Mostrando entradas con la etiqueta sáenz_díaz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sáenz_díaz. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de agosto de 2020

O cine é todo mentira

"Puxen a directa e xa estaba diante do cine Dúplex. Lembreime do pescantín e da súa cinefobia particular. "O cine é todo mentira". Tiña en mente atravesar a Praza da Concepción Arenal pola parte dos Salesianos e chegar á casa facendo o percorrido que vai do Pavillón dos Remedios á rúa do Greco, mais tiven que desistir da idea porque a Vangarda Popular tiña montada unha boa festa. Ardían colectores no medio e medio do remate de Sáenz Díaz, e os rapaces máis atravesados guindaban cócteles molotov contra o Pazo de Xustiza."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 38.

domingo, 2 de agosto de 2020

¿Permítesme a lanterna?

"Xaquín miroume con cara de resignación, encolleu os ombros e deume a entender que debía camiñar diante deles e sen facer ningún movemento brusco. Acompañáronme ata case entrar en Sáenz Díaz. Polo que parecía moito sospeitaban de min. (...)

-Sinto a malleira -Xaquín desculpouse novamente.

-Non pasa nada. ¿Permítesme a lanterna?"

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 37-38.

lunes, 27 de julio de 2020

Un fresco inexistente

"Aínda estiven un bo cacho intentando tomar un fresco inexistente. Xa con noite pecha -sabéndome sospeitoso de ser considerado un dos moitos miróns que perseguen as parellas que buscan agocho nas beiras do río para botar un canivete- alanquei por unhas rochas arriba e cheguei á Rúa do Mercado. Parei nun par de tascas onde lle tomei uns bocados de tortilla que moito ben me fixeron, e logo dirxinme cara ás obras do Centro Comercial. Dei un pequeno rodeo e atravesei a Ponte Nova ata Sáenz Díez. Xa era case media noite."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 32.