Mostrando entradas con la etiqueta heterónimos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta heterónimos. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de marzo de 2014

A...

Los miedos (1963) de Eduardo Blanco Amor pertence ao ciclo de "Auria" tal e como indica o seu autor na "Xustificación" que precede ao seu seguinte libro escrito, publicado con anterioridade, Os biosbardos (1962):

         Iste é o coarto libro que nasce das miñas lembranzas de Auria, pobo onde eu mesmo
       son nado. O outros, son tres novelas: La catedral y el niño, A esmorga e Los miedos.(1)
Nembargantes, Los miedos non se sitúa exactamente na cidade de Auria, máis ben nun pazo próximo á cidade. O nome do lugar a penas se menciona, só nunha ocasión, e de maneira indirecta alúdese a el, "Valdouro", nun artigo de prensa nun xornal local, na súa sección de sociedade:

       ... insertase en sus Sociales: "De paso a su habitual veraneo en las playas del Norte,
     han salido para sus posesiones de Valdouro..." (2)

 "Valdouro", tóponimo que presenta variantes en Galicia, non o atopamos preto de Ourense, polo que máis ben parece ser unha aportación de Blanco Amor á toponimia literaria xogando novamente cos hipotéticos étimos de Ourense, Val de Ouro.
  Ese desexo de non ubicar exactamente o lugar onde se atopa o pazo onde transcorre practicamente a totalidade da novela contrasta coas constantes referencias a Auria, debido, evidentemente, a que son as xentes de Auria as que interesan ao escritor, facéndoas circular, directa e indirectamente polas páxinas da novela. Desprazamento espacial, que non ambiental.

 Outra novidade temos que sinalar en relación coas obras precedentes: Auria, con todas as letras, só se cita en 5 ocacións, a primeria na páxina 53:

              A pesar de ser Crespiño un aldeano, no tenía punto de comparación con los
         chicos de Auria, tan idiotas y mandones, todos iguales, siempre a gritos. (2)
preferindo maioritariamente a solución abreviada, ou talvez, suxerente de "A...": en 28 ocasións aparece así, e algunha máis cando se fai referencia a prensa local "El Eco de A..." ou ao mesmo "Santo Cristo de A...".