Mostrando entradas con la etiqueta porta de aire. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta porta de aire. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de septiembre de 2015

As ventás d´o Estetuto

"-¿.....?
 -E mais ten razón; esquecinme d´o almorzo.
 -.....
 -Si; é ó millor. Ahi xunt´o Posio votaremos unha copa... A mod´on que vai cair... Non si Dios quer, alborota tod´a Porta d´Aire c-os zocos... Como miran pra nos as ventás d´o Estetuto..."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar  a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.38

domingo, 2 de marzo de 2014

O recanto agarimado da pedra

Chamábaste
Raxa..., Mamasunción, María a Portuguesa...
nomes perdidos nas esquinas,
de palabra,
por pechar o trato,
a trata nestes días,
da carne e algunha presa
de diñeiro para esquecer.

Na túa despensa había sempre ración de azucre
con pouso amargo, olor de lavanda, xabón barato
e algunha historia que escoitar.

Levabas a diario calor de burga,
ollos de noite e un farol aceso
de tarde en tarde.

Baixo aquel balcón da Porta de Aire
un calafrío de azougue
ripouche o vestido camelia
e ollámonos nus con todo o mundo
ao alcance das nosas mans.

viernes, 20 de diciembre de 2013

Las querindangas

"Iban a verse con sus querindangas baratas en sórdidos tabucos instalados en las casas de pajabarro de los arrabales, por la Puerta del Aire, en la antigua judería."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.143

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Porta de Aire



“Ó pasar pola Porta de Aire, adevecimos de envexa ollando pra as tabernas cheias de xente, pro non nos estrevimos a entrare.”  

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo. páx.58

Corresponde coa rúa J. Prieto Nespereira, noutra época chamada Porta de Aire, Porta da Aira ou da Era.

-  Ramón Otero Pedrayo, Guía de Galicia. Ed. Galaxia,  5ª edición, Vigo 1980, p.343