Mostrando entradas con la etiqueta allariz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta allariz. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de febrero de 2020

Todos os 29 de febreiro...

"En la parroquia de San Verísimo de Espiñeiros, en Allariz, se estuvo diciendo una misa por el alma del hombre lobo todos los 29 de febrero, o sea en cada año bisiesto, hasta que se perdió la costumbre con la guerra civil. La campana de San Verísimo de Espiñeiros es tan noble y agradecida que toca a gloria cuando le da el sol, la gente que no lo sabe se confunde.”


Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Pág. 91.

Hoxe, 29 de febreiro, de ano bisiesto, recuperamos este fragmento de Cela.

viernes, 7 de febrero de 2020

Prego de cordel (IX)


El juez llama al acusado
y le toma indagatoria,
este con feliz memoria
sus hechos ha declarado;
á Galicia le han mandado,
al juzgado de Allariz,
que es donde debe sufrir
el castigo merecido,
pues esta tierra ha sufrido
de infamias no tiene fin.

Este juez con mucha calma
le principia á preguntar,
y este se pone á cantar
como el pájaro en la rama;
sereno y con voz muy clara,
su confesion la seguia;
en ella al juez le decia,
cuando á alguno muerte daba,
la ropa se la guardaba
para venderla otro dia.

lunes, 30 de septiembre de 2019

Murió de la tristeza


“Los lobos aguantan mal el cautiverio y Manuel Blanco Romasanta, al año de estar cautivo, murió de la tristeza que ocasiona la falta de libertad, hay personas que son muy sensibles al encierro y reaccionan hasta con la muerte, a los gorriones también les pasa. En la parroquia de San Verísimo de Espiñeiros, en Allariz, se estuvo diciendo una misa por el alma del hombre lobo todos los 29 de febrero, o sea en cada año bisiesto, hasta que se perdió la costumbre con la guerra civil. La campana de San Verísimo de Espiñeiros es tan noble y agradecida que toca a gloria cuando le da el sol, la gente que no lo sabe se confunde.”

Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Pág. 91.

domingo, 29 de septiembre de 2019

Nada máis se soubo da súa vida


Nada máis se soubo da súa vida nin da súa morte ata fai ben pouco. Moitas foron as especulacións durante anos: José Domínguez fala da posibilidade de que morrera en Celanova, seguindo ao historiador Alfredo Cid Rumbao; versións populares falaban de que fora asasinado por un garda nas montañas, tratando de comprobar se era verdade a transformación en lobo, e probando de paso a ver se as balas non lles facían dano, Risco recolle esta opción; outras versións orais, como a transmitida por Bernardino Coello falan de que escapou ou foi liberado vivindo nunha aldea cerca de Allariz durante moitos anos, deixando incluso descendencia; Nicanor Romasanta Villar di que o seu avó Julio Villar, de Esgos, contaba que morrera aforcado nun gran carballo que hai en Santa Baia de Esgos, onde naceu unha mandrágora, a herba dos aforcados en múltiples crenzas europeas, xa que nacía aos pés dos patíbulos onde caían os ouriños e o seme das últimas convulsións; outras versións máis recentes, froito de simples especulacións televisivas, eran que podía ter marchado a América, ou rematar os seus días nun manicomio francés baixo as investigacións de Mr. Philips; o mesmo premio Nobel Camilo José Cela fala na súa novela “Mazurca para dos muertos” que morreu ao pouco tempo nun cárcere, sen especificar, e que todos os 29 de febreiro, ata a guerra civil,  ofrecíanlle unha misa na capela de San Verísimo de Espiñeiros en Allariz; non faltan as versións máis románticas do caso, que sosteñen que o Tendeiro aínda segue libre polos montes da serra de San Mamede convertido nun canis lupus.

Pero as recentes investigacións veñen demostrar que todas eran erróneas.

domingo, 8 de septiembre de 2019

Allariz (IX): a sentenza


O 6 de abril de 1853 publícase a sentenza. É declarado culpable dos nove homicidios que forman o primeiro cargo coas circunstancias de executar as mortes con aleivosía e premeditación coñecida, e como tal comprendido no artigo 333 do Código Penal, coas agravantes de executar as mortes en despoboado e intervir abuso de confianza, comprendidas nos números 9 e 15 artigo 10 do devandito código, e condenado a pena de morte con garrote con imposición de costas e gastos do xuízo, absolvéndoo da instancia respecto dos demais cargos que se lle fixeron.


