Mostrando entradas con la etiqueta peares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peares. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de septiembre de 2020

Vía libre

 "-Os terreos onde se está construíndo o Centro Comercial Milenio foron recualificados polo Concello -dixo-. Estaba considerado zona verde, mais o Partido Estatutario modificou o Plan Xeral de Ordenación Urbana e deulle vía libre a Sousa. (...)

-(...) Os activistas do Comando Peares din que ten algúns homes que andaron a tiros cos nosos na Ribeira Sacra."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 93.

domingo, 19 de julio de 2020

Vinchocas na planta dos pés

"-Foron uns nenos que andaban xogando por aquí. Pero pensei que as cousas erean deles. Como apañaron unha camiseta e uns pantalóns que tiña dentro da mochila...

-A miña camiseta do Rock Club e os meus pantalóns, quererá dicir.

A muller non respondeu e regresou ao bocadillo. Os chachos desapareceran, así que volvín á casa en bañador e descalzo. Impúxenme a penitencia de dar un longo paseo e o alcatrán adoecido da estrada dos Peares levantoume vinchocas na planta dos pés."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 20.

lunes, 3 de diciembre de 2018

Lugares frecuentados

"Hicieron un viaje a La Coruña, a unos cursillos de Acción Católica. La vía férrea sigue el curso del Miño hasta Los Peares; allí, lo cruza para continuar por la orilla del Sil. Iban tres del grupo. No se cansaban de mirar el paisaje. Reconocían los lugares frecuentados en sus paseos. !¡Mira! ¡Allí! ¡Ahora...!". (...)

  Pasaron el viaducto de Los Peares y se adentraron en la cuenca del Sil."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.62-63

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Onde permaneceu agachado

"Estando o administrador no Bar París cun grupo de amigos dixo que o asunto do incendio non fora certo e que todo o mundo sabía que se tratara dun asalto perpetrado por xente da partida de Raúl. Deste último comentou asimesmo que non era un atracador, senón un comunista de Barra de Miño que se vira obrigado a botarse ó monte o mesmo día que empezou a guerra, cando un concelleiro daquela localidade disparou as balas de tres cargadores dun subfusil contra a fachada da súa casa; razón pola cal, á mañá seguinte, Raúl fuxiu con dous amigos cara ós Peares e de alí, polo canón do Sil enriba, internouse nos bosques da comarca, onde permaneceu agachado..."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 47.

domingo, 22 de mayo de 2016

A pé feito

"Á mañá ben cedo presenteime na oficina de pasaportes, que estaba no Goberno Civil.

  -¿A onde é? -preguntou o funcionario.

  -A Suíza.

  -¿Ten contrato alá? ¿Reclámao alguén?

  -Non, pero gusto de pisar na raia. Moitas veces vou a pé feito ós Peares, só por mexar na provincia de Lugo. Agora déuseme por ir máis lonxe."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.58-59

jueves, 14 de enero de 2016

Xúpiter e Xuno

"Admirado pola beleza daquela terra, o deus cheo de emoción imprimiu unha pegada tan forte que fendeu diagonalmente o chan, de onde inmediatamente brotou o río Miño.

  Vendo Xuno aquel prodixio, a esposa de Xúpiter sentiu celos pola paixón que Gallaecia espertaba no seu marido, e en vinganza golpeu as montañas abrindo unha fenda que formou o canón do Sil.

  (...) Cando a aflixida consorte pediu clemencia, o deus consentiu que se transformase no río Sil. Desde a máis extrema altura da Ribeira Sacra, Xúpiter observaba como o río discorría manso e caudaloso. Sedento de amor de Xuno, Xúpiter transformouse no río Miño para poder atoparse coa súa amada nos Peares."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.60-61

miércoles, 14 de octubre de 2015

Café negro dobre e tres cigarros

"Almorcei un café negro dobre e tres cigarros nun bar da Praza de Abastos. Doíanme os ósos. Pensei que lle debía outra visita a Silvia Puga se non quería resultar descortés e traizoarme a min mesmo. (...) Os dous activistas pertencían ao Comando Peares, un dos máis sanguinarios da banda, cunha chea de acusacións pendentes por asasinatos, secuestros e extorsións a empresarios. Os membros do comando, poucos pero moi malvados, posuían unha extraordinaria capacidade para perderse nos lindeiros das provincias do interior, onde mantiñan os seus tobos salferidos polas ribeiras do Sil."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 39-40

sábado, 24 de mayo de 2014

Unha migalla máis

"Anda imos apresa.
-Pro ¿por onde?
-Isto é Barra de Miño. Agora temos que chegar máis adiante.
-¿Moi lonxe?
-Á outra estación, ós Peares, que hai unha ponte, mellor dito dúas. Dempois voltamos pola outra banda, que hai carretera. Nos Peares hai decote xente da miña avoa, que nos levan montados nas bestas; ou si non, hai arrieiros que me conocen dabondo e lévannos no carro.
-¿Están moi lonxe os Peares?
-Outro tanto, ou unha migalla máis.

(...) Ó chegar ós Peares ouvíase o balbordo do río acachoado que algo me animou. Era noite pecha e non se vía a ninguén na estación nin nas casas."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "O encalatro", páx.43