Mostrando entradas con la etiqueta carlos casares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carlos casares. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de marzo de 2014

Roteiro Carlos Casares

"... agora desde o Liceo, a editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares, botamos a andar un roteiro co seu nome por Ourense. Se por Galicia adiante xa ten dedicadas rúas, prazas en máis de vinte sitios (en Ourense en Xinzo, Porqueira, Ribadavia e o Instituto de Viana), nós podemos facer algo máis e algo distinto. Independentemente de que a lugar que o viu nacer lle dedique algunha homenaxe como as descritas, podemos, co roteiro, visitar o centro da cidade da súa man, da man da súa obra; algo que non poder facer ningunha outra cidade. En dezaoito paradas –máis outra en Beiro- percorremos tamén a súa obra de ensaio –centrada en biografías de ourensáns ou na propia historia cultural da cidade-, as súas novelas, relatos e artigos de xornal. Lugares como o Hotel Miño e as súas tertulias, a súa casa natal na esquina da avenida da Habana-Cardeal Quevedo, a rúa do Curros Enriquez que biografíou, a Igrexa de San Francisco, a fonte do Parque de San Lázaro, a rúa do Paseo, a Alameda, Arcediagos, a rúa da Paz de aires oterianos e risquianos, Cardeal Quiroga, rúa de Lepanto, Catedral, praza do Trigo e Praza Maior. Un paseo curto, cheo de evocacións, acompañados polo iniciador do cine, Barbagelata; polo bispo de Ilustrísima; polos mozos de Vento Ferido; polo estudante desacougado de “Xoguetes para o tempo prohibido”; polos intelectuais da postguerra sentados ou non nun “Sillón Azul”; polos amigos como Pepe Suárez ou Blanco Amor, ou moitos outros vellos e novos."
                            Afonso Vázquez Monxardín, na Región, 8/3/2014 (artigo completo)


Alumnos de As Lagoas abren o roteiro Carlos Casares


Presentación do roteiro o 8 de marzo de 2014 no Liceo