| Debuxo de camisetas personalizadas da tenda "Lobisome" Ervedelo-44 Ourense |
Mostrando entradas con la etiqueta romasanta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta romasanta. Mostrar todas las entradas
domingo, 3 de mayo de 2020
sábado, 2 de mayo de 2020
Películas / Televisión / Documentales
·
Olea, Pedro (director) “El bosque del lobo”. 1970.
·
Plaza, Paco (director) “Romasanta. La caza de la bestia”. 2004.
·
V.V.A.A.
“Lenda Negra”. Dirección:
Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vicentelli. España, 2017.
·
Oliveira, Roberto (director) “Manuela Romasanta”. 2019.
- Doviso, Óscar, "Luarada". 2020.
·
Quintana, José Luis. “Xuízo a Romasanta”. 2011.
viernes, 1 de mayo de 2020
Programas radiofónicos
Selección de programas radiofónicos sobre Manuel Blanco Romasanta:
·
“Ángulo 13”. Onda Cero. Onda 7
Tenerife. Programa Nº 100. Presentado por Juanca Romero. 2/3/2012. Sección
“Zona Alpha”. Dani Revueltas comenta distintos aspectos deste personaxe. Desde
m. 43:30 ata 67:30. https://www.ivoox.com/1083799
·
“Elena en el país de los
horrores”. Presentado por Elena Merino. 5/6/2018. “Los asesinos del país de los
horrores: Manuel Blanco Romasanta.” Interesante dramatización na voz de Pedro
Quirós, narrando a confesión de Romasanta ante o xuíz. 12m 13sg. Podcast en ivoox: https://www.ivoox.com/2018-6-5-los-asesinos-del-pais-horrores-audios-mp3_rf_26365033_1.html
·
“En la búsqueda”.Programa de
enigmas e misterios presentado por Yolanda García e José Antonio Roldán. Manuel Carballal comenta as segundas Xornadas
Romasanta de Allariz onde Fernando Serrulla presentou a súa hipótese de
hermafroditismo. Programa nº 29. 8 de novembro de 2012. Desde m. 34´40 até
40´38. Podcast en ivoox: https://www.ivoox.com/elb-1x29-romasanta-rennes-le-chateau-sierra-degollados-ecms-audios-mp3_rf_1555074_1.html
·
“El secreto de la caverna”.
Ondacampus da Universidade de Extremadura. Dirixido por Samuel Hernández.
Tempada 4ª. Capítulo 22. Sección “La estela de Caín”: contan a historia de
Romasanta e comentan as películas que o tratan. Do minuto 1h:30 até 1:55. Subido a ivoox o 22 de marzo de 2017. Podcast
en ivoox: https://www.ivoox.com/secreto-caverna-4x22-el-audios-mp3_rf_17707978_1.html
jueves, 30 de abril de 2020
Webgrafía / Prensa dixital
Arquivo Castro Vicente.
“Tras as pegadas de Romasanta”.
La Agenda del Crimen: Por Félix Castro Vicente. 21/10/2015
Sociedade Antropolóxica galega: O caso Blanco Romasanta.
7/11/2012.
miércoles, 29 de abril de 2020
Bibliografía completa
·
Abril,
Laia. Lobismuller. Fotolibro. Ed.
RM. 2016.
·
Bande,
Enrique. “El contexto antropológico: la leyenda del hombre lobo en Galicia.” En
Domínguez, José e
Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. Páxs. 35-43
·
Berbell, Carlos / Ortega,
Salvador. “Manuel Blanco Romasanta, el “hombre lobo” gallego.” Psicópatas
criminales (Los más importantes asesinos españoles). Ed. La esfera de los
libros. Madrid, 2003. pág. 73 a 86.
·
Carballal,
Manuel. “La verdadera historia del hombre-lobo”. Revista Más Allá. Nº 65. Xullo
de 1994.
·
Castro
Vicente, Félix y Cástor. “El final de Romasanta (1854-1863). .” En Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. Páxs.
123-133.
·
Castro Vicente, Félix Francisco.
“Romasanta, el hombre lobo de Allariz”, en Hibris:
Revista de bibliofilia, nº 42, Alcoi-Alicante, 2007, págs. 19-32. Y en Lethes, Invierno 2007-08, Centro de
Cultura Popular da Limia. Pódese ler neste enlace.
·
Cela,
Camilo José. Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores.
Barcelona, 1989. Páxs. 73-74, 90-91.
·
Cela,
Camilo José. Madera de boj. Ed. Espasa-Calpe.1999. 4ª edición. páxs. 202
·
Conde
Alfredo. Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004.
·
Conde
Alfredo. Romasanta. Memorias inciertas del hombre lobo. Ed. Destino- nº
994, 2004. (Existe tradución ao ruso e ao italiano, en inglés en Australia)
martes, 28 de abril de 2020
Bibliografía cronolóxica (IV)
1947. Martínez-Barbeito, Carlos. El bosque de Ancines. (Finalista
do Premio Nadal en 1944 e publicada en 1947).