 Sentenza do Xulgado de Allariz.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

O Código Penal de 1848 recollía como primeira das penas “aflitivas” a de morte e acto seguido a de cadea perpetua, reclusión perpetua... e dispoñía que aquela se executaría en “garrote sobre tablado”,”de día y con publicidad...”.

O 9 de abril léselle a sentenza ao acusado, entrégaselle copia e fáiselle saber que se eleva en consulta a sentenza á sala terceira do Tribunal Superior da Coruña, por se desexa nomear avogado e procurador. O condenado renuncia a ese dereito, polo que serán nomeados de oficio. A causa remitida ao Tribunal Superior consta de mil cento setenta e sete follas.



viernes, 6 de septiembre de 2019

Allariz (VIII): acusación e defensa


ACUSACIÓN DO FISCAL

O 8 de marzo de 1853 o fiscal presenta a súa acusación. Solicita pena de morte en garrote coas costas e gastos do xuízo, tendo presente o disposto no número primeiro e circunstancias primeira e cuarta do artigo 333, e na segunda parte do artigo 70 do Código Penal vixente.

A DEFENSA

O 11 de marzo de 1853 léselle a acusación fiscal ao condenado no xulgado de Allariz. Ao non nomear avogado nin procurador, ao día seguinte nomease de oficio como avogado a Mariano Garrán e como procurador a Manuel María García. Ao ser considerado pobre decídese sexa defendido no papel da súa clase ao non ter fondos para asumir os gastos de papel e demais gastos de defensa.

O 23 de marzo pídeselle a defensa que devolva a causa (máis de mil cen folios) ao xulgado. O avogado defensor pide máis tempo xa que considera que os nove días dos que dispuxo a documentación non foran suficientes para un caso tan complexo. Concédenselle catro días máis.

Será o 29 de marzo cando o avogado defensor, Mariano Garrán, presente o escrito de defensa. Irá facendo alegacións a todas as acusacións. En relación aos asasinatos conclúe que foron aumentando as acusacións en base a rumores, o que fixo que cada vez foise maior a lenda en relación ao seu acusado. Por outra parte o feito de que non apareceran os cadáveres considera que é proba suficiente para non poder inculpalo, podendo ser múltiples as posibilidades arredor da desaparición de todas esas persoas.

jueves, 5 de septiembre de 2019

Allariz (VII): os cargos


O 3 de febreiro de 1853 o xuíz remata as investigacións e dille os cargos a Manuel Blanco Romasanta:

1.       Acusado de matar con aleivosía e premeditación a Manuela García, a súa filla Petra e a María Rúa no monte da Redondela; a Benita García e ao seu fillo Francisco no Corgo do Boi; a José Pazos e a súa nai Josefa García, a Antonia Rúa e a súa filla Peregrina no bosque das Gorvias, todos lugares na Serra de San Mamede.

2.       Acusado de aproveitarse dos bens, roupas e cartos das vítimas.

3.       Acusado de valerse dun certificado falso para solicitar pasaporte cunha identidade falsa, Antón Gómez, e de ocultar o verdadeiro nome ante o alcalde de Nombela e ante o xuíz de Escalona.

4.       Acusado como sospeitoso de asasinar a Manuel Ferreiro, veciño de Xinzo da Costa, cando ían xuntos cara Portugal, e de volver despois a súa casa para beneficiarse da súa roupa.

5.       Acusado de intento de asasinar a María García, a Luís García e a Manuel Fernández, alias “Surtú”.

miércoles, 4 de septiembre de 2019

Allariz (VI)


O 10 de outubro o xuíz de Allariz solicita aos de Verín e Trives lle remitan os expedientes do caso.

O 28 de outubro o xuíz de Allariz solicita un informe sobre a situación mental de Romasanta a seis facultativos: José Lorenzo Suárez, Vicente María Feijóo, Demetrio Aldemira, Manuel María Cid e os cirurxiáns Manuel Bouzas e Manuel González. O informe será remitido o 26 de decembro dese 1852.

 O informe non axudou nada tecnicamente, aínda que si sería moi criticado posteriormente, ao trasladar o caso A Coruña, xa que se considerou moi subxectivo e nada científico.

Informe dos facultativos.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

Unha vez comprobado que o preso carece de bens e propiedades o xuíz de Allariz dispón que os gastos do proceso corran a cargo do fondo de presos pobres.

Este caso, só no proceso xudicial de Allariz,  supuxo uns gastos elevados, que ascenderon a 12.580 reais. Foi tanta a expectación do caso que por aqueles días pola vila de Allariz non deixaba de circular xente de todo tipo e de múltiples lugares. Foi tal a fama do caso que a partir de aí estendeuse o nome de “el hombre lobo de Allariz” para referirse a Manuel Blanco Romasanta, nome que aínda é o máis estendido nos nosos días, especialmente fóra de Galicia.

