"Conseguiron fuxir pola noite, cando detectaron a chegada das primeiras camionetas con gardas civís. Estes seguíronos durante máis de cinco horas, cos cans nerviosos detrás do rastro, ata que o perderon ó chegar cerca de Calvos de Randín. Hai quen pensa que deberon atravesar a fronteira e que se internaron na serra do Gerés, en terras de Portugal."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 175.