Como acaba de haber
unhas xornadas sobre Blanco Amor e está de moda por “A esmorga”, voulles
contar unha anécdota persoal. Digamos que eu era rapaz e non existía
case nada de cousas que hai hoxe. Digamos que era 1978. Ou sería 1979?
Non había gobernos democráticos nos concellos, nin galego no ensino, nin
farrapo de gaitas deste mundo moderno democrático e autonómico. Eu, cos
meus dezaoito anos, andaba enredado cunha “Comisión cidadá polas letras
galegas” que organizara varias cousas: un concerto no salón dos
Salesianos, outro infantil con Suso Vaamonde na Praza da Magdalena, un
Manifesto e uns programas de radio. Eramos xente que non militaba no
nacionalismo dominante senón na sopa de siglas que había daquela. Ou en
nada. Por iso compartíamos ilusións. E na radio o trato era sinxelo: nós
faciamos todo e eles prestábannos unhas horas de ondas ao redor do 17
de maio. A min, por estas afeccións, cadroume facer unha serie de
entrevistas, xunto con Nacho López-Cid: a Celso Emilio Ferreiro no Hotel
Padre Feijoo, a Ramón Piñeiro na Casa de Chocolate e, en cadansúa casa,
a Xoaquín Lorenzo e Eduardo Blanco Amor. E non o día da entrevista
senón outro que por alá volvín, don Eduardo contoume unha estoria que
lle pasara cando volvera a Ourense, desde América, en 1965. Velaquí
está.
Mostrando entradas con la etiqueta monxardín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta monxardín. Mostrar todas las entradas
sábado, 1 de diciembre de 2018
sábado, 27 de septiembre de 2014
Dúas ideas feijonianas, baratiñas elas
Que me perdoe todo o mundo, pero cando falo
de “feijoniano” penso no Padre Feijoo, non no presidente. Iso que se un é
dos Peares e o outro de Casdemiro, a uns cinco ou seis quilómetros, se
cadra tiñan antepasados comúns. A verdade, tanto me ten porque a
xenealoxía véxoa complicada e inútil. Simpática, poida que tamén.
En fin, este ano 2014
é o douscentos cincuenta aniversario –direillo en cardinal como se fose
o cuarto ou o quinto: ducentésimo quincuaxésimo aniversario- da morte
de Frei Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro. Así que lle vou dar un par
de ideas baratiñas ao excelentísimo concello. Se cadra co mesmo
resultado que a de podar as árbores para deixarnos ver a estatua. Na
nosa Casa Grande da Praza Maior entretéñense máis que coas páxinas de
colaboradores deste xornal que lle sopramos cousas á orella, con esas
cousas de xuíces, faltas de xuízo, discolidades, préstamos para cornos,
sobres que se ripan ou non, etc. E neses temas, perdoen, escasea a
“ilustración”.
En fin, que como é a data que é, cómpre ter algo de lembranza co
sabio ilustrado; o intelectual máis importante da España do momento.
Imos ao tema.
Unha das parvadas -hai varias- que poñen os letreiros novos dos nomes
das rúas refírese ao Padre Feijoo. Cousas de protocolo e ilustración,
ás veces, malas de casar. Explícome. Se vostedes din que Castelao naceu
en Coruña; Curros, en Ourense, ou que Roberto Verino ten adegas en
Ourense, vale. Pero se afirman que Castelao naceu en Rianxo, Curros en
Celanova e Roberto Verino é adegueiro en Verín, concordarán en que está
mal que o Concello reduza, no letreiro posto ao enfronte da Viuda, ao
Padre Feijóo a mero “difusor da ciencia e pensamento europeo” e, sobre
todo, que diga que é “nado en Ourense” cando todos –cría eu- sabemos que
viu a luz en Casdemiro, parroquia de Melias, concello do Pereiro.
Ademais, a denominación de “Jardinillos del Padre Feijoo” nunca foi -nin
é- oficial, aínda que sexa a popular para a praza de Euxenio Montes. En
fin, o letreiro está mal e cumpría arranxar o tema.
A outra meción urbana do crego vén da rúa que leva o seu nome, onda o
Instituto Otero Pedrayo. Foi aberta a mediados do XIX en terreos doados
pola familia Valencia e ao principio, de seu, os veciños deron en
chamarlle “Calle Ancha”. Na reforma do nomenclator de 1861 outorgóuselle
o nome de “Calle del Padre Feijoo”. Pero nunca tivo placa digna; na
actualidade só dúas feuquiñas de granito con letras de latón pegadas nas
que pon “Rúa Xerónimo Feixoo” onde esquecen, ademais, do primeiro nome,
Benito, a dignidade eclesiástica que vai ligada á súa persoa. E se o
Concello outra cousa non fai polo Padre Feijoo -tan amado polos cultos
munícipes do XIX, que erguían estatuas exemplificadoras de prohomes e
promulleres da ciencia e cultura, e non de homenaxes a tan dignos como
simples oficios populares, como leiteiras, castañeiras, etc.-, podía,
digo, encargar unha placa de bronce bonita, como a de Lamas Carbajal, de
Malingre, e colocala nunha parede da rúa Padre Feijoo o día que se
cumpra o aniversario da morte. En setembro. Escultores en bronce hainos e
bos. Non é caro e dá tempo. E ser, élles moito máis ca nada.
martes, 23 de septiembre de 2014
Luz para o Padre Feijóo
La Región, 2/07/2013 Afonso Vázquez-Monxardín
O 8 de outubro de
1876, cando se inaugurou a estatua do Padre Feijoo, da autoría de Juan
Soler y Dalmau, a cidade foi unha festa. Trataba de converterse nunha
urbe moderna e erguer clásicas esculturas de bronce nas que aparecesen
os próceres máis destacados. Houbo exposicións de produtos rexionais,
artigos históricos en El Heraldo Gallego, un certame literario que
gañou a Pardo Bazán
E agora que o penso, paréceme boa cousa que se
empezase por dúas persoas da cultura (logo veu Concepción Arenal en
1898) e que non haxa estatuas, con todos os meus respectos, de militares
ou políticos. E logo seguiron Lamas Carvajal, Prado Lameiro, Vicente
Risco, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Ferro Couselo, Rey de Viana
Ou de cidadáns queridos e admirados polos veciños, tipo o doutor
Gallego, Lalao Reverter ou os párrocos do Couto ou das Caldas.
sábado, 22 de marzo de 2014
Roteiro Carlos Casares
"... agora desde o Liceo, a editorial Galaxia e a Fundación Carlos
Casares, botamos a andar un roteiro co seu nome por Ourense. Se por
Galicia adiante xa ten dedicadas rúas, prazas en máis de vinte sitios
(en Ourense en Xinzo, Porqueira, Ribadavia e o Instituto de Viana), nós
podemos facer algo máis e algo distinto. Independentemente de que a
lugar que o viu nacer lle dedique algunha homenaxe como as descritas,
podemos, co roteiro, visitar o centro da cidade da súa man, da man da
súa obra; algo que non poder facer ningunha outra cidade. En dezaoito
paradas –máis outra en Beiro- percorremos tamén a súa obra de ensaio
–centrada en biografías de ourensáns ou na propia historia cultural da
cidade-, as súas novelas, relatos e artigos de xornal. Lugares como o HotelAfonso Vázquez Monxardín, na Región, 8/3/2014 (artigo completo)
Alumnos de As Lagoas abren o roteiro Carlos Casares
Presentación do roteiro o 8 de marzo de 2014 no Liceo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)