Múltiples serán os aspectos que se irán abordando ao longo do proceso xudicial, moitos deles xa desde o inicio:
·         os casos previos de Manuel Ferreiro e do alguacil de León
·         os encubridores
·         a procura das mulleres ou dos cadáveres
·         a procura das roupas e o diñeiro das desaparecidas
·         as cartas
·         os posibles cómplices, don Genaro e Antonio
·         o comercio de unto con Portugal
·         o ataque de lobos, ou lobishomes a persoas
·         o estado mental do reo

sábado, 31 de agosto de 2019

Allariz (V)


O 6 de outubro de 1852 a sala terceira da Audiencia da Coruña, con autoridade sobre os xulgados das catro provincias galegas, decide unificar o proceso en Allariz, para evitar rivalidades entre os distintos xuíces e posibles retrasos na instrución da causa. Elíxese a vila alaricana por ser a pertencente ao lugar de nacemento do acusado e da maior parte das vítimas.

Ao día seguinte, 7 de outubro, envían ao reo de Verín a Allariz, custodiado pola garda civil. Permanecerá moi vixiado no cárcere da vila, situado nun dos extremos do piso baixo da casa do concello.

No cárcere de Allariz, según conta Vicente Risco a partir de testemuñas orais, o Canicha entretiña o tempo fiando, vestido cunha muradana e coa cabeza cuberta cun pano, que accedía a erguer por unha moeda de dous cartos e mostraba o rostro aos curiosos.

lunes, 19 de agosto de 2019

Allariz (II)


O 6 de setembro de 1852 xa eran múltiples os oficios que o titular do xulgado de Allariz remitira a outros xulgados das poboacións que foran sendo citadas por Romasanta na súa declaración. Paderne de Allariz, Ponferrada, Santander... Múltiples foron tamén as testemuñas que se viron na obriga de pasar polo xulgado alaricano, practicamente todo o mundo que tivo contacto con el, incluídos os compradores de prendas que se puideron localizar.

Varias foron as visitas a Serra de San Mamede, tanto para tratar de situar con exactitude os feitos como na procura de restos óseos das vítimas. Nalgúns casos esas visitas fixéronse en compaña do acusado.

sábado, 17 de agosto de 2019

E di vostede?

“E di vostede que é falso o nome de Antón Gómez e que se chama en realidade Manuel Blanco Romasanta, veciño de Esgos, partido xudicial de Allariz?

 E di vostede que deu morte a catro mulleres cos seus fillos e fillas, sendo en total nove persoas as que asasinou?

 E di vostede que hai máis que estas nove persoas e que todo o fixo baixo a fame de lobo que lle trouxo a fada coa que foi maldito e que fixo todo isto na compaña de máis lobos?

 E di vostede que nos amosará o lugar e os restos dos crimes e que se declarará culpable?”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 88

viernes, 16 de agosto de 2019

Allariz (I)


As declaracións de Verín déronlle moita sona ao caso, do que se encargou a prensa como xa vimos, e abriu un  proceso xudicial complicado e traballoso para o xulgado de Allariz, que se atopa daquela na rúa do Portelo” (Pazo do Xulgado, actual Centro Social onde está o Museo do Xoguete).

Todo comezara o 28 de agosto de 1852 cando se reciban no xulgado de Allariz as dilixencias remitidas polo Gobernador Civil de Ourense.

O 3 de setembro o xuíz de primeira instancia de Allariz, o maxistrado Quintín Mosquera, reclámalle o preso ao xuíz de Verín para interrogalo.

jueves, 15 de agosto de 2019

Allariz era unha pequena vila provinciana

“Allariz era unha pequena vila provinciana, dunhas catrocentas casas, construídas en pedra labrada, con planta baixa e andar. No pavimento das rúas, de pedra, deixaran pegada os cravos das lamias dos carros. Contaba con tres curtidoiros, seis tendas de alimentación, tres tendas de panos e de quincalla, tres confeiterías con toda clase de doces e en especial améndoas bañadas e anises, tres mesóns e doce tabernas. Ademais dos comerciantes, vivían vinte e un labradores, vinte e cinco xornaleiros, oito curtidores de peles, corenta zapateiros, dous chocolateiros, trece arrieiros e traficantes, quince carpinteiros, dez xastres, catro canteiros, catro ferreiros, varios panadeiros e barbeiros, vinte e un eclesiásticos, tres sancristáns, trece empregados públicos, sete avogados, tres médicos, dous cirurxiáns, tres albeites, dous mestres, dúas mestras, un pintor e dezasete pobres de solemnidade.”

