Mostrando entradas con la etiqueta soutelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta soutelo. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de junio de 2019

A colcha de farrapos vermellóns

“Mágoa que se me ocorrera venderlle a Xosé Edreira a colcha de farrapos vermellóns, azuis e verdes que levaban no costal de roupa que constituía todo o seu patrimonio, e que Xosé a conservara, pois hoxe sería un dato menos. Pero as urxencias traen con elas estes excesos e a presenza de Bárbara sempre me inducía a elas. Tería sido abondo con imaxinar a Bieita tecendo a manta de farrapos na vella tecedeira de madeira, mentres soñaba as aventuras que só durarían dende Soutelo Verde até o Corgo do Boi, mágoa, que parecía soñadora e amiga de mellora-la existencia allea tanto como a propia.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 59-60

miércoles, 22 de mayo de 2019

Regueiro II


Cando conta con 15 anos, o 26 de abril de 1825, recibe a confirmación xunto a dous dos seus irmáns, Xosé e Antón, na igrexa de Santa Eulalia. Nestes documentos xa non hai rastro da forma feminina do seu nome.

Pastorear o gando e traballar o campo serían, sen dúbida, traballos aos que axudaría ao seu pai. Era un neno con múltiples habilidades, moi vivo e esperto, que aprendeu con facilidade a facer múltiples tarefas. Di Vicente Risco:

“con seguranza que foi xa de pequeno cando deprendeu a facer cordas e peneiras, que é traballo que s´adoita n-aquela terra, ond´os homes son cordeiros e peneireiros...”

Con 21 anos Blanco Romasanta casa o xoves 3 de marzo de 1831 con Francisca Gómez Vázquez (11/4/1808), natural de Soutelo, o pobo veciño. Sorprende que casara ese día da semana, preferíase domingo ou sábado. Tamén resulta estraño que fose durante a coresma, xa que a abstinencia penitencial incluía o sexo. Foron vivir a casa dos pais da muller.  Pouco durou o matrimonio debido a morte prematura de Francisca, o 23 de marzo de 1834. Non tiveron descendencia. Tanto o matrimonio como o enterro, e a posterior inhumación, tiveron lugar na igrexa de Santa Eulalia.

sábado, 18 de mayo de 2019

Regueiro I


Manuel Blanco Romasanta nace o 18 de novembro de 1809 no pobo de Regueiro (ou Rigueiro), na parroquia de Santa Eulalia, a quilómetro e medio de Esgos, concello ao que pertence. Fillo de Miguel Blanco e María Romasanta, veciños de Regueiro, neto por liña paterna de Baltasar Blanco e Manuela Blanco, veciños de Soutelo, e pola materna de Pedro Romasanta e Josefa Blanco, de Regueiro. Cando Manuel é xulgado en Allariz, no 1852, o seu pai xa morrera; e a nai vivía cun dos seus fillos.

Foi bautizado o mesmo día do nacemento na igrexa parroquial de Santa Eulalia, no veciño pobo de Soutelo. No Libro de Bautizados desta parroquia aparece bautizado baixo o nome de “Manuela”. Máis adiante veremos se simplemente se trata dunha confusión ou existen outros motivos para este feito. Nesta parroquia aparece recollido o seu bautismo en dous Libros de Bautizados, e nos dous casos baixo o nome de “Manuela”. Aparecen repetidos os datos no inicio dun Libro novo e nas últimas follas do Libro anterior, isto era habitual cando se chegaba ás follas finais do libro. O matrimonio terá máis fillos, Manuel máis irmáns: Bernarda (24/8/1801), Xosé (18/1/1811), Antón (11/9/1819).

Partida de Bautismo. Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.