José Domínguez
dirá que “para Blanco, que ya siempre se presentará como de estado civil viudo,
empiezan a abrirse innumerables caminos a los 24 años que ahora cuenta. Durante
casi una década, dejara su primer oficio, el de sastre, para abrirse con su
tienda ambulante a innumerables caminos que irán mucho más allá de los valles
de Maceda y de Conso, de las sierras de San Mamede y O Invernadeiro. Más allá
de la provincia orensana e incluso del reino de Galicia. Caminos que conocerá,
aprenderá y acabará dominando como las palmas de su mano.”
Mostrando entradas con la etiqueta regueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta regueiro. Mostrar todas las entradas
miércoles, 29 de mayo de 2019
miércoles, 22 de mayo de 2019
Regueiro II
Cando conta con
15 anos, o 26 de abril de 1825, recibe a confirmación xunto a dous dos seus
irmáns, Xosé e Antón, na igrexa de Santa Eulalia. Nestes documentos xa non hai
rastro da forma feminina do seu nome.
Pastorear o gando
e traballar o campo serían, sen dúbida, traballos aos que axudaría ao seu pai. Era
un neno con múltiples habilidades, moi vivo e esperto, que aprendeu con facilidade
a facer múltiples tarefas. Di Vicente Risco:
“con seguranza
que foi xa de pequeno cando deprendeu a facer cordas e peneiras, que é traballo
que s´adoita n-aquela terra, ond´os homes son cordeiros e peneireiros...”
Con 21 anos
Blanco Romasanta casa o xoves 3 de marzo de 1831 con Francisca Gómez Vázquez
(11/4/1808), natural de Soutelo, o pobo veciño. Sorprende que casara ese día da
semana, preferíase domingo ou sábado. Tamén resulta estraño que fose durante a
coresma, xa que a abstinencia penitencial incluía o sexo. Foron vivir a casa
dos pais da muller. Pouco durou o
matrimonio debido a morte prematura de Francisca, o 23 de marzo de 1834. Non
tiveron descendencia. Tanto o matrimonio como o enterro, e a posterior
inhumación, tiveron lugar na igrexa de Santa Eulalia.
sábado, 18 de mayo de 2019
Regueiro I
Manuel Blanco
Romasanta nace o 18 de novembro de 1809 no pobo de Regueiro (ou Rigueiro), na
parroquia de Santa Eulalia, a quilómetro e medio de Esgos, concello ao que
pertence. Fillo de Miguel Blanco e María Romasanta, veciños de Regueiro, neto
por liña paterna de Baltasar Blanco e Manuela Blanco, veciños de Soutelo, e
pola materna de Pedro Romasanta e Josefa Blanco, de Regueiro. Cando Manuel é
xulgado en Allariz, no 1852, o seu pai xa morrera; e a nai vivía cun dos seus
fillos.
Foi bautizado o
mesmo día do nacemento na igrexa parroquial de Santa Eulalia, no veciño pobo de
Soutelo. No Libro de Bautizados desta parroquia aparece bautizado baixo o nome
de “Manuela”. Máis adiante veremos se simplemente se trata dunha confusión ou
existen outros motivos para este feito. Nesta parroquia aparece recollido o seu
bautismo en dous Libros de Bautizados, e nos dous casos baixo o nome de
“Manuela”. Aparecen repetidos os datos no inicio dun Libro novo e nas últimas
follas do Libro anterior, isto era habitual cando se chegaba ás follas finais
do libro. O matrimonio terá máis fillos, Manuel máis irmáns: Bernarda
(24/8/1801), Xosé (18/1/1811), Antón (11/9/1819).
![]() |
Partida de Bautismo. Fonte: -Domínguez,
José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios,
nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD.
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