   Mariño Ferro, Xosé Ramón. Manuel/a Branco Romasanta, o lobishome asasino. Ed. Nigratrea, Vigo-2007. Páxs. 82.

domingo, 28 de julio de 2019

Xa non pode coa mentira

“Levárono prendido xa? Si, fixo declaración aquí e que a cousa non vai con el, pero vai para Verín facer o acareo cos parentes das mulleres esas. Pois a sacarlle a pel, a iso vai a Verín, a que lla poñan a secar nunha vara no alto do castelo tal como se fose unha bandeira. E era quen dicía ser ou quen dicían que era? Pois ser é; é un galego de por Allariz que din que tiña tenda e traficaba mercadorías e quincalla, pero mira ti vaia negocios que facía entre os vivos e as mortas. O Sacaúntos, disque era, o home da graxa. Era pouco sacarlle a graxa despois de sacarlle a pel. Era pouco facerlle o que lles fixo ás miñas pobres. Pois a saber o que sería, que aparecer, só lles apareceu a roupa.

  Entre o barullo da xente aínda se din boas verdades, o resto é palla da que quenta e adorna. A boca da xente anda quente e remexida e fan de xuíces e ao Canicha culpable de cousas horrorosas. Vai o reo camiño de Verín e da xurisdición legal das terras de Galiza que lle corresponden. Alí apóñenselle terribles crimes de sangue. A primeira indagatoria é en terras galegas e alí o atrapado Manuel vénse abaixo, xa non pode coa mentira.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 86-87

sábado, 27 de julio de 2019

O proceso xudicial


O proceso xudicial contra Manuel Blanco Romasanta podemos dividilo en dúas fases:

a)  unha primeira na provincia de Ourense, entre o 8 de agosto de 1852 cando comezan oficialmente as indagacións en Verín e o 6 de abril de 1853 coa sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Allariz.

b)  a segunda fase será na cidade da Coruña entre o 7 de maio de 1853 cando entra a sentenza de Allariz na Audiencia da Coruña e o 13 de maio de 1854 cando a raíña conmute a pena capital pola cadea perpetua.

lunes, 1 de julio de 2019

O cárcere de Allariz

“O cárcere de Allariz está no edificio que foi sede do Colexio da Asunción, rexido polos xesuítas, e ninguén me asegura a min que non me tiveran preso na mesma estancia na que acaso purgara algún castigo o Padre Feixoo, que estudou nel  até os catorce anos da súa idade. Acaso fose por unha mala tradución de Virxilio, dun verso da Eneida que se lle atragoara, ou dunha redacción que se insinuase herética, pois á fin e ó cabo era ilustrado, Deus o confunda tamén a el...”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 76

miércoles, 27 de febrero de 2019

476

"Teño unha nena engañada
N-o convento d´Allariz,
sete n-o Ribeiro d´Avia,
catorce no meu pais."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogs, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 94

jueves, 24 de mayo de 2018

Dous pitos perdidos, sen nai

"Primeiro dixo que, ao pasar por Allariz vira a dous cregos paseando pola beira da estrada, con panos brancos postos na cabeza para defenderse do sol. "Parecían dous pitos perdidos, sen nai" comentou. Mamá miraba para min, máis divertida que preocupada, pois era consciente da partida que se estaba xogando."

Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 17.

martes, 28 de noviembre de 2017

Un calcetín que anoou á gorxa

"Hai poucos días aínda armou un alboroto no casino de Allariz cando o porteiro lle dixo que non podía entrar no baile sen gravata e el sacou un calcetín, que anoou á gorxa, apartou ó empregado dun empurrón e dirixiuse ó presidente da entidade para anunciarlle unha multa por mamón, segundo lle dixo a berros desde o medio da sala de billares."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 19.

miércoles, 5 de julio de 2017

Enemigo a morte de don Luis de Góngora

"Entre os avisadores que tanto proliferaron na España do século XVII, ten un especial atractivo para nós o alaricano don Narciso Acuña, licenciado, que desde a Corte avisaba para o señor de Freixo, en Celanova, don Diego López de Acebedo. Era don Narciso home de ampla cultura, con dotes de literato, admirador de Lope de Vega e polo tanto, casi de xeito inevitable, enemigo a morte de don Luis de Góngora."

Carlos Casares, "O avisador e o avisado", en  Os escuros soños de Clío, ed. do Cerne, 1ª edición, 1979, Santiago, páx. 43.