Mostrando entradas con la etiqueta pena corneira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pena corneira. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de marzo de 2019

1113

"¡Ai que me doi a cabeza!
¡Ai que me doi a moleira,
de carrexar o estrume
alá de Pena Corneira."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 154

martes, 1 de diciembre de 2015

Cantullos e botellas a esgalla

"A Praza das Flores infundía respecto mesmo nos organismos máis apátridas e choqueiros. (...)

  A intervención da Garda Militar interrompeu os discursos e avinagrou definitivamente os ánimos. Comezaron a voar cantullos e botellas a esgalla. Os colectores cruzados na Pena Corneira chamaban ás barricadas e os máis atrevidos encarábanse con improvisadas estacas á policía, que cargaba nos concentrados coa mesma saña con que estes repartían carallazos con sinais arrincados do pavimento e outros elementos do mobiliario urbano."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.114-115

viernes, 20 de noviembre de 2015

A fame

"A min, coa desilusión entroume a fame. Subín pola Pena Corneira e merquei nun vinte e catro horas un bocata mexicano, vasos de plástico, tres paquetes de Ducados e unha botella de Dyc. Non tiña ganas de volver a casa e atopala desordenada, inhabitable e fría. Pensei que o mellor sería remediar a fame no momento e seguir emborrachándome."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.92