Mostrando entradas con la etiqueta mariña_pérez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mariña_pérez. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de marzo de 2020

“Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” (IV)


Na “Sesión Nº 3” a nena Petronila amosa a súa especial e íntima relación co seu padrasto, Manuel, o que a leva a desexar e pedir a Romasanta, a morte da súa nai que parece entorpecer a súa felicidade.

“Si, eu cóntolle como vivimos. A natureza, o campo, a terra é o noso único solaz. Así imos andando a vida entre os penedos, vadeando os ríos, eu vou apartando de min a espesa matogueira que rabuña as miñas pernas de pel nova. Se sentimos ouveos ao lonxe el cólleme a man e chégame contra si. Di que non ten temor de Deus e que se fai falla dorme cos lobos na serra. Todo por protexerme.
 Se non tivese mai como teño, el podería sela. Ás veces chámolle padriño. Agóchome nos seus contos, no seu falar, no seu recendo. Ten algo na face que resulta doce para min, se lle afeito a penuxe nacen uns beizos finos e un queixo que gorenta coller na man. Cando hai lúa chea semella que imos tolear os dous, case nos poñemos a ouvear de contento e paixón, bulimos a brincar a estomballarnos na herba, corremos as campías e enzoufámonos no río. Eu dígolle, Manuel teño sede, e el lévame a beber a auga da fonte máis fresca do mundo. Ou finxe que me dá a beber caña de herbas e morremos os dous de risa. Bebemos cousas que eu non coñezo e que non está permitido que os cativos probemos. El faime máis muller do que son. Perdo o sentido na súa aperta. Síntome parte do seu corpo cando o teño detrás de min respirando coma un animal, señor.”
Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. 2018. Páxs. 30-31.




sábado, 14 de marzo de 2020

“Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” (III)


Na “Sesión Nº 2”, desde a voz narrativa de Francisca, a dona de Romasanta morta prematuramente, amósanos a felicidade e o pracer que presidiu o seu breve matrimonio, e como o fin deste, puido estar na orixe dos seus crimes.

“Se quere que lle conte a historia do Manuel téñolle por forza que contar tamén a miña, pois é a mesma. Ambos os dous medramos en senllos cárceres.
Manuel,  Manueliña,
a flor do pexego,
o guiso dun rico
en pote pequeno,
en pote pequeno,
en pote pequeno,
Manuel, Manueliña,
a flor do pexego...”
Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. 2018. Páxs. 22-23.



viernes, 13 de marzo de 2020

“Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” (II)


Na “Sesión Nº 1” Manueliña goza dos vestidos e da súa vida de nena cando, de súpeto, todo cambia, tendo que renunciar a súa feliz vida feminina e adoptar as maneiras masculinas.

“Dille a quen te atope que te chamas Manuela e que vives aquí en Esgos. A ver, Manueliña, repite o que tes que dicir.(...)
 Eu nunca alcancei a entender o que pasara. Quen podería compredelo? Se até os oito anos eu era unha meniña feliz e rebuldeira, por que demo había de cambiar nada?
 A filla de María e de Miguel, do lugar de Regueiro, na parroquia de Santa Olaia.
 No fondo máis fondo de min eu seguía a ser a pequena Manuela, Manuela Blanco Romasanta.”
Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. 2018. Páxs. 16/21.

jueves, 12 de marzo de 2020

“Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” (I)


Tres relatos de diferente autoría que son a transcrición dunhas sesións de hipnotismo feitas probablemente no penal de Ceuta a Manuel Blanco Romasanta, baixo a supervisión do doutor Philips, e atopadas moitos anos despois no Arquivo da biblioteca universitaria de Toulousse. Nestas sesión Romasanta vai adoptando distintas voces femininas que formaron parte da súa vida.


“Logo dun concienciudo e rigoroso estudo, un grupo de investigadores do Instituto chegou á conclusión de que se trataba das transcricións de varias sesións de hipnose realizadas polo prestixioso hipnólogo do século XIX, o doutor Joseph-Pierre Durando de Gros, autor do célebre tratado Electro-Dynamisme Vital, ou les relations physiologiques de l ´esprit et de la matiere, aínda que asinadas, sen que a día de hoxe se coñezan os motivos, baixo o pseudónimo de Dr. Philips, a un reo de nome Manuel Blanco Romasanta, que fora condenado a morte o día 6 de abril de 1853 na localidade galega de Allariz polo cruel asasinato de máis dunha ducia de persoas.”
Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. 2018. Páxs. 13-14.



domingo, 8 de marzo de 2020

“A farsa do lobishome” de Mariña Pérez Rei.


Mestura de relato e dramaturxia que recrea distintos intres no proceso xudicial de Romasanta, incluído un descoñecido encontro co doutor Philips. Finalmente a licantropía apodérase do actor principal.


“-Señor Director... que desgraza! Meu Deus!! Estamos todos arrepiados. Manuel atacou a actriz que fai de Bárbara na escena do alxube en Allariz.

-Que dis, por Deus, que estades a dicir??

-No propio camerino, señor director, señor Tizón, meu Deus! Non se fai cargo de como a deixou. Que llo digan elas! Vállame Deus, que animal!”

Mariña Pérez Rei, “A farsa do lobishome” en Contos do Sacaúntos. Romasanta, o reo.
Dr. Alveiros / Urco editora. 2017. páx.105.