Mostrando entradas con la etiqueta churriana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta churriana. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de agosto de 2020

Parafusos arrequichados

 "Non debín pedir aquel whisky. Senteime na única mesa baleira e tentei gozar da festa que me tiña reservada Miss Oira. Derramei o vaso ao tentar achegalo aos beizos, mais ninguén se decatou do estropicio. O Gato Negro era un local ateigado de sereas uniformadas con rombos a piques de rebentar polo empuxe das mamilas, que confinadas baixo a tea semellaban parafusos arrequichados. As churrianas zanfoneaban a treu por riba das mesas, onde varios exércitos de petrinas fervidas pelexaban entre si por ofrecer o billete máis valioso e depositalo entre as ubres das fulanas. Outros aproveitaban a cercanía coa coalición de pendangas para derramarlles as consumicións enriba e zugar o líquido directamente das lolas."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 62. 

lunes, 17 de octubre de 2016

Espora no lombo

"Encontrei ó meu amigo levantando un galiñeiro de tixolo. Na traseira dos novos bloques, nos espacios sobrantes entre os solares edificados, quedaban aínda cortellos, chilotes de coellos e poleiros. (...)

  -Espera á primavera. Quizais atopes a aniñada nunha cepa ou nunha verza. Pero mira que o Couto medra moito, se cadra para a primavera xa edificaron todo e acabaron coas hortas.

  -Estas Luisiñas teñen o niño nun piso deste barrio. E creo que ultimamentes se lles coou un cuco dentro. (...)

  -Viñeron de Barra de Miño. Traen rianxo da aldea e fan unhas comidas moi competentes. Tamén na cama son xeitosas. Cando estás no trato, danche espora no lombo cos calcañares. Dende hai un tempo, metéuselles na casa ese fulano e espantoulles os clientes de sempre.

  Acompañoume ata o portal das mulleres. Na rúa sorprendeu a un par de fillos que lataran a escola e enviounos para a casa cun pescozón. (...)

  Outra cisma dos pais de familia numerosa, máis arraigada aínda que a das churrianas, é o ensino dos fillos. (...)

  Eran pouquiña cousa, as formas corporais reducidas a un esquema. Estrañoume que mulleres tan transparentes cociñasen ben. Empecei a dubidar dos informes do Chinto. Tampouco entendía a afección con que contaban entre os mullereiros do barrio."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.130-131

domingo, 9 de octubre de 2016

Con alivio

" -A situación das churrianas de Londres é fastidiada se, como di vostede, hai por aló tanto afeccionado a manexar o bisturí. Non lle coñecía esa cisma ós ingleses. Un home como Deus manda acode a estes antros sen máis instrumental que a gaita. (...)

  A continuación distribuíu o traballo. A min tocoume entrevistar ós familiares e coñecidos de Elina.

  O enderezo familiar que me deron estaba en Jesús Soria, próximo o lugar onde se atopou o cadáver. Fun polo coche e tiven unhas palabras cun tipo que ficara atrapado nun seiscentos, entre a beirarrúa e o meu carro. (...)

  O baixo do edificio de Jesús Soria estaba ocupado por un ultramarinos de Vegé. Aí recollín das veciñas os primeiros informes. (...)

  Coa promesa de volver, para dar o pésame ós americanos, deixei o piso de Jesús Soria. Deixeino con alivio."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.121-123

viernes, 18 de diciembre de 2015

Facéndolle ás beiras

"As churrianas, moi dispostas, chamaran á policía. Foi por iso polo que temín o peor cando os maromos da Garda Militar penetraron no local, todos enarborando as ferramentas. (...)

 Subín á peza do váter para gañar a fiestra. A superficie estaba escorregadiza por mor do mexo salferido por algún cirangallo saloio, e esvarei.

- (...) mais cando soubo que Adrián Seivane se deixaba caer polo local dedicouse a chantaxealo. Ameazouno de morte. Seguiuno varias noites pola cidade e soubo que andaba facéndolle ás beiras a Malena, o que lle facilitou moito o traballo."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.150-151

jueves, 17 de diciembre de 2015

Incisiva patada nos troles

"A súa relación co crime do avogado era evidente, xa que o feito de que quixera impedir a presenza do morto no Delirios apuntaba cara a escenarios sentimentais. Por moitas moreas de billetes e moitos quilos de farlopa que haxa polo medio, a necesidade de durmir ao quente sempe pronuncia a última palabra. (...)

 De camiño ao Delirios, non conseguía afacerme de todo ao Fura de Iris, tan acostumado como estaba á condución do meu carro, que supuxen feito unha vulgar ferralla nalgún cemiterio de automóbiles. (...)

 O lupanar inauguraba a xornada. A primeira hora, os puteiros eran poucos e non estaba nada borrachos. (...)

 As churrianas corrían espaventadas mentres o paifoco tentaba lanzarme unha poderosa artillaría de botellas e copazos, intención que malogrei cunha incisiva patada nos troles que o deixou sen folgos."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.146-147-149