1950: artigo de
Celso Emilio Ferreiro no Faro de Vigo do 23 de setembro.
1970. “El bosque del lobo”. Película basada
no libro de Martínez-Barbeito. Director Pedro Olea.
1974: Celso Emilio Ferreiro. “Un caso de licantropía”. Revista Tribuna
Médica.
1983: Cela, Camilo José. Mazurca para dos muertos.
1991. Domínguez, José e Blanco, Lino. O home do unto. Blanco Romasanta.
Historia real de una leyenda. Deputación de Ourense. 1991.
Nos anos 90 o
libro “Lobos, lobas y lobishomes”, do antropólogo galego Xosé Ramón
Mariño Ferro, (Edicións do Cumio, 1996), dedica unhas páxinas (68-71) ao tema
de Romasanta.
1999: Cela, Camilo José. Madera de boj.
2004. Conde, Alfredo. Romasanta.
Memorias incertas do home lobo.
2004. “Romasanta. La caza de la bestia”. (película) Dir. Paco Plaza.
lunes, 27 de abril de 2020
Bibliografía cronolóxica (II)
1929. Risco,
Vicente. “Un caso de lycantropía,
Manuel Blanco Romasanta”. Lido o 23 de febreiro de 1929 no Salón
de Festas da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña, no número
38, piso 1º da Rúa Rego de Auga. Foi sede da Real Academia Galega entre 1906 e
1920. Desde 1916 compartiu sede coas Irmandades da Fala.
![]() |
| Rúa Rego de Auga. A Coruña. |
Discurso de
ingreso na Real Academia Galega (publicado posteriormente pola Real Academia
Galega e Editorial Moret, 1971).
(Risco toma os
datos de Rúa Figueroa, estuda a vida de Romasanta en relación coas lendas
galegas e europeas dos homes lobo, e aborda os aspectos psicolóxicos e
históricos do tema.
Risco ocúpase
novamente da licantropía nos cadernos 3º e 4º do tomo I da Revista de
Dialectología y Tradiciones populares. 1945. “El lobishome”, páxs. 514 a 533.
Tamén lle dedicou
dúas páxinas (290-291) no apartado de “Cultura espiritual” no Tomo I “O home”,
da Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires,
1962. )
domingo, 26 de abril de 2020
Bibliografía cronolóxica (II)
· 1859:
“Reseña de la causa formada en el Juzgado de 1ª. Instancia de Allariz, Distrito
de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios
asesinatos”, ordenada y publicada por R. F. Madrid, Imprenta de la Viuda de Don
Antonio Yenes, Plaza del Progreso núm. 13”, del año 1859, obra en octavo mayor,
de 225 páginas. Autor:
Manuel Rúa Figueroa, el Abogado en turno de pobres que defendió el caso ante la
Audiencia de A Coruña.
(Na obra faise unha reseña de toda a causa, desde o
inicio do proceso, aínda que centrándose máis na parte da que se encargou o
propio Rúa Figueroa. Inclúe literalmente os seus discursos e os do fiscal,
xunto coas últimas sentenzas e as cartas da raíña Isabel II. Os informes do
anterior avogado defensor, en Allariz, e a primeira sentenza non aparecen
literalmente, tan só referidas as súas circunstancias.)
Reeditada por TECNOS no ano 2000.
A causa contra Manuel
Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da
Coruña). Xunta de Galicia, 2014. –Inclúe a edición facsímile da Reseña-.
Consérvase un exemplar do expediente de Romasanta no Arquivo do Reino de
Galicia coa sinatura 10.268, constituído por 7 pezas. Formaba parte da entrega
de expedientes da Escribanía de Castro Arias que se fixo ao Arquivo en 1862.
Unha vez rexistrado no Arquivo permaneceu “esquecido” durante máis de 70 anos.
Non volverá a interesarse ninguén por el ata que Vicente Risco recorre ao
proceso xudicial para o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, aínda
que non consultou o expediente senón a reseña publicada por Rúa Figueroa. Si a
consultou Carlos Martínez-Barbeito, quen seguramente a coñeceu por medio do seu
avó, Andrés Martínez Salazar, que fora director do Arquivo do Reino de Galicia
durante varios anos a finais do XIX e principios do XX. A consulta debeu
realizala na sede da Audiencia Territorial, onde estaba situado entón o Arquivo
do Reino de Galicia. Afortunadamente a causa non se perdeu durante os traslados
de sede que experimentou este Arquivo e os seus fondos, converténdose nun dos
documentos máis reproducidos do Arquivo do Reino de Galicia: entre o 2003 e o
13 lévanse feitas case oito mil copias en papel, e case seis mil copias dixitais.
-1861. Estes
informes orais tamén aparecen recollidos no libro “Colección de DISCURSOS FORENSES Tomo Primero”, publicados
no ano 1861 pola imprenta de Luis Tassó, de Barcelona, aparecendo recollida a
cita aos pregos de cordel que sinalamos antes na páxina 151.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



