. Cando apartamos cara a Santa Mariña, tentando estiven de apearme e alumear co chisqueiro. Os faros do catro latas non brillaban máis que dous vagalumes. Había luar e estrelas, pero a estrada corría pola aba da Serra da Boa, que espesaba as sombras.

  En Armeá atopamos unha soa casa coa luz acesas. A única que dispoñía de televisión. (...)

  Oira campás sobre a lenda do martirio, sabía que se trataba do Forno da Santa, e que un prefecto romano enfornara a Mariña, unha pastora de quince anos, por mandalo a paseo en lugar de concederlle os seus favores. (...)

  Alcanceino case á altura do Forno. Volveuse e tiroume a súa arma de rebolo. (...) De todos modos o soldado non se acazapaba alí. Nunha das paredes abríase a boca dunha especie de cripta."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.154-157