Mostrando entradas con la etiqueta galerías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galerías. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de noviembre de 2016

Viaxar en carroza

"Tiña razón o locutor, moi rara vez aparecía nos sobres o enderezo do remitente. Empezaba a pensar en volver ás Carmelitas e continuar o interrogatorio das rapazas, preguntándolle o nome de guerra de Elina. (...) O favorecido recibía o tratamento de Príncipe. O estilo volvíase atrevido: "Si, Príncipe, estou disposta a viaxar en carroza...". Pensei nas carrocerías maltratadas polo Nicanor na recta de Quintela. Non había resposta da Súa Alteza, fose quen fose.(...)

  -Rebollo foi o domingo ó despacho. Está en Galerías Roma. Alí despistaba Elina ás súas amigas para montar no coche de don Pepito. O picapleitos fixouse na rapariga, era mullereiro e, despois de todo, entendíase coa señora Garza."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.165-166

martes, 25 de octubre de 2016

Alcatreaba a bravío

"Tiña a cara coma un santo cristo, e parecía verdadeiramente conmovida. A palidez, o tremor dos labios, os ollos chorosos, falaban ás claras da súa consternación. (...)

  -Un día topamos na escaleira cunha serpe noxenta. Dígame, ¿por qué habemos de aturar un colebrón no medio da capital? (...)

  -Se vai polo Club dígalle que me chame. É moi urxente. (...)

  Deixei as galerías tapándome o naríz.  Por diante da tendas de animais, en varios metros de corredor, alcatreaba a bravío."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.139-141

lunes, 24 de octubre de 2016

Nun charco de ras

"Na comisaría andaban por aire. Á primeira hora da mañá encontraran os veciños de Velle o cadáver dun descoñecido. Nun charco de ras como Ourense dúas mortes son andacio.  Comentábanse os datos das autopsias. Signos de esgano en Elina, o corpo unha pura mazadela, e restos de seme. (...) As emisoras armaban expolio coa onda de crimes. A noticia chegara a un bufete de Galerías Roma, onde a secretaria do titular sufrira un baixón de tensión. (...)

  No túnel das galerías había un monte de negocios ruinosos, inclusive din cunha librería.(...)

  Metín as mans nos petos, avergonzado das miñas unllas, semellantes ás dun mulo sen ferrar, e ponderei os adiantos da perruquería auriense."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.137-138

sábado, 15 de octubre de 2016

"As Luisiñas"

" -¿Sabedes algo das mulleres que lle dan pousada?

  -Jackie averiguou algo, o seu barrio queda cerca do Couto e corren as noticias. Chámanlles "As Luisiñas", e teñen mala fama.

  -Se non é moito pedir, faládeme do domingo. ¿Cando vistes por última vez a Elina?

  -Separámonos en Doutor Fleming, na entrada das Galerías. Ela cruzounas cara ó Progreso, onde a esperaba un pretendente. Non quixo que o visemos, nin sequera de lonxe, así que nos deixou plantadas.

  Devolvín as rapazas ó colexio."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.129